Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EN MARCHA OS CLUBS DE LECTURA 2014-15
Comezaron xa a funcionar os clubs de lectura do curso 2014-15 e aquí están os compoñentes dos mesmos.
Son oito os clubs que se embarcarán na aventura da lectura. Igual que sucedera en cursos anteriores, un deles desenvolverá a súa actividade con obras en inglés. Ademais do alumnado compoñente, catro profesores/as de distintas áreas coordinarán todo o procedemento. Pero o mellor de todo é que, continuando coa experiencia do curso pasado, o club de lectura para pais e nais repite experiencia (loxicamente, en horario extraescolar).
Non esquezades que podedes sumarvos a esta actividade voluntaria en calquera momento. Aquí cabemos tod@s!!
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 16-10-2014 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
50 ANOS CON MAFALDA
Mafalda está de aniversario!! E no noso insti celebrámolo cunha pequena exposición de libros e exemplares que recollen unha parte da obra completa.
A rapaza que pon en cuestión o mundo adulto coas súas irrefutables reflexións e que odia a sopa ata o extremo, celebra o 50 aniversario sen que nin o tempo nin os cambios sociais fagan dela un personaxe anticuado. Ben ao contrario, o humor sabio de Mafalda segue tan vixente hoxe coma no día da súa aparición, o 29 de setembro de 1964, no semanario arxentino "Primera Plana". Se queres coñecer mellor ao personaxe e aos seus colegas, visita http://www.quino.com.ar/mafalda-50-anos/
Parabéns para Mafalda, Manolito, Susanita, Felipe, Guille, Libertad e Miguelito. Dentro doutros 50 anos seguirán aquí, facendo pensar mentres rimos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-10-2014 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal