Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE NADAL
O xurado do concurso decidiu que os relatos gañadores eran:

1º premio Laura Pardeiro de 2º de Bac co seu relato Po negro.

2º premio Almudena Fernández de 1º de Bac co seu relato: Carta a un inmigrante galego.

3º premio Gael Núñez alumna de 1º de ESO co seu relato: No lo tengo muy claro.

Pola súa calidade e sensibilidade, paga a pena ler o relato do 1º premio; para iso fai click no ligazón.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-01-2012 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
NATIONAL GEOGRAPHIC
A nosa biblioteca está subscrita á versión en castelán desta revista de divulgación. É unha publicación mensual de recoñecido prestixio internacional, onde destacan especialmente a calidade das súas fotografías. Como calquera publicación destas características non entra no servizo de préstamo pero pódese ler na biblioteca.
Para saber os temas que trata este mes clica no ligazón
Sumario de xaneiro de National Geographic
Sumario de xaneiro de National Geographic
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 24-01-2012 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS

Cemiterio de elefantes de Fran Alonso.
Ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos varias historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca deixan indiferente ao lector. A noite é sinónimo de maxia, de complicidade, pero tamén de soidade, de clandestinidade, de anonimato e de frustración

Contra el viento de Ángeles Caso
A nena São, nacida para traballar, como todas na súa aldea, decide construírse unha vida mellor en Europa. Tras aprender a erguerse unha e outra vez atopará unha amizade nova cunha muller española que se afoga nas súas inseguridades. São lle devolverá as ganas de vivir e xuntas construirán un vínculo indestructible, que as fará máis fortes. Conmovedora historia de amizade entre estas dúas mulleres que viven en mundos opostos narrada coa beleza da realidade. Unha novela chea de sensibilidade para lectores ávidos de aventura e emoción.

El nombre del viento de Patrick Rothfuss
Atípica, profunda e sincera, é unha novela de aventuras, de historias dentro doutras historias, de misterio, de amizade, de amor e de superación, escrita coa man dun poeta e que -pola súa orixinalidade e a mestría con que está narrada- algúns xa comparan con Tolkien.

Amigos sempre de Alfonso Eiré
Doce anos despois da primeira edición, en 1998, sae de novo ao mercado esta novela de Afonso Eiré que narra a represión e os abusos que se viviron nun seminario da provincia de Lugo a finais dos anos sesenta: "No libro relato a particular pedagoxía, a represión lingüística e o ataque aos valores culturais de Galicia e máis a represión que sufrimos os seminaristas, algúns deles víctimas tamén de abusos sexuais", segundo ten explicado o autor.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 23-01-2012 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal