Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CLUB DE LECTURA PARA PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
Comeza tamén, como se anunciaba na noticia anterior, a actividade do club de lectura de adultos. Integra a pais e nais da nosa comunidade escolar e está coordinado polo profesor Antón Bao. O grupo correspondente ao curso actual está formado por Eva García,Pilar García,Pepe Gayoso, Pilar Ferreiro, Silvia Santín, Esther Garrido, Julia Roda. Se algún pai ou nai está interesado/a en sumarse, só ten que poñerse en contacto co biblioteca do centro para sumarse a estas lecturas compartidas.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 21-10-2016 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
CLUBS DE LECTURA 2016-17

Co inicio do novo curso comezan a súa actividade os compoñentes dos clubs de lectura do noso centro.
Este ano 56 alumn@s da ESO forman parte dos mesmos, o que representa o 75% do total de alumnado desta etapa educativa. Repártense en 10 clubs, un dos cales desenvólvese en inglés.
Están coordinados por 7 profesores/as de destintas áreas académicas, o que supón un incremento de dous profesores/as con respecto aos cursos pasados.
Cabe destacar que a estas cifras hai que engadir 1 club de lectura para pais/nais/titores, composto por 6 adultos.
Desexámoslles a tod@s unha grata experiencia no mundo da lectura compartida.
Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 17-10-2016 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal