Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS CLUBS CONTINÚAN O SEU CAMIÑO

Por terceiro ano consecutivo os clubs de lectura retoman a súa actividade lectora. Este ano contamos con 34 alumnos divididos en cinco grupos, dous grupos en 1º de ESO, un en 2º e dous en 4º de ESO dos que, un deles desenvólvese íntegramente en Inglés, e o segundo é o noso grupo máis emblemático xa que foron estas rapazas as pioneiras nos clubs de lectura do noso centro. Temos tamén preparado o noso equipazo de profes que nos axudan a coordinar as actividades e conseguen que os alumnos disfruten das experiencias lectoras.
Ánimo a todos e grazas por participar!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 18-10-2010 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
O INICIO DUNHA VIAXE
Cando comezamos unha viaxe sabemos no punto no que nos atopamos, de onde saímos e cal é o noso destino. Pero o interesante das viaxes é preparar as maletas, escoller con moito coidado a equipaxe que queremos levar, e deixar un pequeno oco para enchelo coas vivencias que vaiamos tendo ao longo do camiño. O que imos atopando, o que imos deixando, todo forma parte da aventura dos camiñantes.
En fin, comezar unha viaxe é toda un reto. Hoxe temos as mochilas preparadas con libros, os alumnos de 1º e de 2º de ESO dispostos, e as familias, ás que vai dirixida esta actividade........xa vos comentaremos o resultado.

COMEZAMOS "MOCHILAS VIAXEIRAS".
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-10-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal