Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Atención lector@s do centro
Nesta semana chegarán os libros de lecturas que solicitaron os profes tanto dos clubs como de Lingua Galega e Castelá, podedes pasar para a semana que vén pola biblioteca a recoller as vosas lecturas. Tamén chegan novidades moi interesantes para toda a comunidade educativa, así que vos esperamos na biblioteca.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-10-2012 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARAD@S, LIST@S E.... FOTO

Un curso máis continuamos nos clubs de lectura, este ano somos bastante máis, así que temos moitos grupos e todos nos, coordinadores e alumnos teremos que pór moito da nosa parte para lembrar datas de reunións, horas, en fin o de sempre, xa sabedes. En primeiro quedaron dous grupos, e xa temos os seus nomes e lecturas escollidas. En segundo, Os golosos dás palabras queren ler sobre temas actuais. Terceiro divídese nos lectores máis deportistas do centro e nosos super CONTÓFILOS. E por último en cuarto, un grupo que desde fai catro anos se reune fiel ao nome de ANÓNIMOS, queren traballar un proxecto que promete, a medio camiño entre foto e poesía, unha pasada. Ánimo a todos e lembrade, non agobios!!!!! lemos ao noso ritmo, iso si ollo ás reunións por fa!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 15-10-2012 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal