Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FINA CASALDERREY NA RAG
UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Rede lectura

Información

Dende o venres19 de xaneiro a escritora Fina Casalderrey é membro numerario da Real Academia Galega.
Lembramos aquela pequena entrevista que fai tres anos concedeu ao club de lectura dos Anónimos cando remataron de ler un dos seus libros, e lembramos con moitísimo cariño ese xesto porque foi o primer contacto dun dos nosos clubs diréctamente coa autora dun libro, (a entrevista está colgada no blog da biblio no apartado dos clubs). Moitos clubs de lectura len libros de Fina e funcionan moi ben para traballar no diálogo das lecturas dentro dos clubs.
Rede lectura
Entrada
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-01-2013 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos preparando o día da paz


Prepárate con música

http://playingforchange.com/



E un consello da biblioteca escolar

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-01-2013 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Información sobre os clubs
Seguimos coas lecturas e os lectores, por se alguén se anima xa sabedes que os clubs non están pechados nunca, sempre vos podedes apuntar a esta actividade que é para todos e que cada ano conta cono máis alumnos. Imos tendo noticias dalgúns dos clubs e como van desenvolvendo as súas lecturas:

O Club dos lectófilos xa remataron co "Aventuras no camiño de Santiago" é agora imos tratar de facer un pouco de teatro "Contos para contistas", Os Anónimos coma sempre.....coas súas cousas, agora xa temos as poesías elexidas e comenzamos a facer as fotos, non sabemos como reamatará este camiño. Os detectives de historias, xa remataron co "Akil Pillaban" están a intentar conseguir unha entrevista vía mail co autor, e xa comenzaron a ler "Cuentos en verso para niños perversos". Os nosos deportistas da lectura están a ler "El Trébol de Cuatro Hojas", parece que con longos faladoiros deportivos. Os golosos das palabras xa remataron "Makinaria" e agora imos ler "Persépole". O grupo de rapazas frances continúa con "Le Petit Nicolás" é.......como non....o SUPERGRUPO dos contófilos remataron con "Como un espejismo" e agora preparan o teatro "O achado do castro".

Ánimo a tod@
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 21-01-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS DE PAZ
Agora deixamos pelis e libros de interés, lembrade cos libros que recomedamos están na biblioteca e que son para PRESTAR E LER, no formato que vos elexades.

PELÍCULAS

Antes de la lluvia de Milcho Manchevski, a´banda sonora é de Anastasia.

Cuando el viento sopla de Jimmy T. Murakami, moi recomendable.

La delgada línea roja de Terrence Malick, Crítica:"Portentosa, obra capital del cine moderno" (Ángel Fdez. Santos: Diario El País)

La estrategia del caracol de Sergio Cabrera, esta película arrasó en Colombia.

El gran dictador de Charles Chaplin, unha obra de arte.

Haz lo que debas de Spike Lee, temática social.

Senderos de gloria de Stanley Kubrick

The Boxer de Jim Sheridan

West Beirut de Ziad Doueiri

Por último unha RECOMENDACIÓN ESPECIAL,

Good morning Vietnam de Barry Levinson

LIBROS E LECTURAS

Ninguén está só, Varios autores.

Camiñan descalzas polas rochas, Varias autoras.

O son das buguinas, implicad@s no desenvolvemento.

AS flores radioactivas, Agustín Fernández Paz.

As aventuras de Said e Sheila, Ramón Caride.

Ruido. Miguel Anxo Murado.

Irmán do Vento. M. Lourenzo.

Contos de Reis e de Nadal, Miguel Vázquez Freire.

Chove nos versos, Antonio García Teijeiro.
Fume, Antón Fortes.

Historias para calquera lugar, Varios.

De A oa Z con Novoneyra, Francisco Fernández Naval.

O brillo dos elefantes, Fran Alonso




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-01-2013 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO DÍA DA PAZ

O dìa 30 de xaneiro conmemorase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, que morreu o 30 de xaneiro de 1948, asesinado a tiros por un fanático hinduista.
Durante esta semana deixaremos información na páxina do blog da biblioteca sobre libros, películas educativas, enlaces de interés, e documentais que poden ser do voso interés.

Para empezar a consultar:

Mensajeros de la paz

Paz y desarrollo

Movimento por la paz

Paz ahora

Seminario galego de ecucación para a paz
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-01-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
ENLACES DE INTERÉS
Para @s máis lectores do IES aquí tedes uns enlaces para estar á última en novedades literarias.

SOL

redelibros

Cultura Galega

Entre lectores

Red de selección

Gálix

Toupanet

Bivir
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-01-2013 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS

Para aquelas persoas con ganas de ler sobre a natureza recomendamos o libro El río de la vida, del autor Fredy Hannemann Schroeder,recintemente adquirido pola biblioteca. É un libro que está
moi ben documentado, con imaxes que acompañan de forma extraordinaria o texto.
Podeis consultar en lle punto de lectura do edifico vello.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-01-2013 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
ENLACES

Aquí tedes algúns enlaces para E-Books, aproveitamos para comentar que XA tedes a vosa disposición as lecturas obrigatorias en formato dixital. Pasade pola biblioteca para máis información.


biblioteca virtual cervantes
Espazo e Book da Universidade de Santiago

Libros colgados

Libro total

Formarse libros

Libros en red

Que de libros
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-01-2013 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
CERTAME LITERARIO
Xa sabedes que este ano cambiamos o certame literario de Nadal ao día 24 de Febreiro, esperamos que así poidades preparar con máis tempo os vosos relatos, aquí déixovos as bases do concurso, ánimo e participade, queremos ver o voso talento narrativo.

BASES DO CONCURSO
Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no IES DE BECERREÁ durante o curso 2012/2013
Establéceseunha única modalidade: Relato.
O tema dos relatos será libre. Valorarase especialmente calquera referencia sobre a figura de Rosalía de Castro ou da súa obra literaria
Cada participante poderá concursar con máisdunha obra se así o desexa.
Os traballos deberán ser inéditos e orixinais. Calqueraplaxioousospeita de plaxio acreditada, invalida a obra presentada
Presentación:
1) En galego e preferentemente a ordenador.
2) Os traballos irán asinados con pseudónimo ou lema. Presentaranse dentro dun sobre pechado, no que tamén debe incluírse un sobre cunha folla de datos do autor ou autora.
Premios:
1º Premio: Ordenador netbook.
2º Premio: Un vale 30 euros para material escolar.
3º Premio:Unlapis de memoria con capacidade 16 gb.
Os traballosdébense presentar na biblioteca antes do día 20 de febreiro.
O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar os premios desertos se así o considera oportuno.
A data do fallo do tribunal será o día 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-01-2013 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOIS DO NADAL
Outra vez no curso, benvid@s a tod@s un ano máis, dende o equipo da biblioteca queremos agradecervos a tod@s a vosa colaboración durante as celebracións de nadal do centro, especialmente, grazas ao alumnado de 4º da ESO, sempre dispostos a axudar no que sexa necesario, grazas a todo o profesorado polas súas contribucións decorativas na elaboración do stand portatil de libros da biblio, coma sempre quedou FENOMENAL. Xa sabedes que este ano cambiamos o concurso literario de nadal ao día 24 de Febreiro, xa podedes comenzar a pensar no voso relato.
Veña ánimo
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-01-2013 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal