Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVIDADES
Chegaron novidades lectoras ao centro de interese para tod@s, moit@s xa estades pasando pola biblioteca para sacar emprestados as novidades que chaman a ler e a disfrutar da lectura. Xa sebedes que no punto de lectura do edificio novo atópanse os libros que imos recomendando e aqueles recibimos, deixamos algúns títulos pero sempre é mellor que vos acheguedes aos puntos de lectura, e maneixedes os libros!!!

A neve e o lume. CHELO SUÁREZ
Os megatoxos e os templarios da luz. ANXO FARIÑA
Corasons. VARIOS.
Pulsaciones. Javier Ruescas, Francesc Miralles .
Croquetas y wasps. BEGOÑA ORO.
E MOITOS TÍTULOS MÁIS............... NON ESQUEZADES....PUNTO DE LECTURA...NOVIDADES....BIBLIOTECA....EMPRÉSTITOS!!!!
Comentarios (0) - Categoría: SUXESTIÓNS DE TÍTULOS PARA OS PUNTOS DE LECTURA - Publicado o 31-01-2014 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica da película Os xogos da fame: En chamas

Por As amazonas literarias, club de lectura de 3º ESO.

O día 19 de decembro fomos ao cine a ver a segunda entrega de Os xogos da fame que levaba case un mes na carteleira con moito éxito de entrada. Non nos defraudou. Nista segunda parte hai aventura, vinganza e moito sentimento.
En chamas continúa a narrar as aventuras de Katniss Everdeen en Panem, país que ven sendo EEUU despois dunnha guerra que da como resultado un goberno absoluto e una oligarquía dirixente que obriga ao resto da poboación a participar nuns degradantes xogos a morte se non quere perecer de fame. Á reivindicación política engádesellen as historias afectivas que senten os personaxes principais polas súas familias ou entre eles sexan de amor ou amizade (Katniss/Peeta ou Katniss/Gale).
A película non nos defraudou xa que é moi fiel ao libro e reflicte ben os detalles importantes.
As esceas que destacaríamos pola súa intensidade emotiva son: Peeta regalándolle unha perla a Katniss para que o recorde; a entrevista con Caesar na que o vestido de voda convírtese nun sinsajo símbolo da revolución que está a callar; Katniss e Peeta separándose polo campo de forza do Capitolio…
Os magníficos efectos especiais axudan a conseguir que todo o film sexa creíble.
Estamos pois ante una película moi recomendable e una obra literaria aínda máis e que tedes á vosa disposición completa na biblioteca do centro.


Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 30-01-2014 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
II CONCURSO DE DECLAMACIÓN
O día 24 de Febreiro terá lugar no noso centro o segundo certame de declamación poética, no que os alumnos/as de 1º-2º-3º da ESO participarán na lectura de poesía no día de Rosalía de Castro. Durante el acto darase a coñecer os gañadores do Certamen Literario "Palabras", que este ano presenta dúas modalidades: poesía e relato breve.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-01-2014 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-01-2014 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE POESÍA E RELATO BREVE
Poderán participar todo o alumnado matriculado no IES DE BECERREÁ durante o curso 2013/2014
Establécense dúas modalidades: Relato e Poesía
O tema será libre. Valorarase especialmente calquera referencia sobre a figura de Rosalía de Castro ou da súa obra literaria
Cada participante poderá concursar con máis dunha obra se así o desexa.
Establécense dúas categorías de participación:
NIVEL A) 1º-2º-3º ESO. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
NIVEL B) 4º ESO- 1ºBAC-2ºBAC. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
Os traballos deberán ser inéditos e orixinais. Calquera plaxio ou sospeita de plaxio acreditada, invalida a obra presentada


Presentación:
1) En Lingua Galega e preferentemente a ordenador.
2) Os traballos estarán asinados con pseudónimo ou lema. Presentaranse dentro dun sobre pechado, no que tamén debe incluírse un sobre cunha folla de datos do autor ou autora así como o nivel ao que pertence.
3) A entrega das obras realizarase na biblioteca durante o tempo de lecer de recreo. A biblioteca conta con material necesario para facilitar aos autores/as a presentación dos seus traballos.
4) DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS: 19 FEBREIRO
5) O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar os premios desertos se así o considera oportuno.
6) O XURADO estará formado por profesorado do centro IES DE BECERREÁ
7) A data do fallo do tribunal será o día 24 de febreiro, coincidindo cos actos conmemorativos no centro á figura de Rosalía de Castro.

Premios:

EN CADA CATEGORÍA HABERÁ UN PRIMEIRO E UN SEGUNDO PREMIO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-01-2014 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
OS NOSOS LECTORES OPINAN
Tania Cantiz, lectora incansable do club de lectura opina sobre o libro La vida en la puerta de la nevera" Deixamos o seu comentario:
Este libro trata de como es la relación entre una madre y una hija que casi nunca se pueden ver, se dejan notas en la nevera. La hija descubre así que su madre tiene cáncer. Al mismo tiempo la pequeña se enamora de un chico y mediante esas notas se lo va contando a su madre. Las dos protagonistas se sienten mal por la enfermedad que se va desarrollando y describen el proceso hasta llegar a la muerte de la madre por causas del cáncer.
COMENTARIO PERSONAL:
Me encantó este libro, primero porque está escrito de una forma muy original, lo que te permite ver distintas formas de expresión dentro de la narrativa,también me gustó porque intenta inculcar a la persona que lo lee el amor a una madre y el sentimiento que tienes cuando alguien de tu familia tiene una enfermedad.

Dende a biblioteca escolar agradecemos a Tania e aos responsables dos clubs os comentarios escritos que achegan para que sexan publicados, como xa sabedes, durante as reunión falamos dos libros que lemos e algunos alumnos dos clubs queren deixar as súas opinión reflictidas nos blogs.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 24-01-2014 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMACIÓN SOBRE O DÍA DA PAZ
Estamos a facer os preparativos para celecbrar no noso centro o día da Paz. Os alumnos de 1º da ESO retransmitirán pola radio do centro as actividades que o próximo día 30 Terán lugar: recomendacións lectoras, emisión de documentáis, actividades coas palabras e a Paz....deixamos un enlace para que podades ver parte do traballo realizado en PIN, a outra parte prometemos que estará colgada no árbol ol dos dereitos en breve.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-01-2014 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS DOS XOVES
Antonio Manuel Fraga, "O Castañeiro de Abril
Buto" ,conta a historia de Baltasar,de 11 anos,cego e orfo de nai,que vive coas súas tías.Acompañado do seu can,Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira,labrados coa súa navalla,para reunirse co seu pai.Ilustr.Antonio Seijas
"Acordes naúfragos" Antón Riveiro Coello, oito relatos e unha novela curta de diferentes temáticas e estilos, ambientadas en tempos e espazos diversos, pero que, secasí, amosan certos elementos cohesivos que os irmandan. Algúns destes nexos de unión son avanzados polo propio Riveiro Coello na “Nota de autor” coa que abre o libro: “Coinciden no tema fantástico e noutros dous puntos cando menos. O primeiro deles e coido que o máis importante, sería o de que en case todos está explícito o asunto do naufraxio, tanto en terra coma no mar. A segunda coincidencia que lle podería dar certa unidade ao conxunto sería a do tema amoroso, na vertente de parella ou familiar”.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-01-2014 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
NOTICIAS SOBRE OS CLUBS
Durante o primeiro trimestre os clubs de lectura comezaron a súa andadura pola lectura e moitos xa remataron as primeiras lecturas.
O club de 1º ESO, os deportistas comentaron a lectura "soños de fútbol en Bangui" de Yves Pinguilly, para este grupo comentar o libro foi moi enriquecedor, falaron de racismo, de deporte, e das dificultades de medrar en paises desfavoreceidos.
"Marta ante o espello" teatro de Teresa Calo Fontán foi moi ben recibida polos alumnos do club de 2º de ESO, sólo fixemos unha reunión ao principio e ao remate do libro, na reunión final os comentarios dos alumnos do club forn moi intelixentes sobre a temática da anorexia.
As alumnas de 1º de ESO, siguen co seu libro "Los amiguetes del pequeño Nicolás", na reunión de hoxe a alumna Noelia fixo unha estupenda crítica comparativa do libro con outros do mesmo xeito, que incluso trouxo da sua casa para comparar presoaxes.
O alumnado de 4º, está divido en dous clubs de lectura, o de deportes, no que están a ler "El sueño de mi desvelo" e o de Inglés que sigue co seu libro do primeiro trimestre.
Outro club de 1º de ESO formado por rapazas extra-lectoras que xa rematan o libro "Cartas de inverno", ainda que queren seguir polo camiño do misterio, a profe que coordina o grupo está interesada na lectura de libros que xeneren máis debate neste grupo (e pode conseguilo!).
E o grupo de 3º de ESO, xa remataron o libro de "La vida en la puerta de la nevera" Alice Kuipers. Un libro que recomendan pola forma na que está escrito, e pola temática.
O club dem páis e de náis xa remataron "Demasiada felicidad" de Alice Munro e agora comenzarán "O bosque dos raposos aforcados" de Arto Paasilinna.
Ánimo a todos para seguir coas vosas lecturas
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 13-01-2014 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal