Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS ANÓNIMOS COMENTAN RESTAURANTE FARRUCO
O argumento trata sobre un restaurante levado polo camareiro "Farruco", alí distintos persoaxes entran a comer. Entre Manuela, o Axudante e máis Farruco, intentan servir a todos, pero os alimentos chegan "demasiado vivos" aos pratos e ademáis Farruco non quedará sen cobrar.

CHUS PEREIRO:

Naceu en Marín,en 1957 e mestra en Vigo. As súas historias están cheas de humor, e os protagonistas que as compoñen son moi atrevidos. Dirixe obradoiros de teatro para nenos para os que escribe as súas obras.

Nosas valoracións do libro:

Este libro utiliza o diálogo, no libro hai 15 persoaxes, os principais son O Rei, o camareiro Farruco e a cociñeira " Siña Manuela", maís unha parella.

Lorena fixo de anunciante 2 e pareceulle un persoaxes gracioso.
Yanire fixo de Anunciante 1 e de Choco 2 e parecéronlle uns persoaxes moi entretidos.
Vanesa fixo moi ben da Siñá Manuela, aínda que opina que foi moi serio.
Miryam fixo da muller e máis da mosca. É a mellor mosca do mundo!!!!sen dúbida.
Ángel fixo de axudante, non lle gustou moito....
Daniel fixo de Rei e pasouno xenial.
David fixo de Home e máis de Vaca. A vaca pareceulle un persoaxe moi interesante.
Javier fixo de Choco3 e da Pita, resultáronlle uns persoaxes "moi cómicos".
Mario fixo de Farruco pero resultáballe un humor "un tanto infantil".
Pablo fixo de Cocho.... non se sentiu moi identificado co seu persoaxe.....

Para máis información mirade no recuncho dos clubs temos ilustracións e resumos.
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 25-01-2011 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE LECTURA EN INGLÉS, COMENTA
"Books to Power" arranca este curso co título The Death of Karen Silkwood de Joyce Hannam.
O noso primeiro libro é una novela que narra a historia real da traballadora metalúrxica Karen Silkwood, unha americana de Oklahoma que descubre terribles irregularidades na planta nuclear na que traballa. A partires do momento en que comenza a sospeitar que algo non funciona como debería, empezan os seus problemas: contaminación, tortura psicolóxica e un fatal desenlace. De feito, as circunstancias que rodearon a súa norte aínda están por ser esclarecidas…
A continuación, podes ler algunhas das opinións das compoñentes do club:

In my opinion, this book is boring, but I admire the protagonist for her courage. She is a heroine.

María Fontal
I like the book because is interesting and the end is mysterious. For the next reading, I would prefer a mystery book.
Claudia
I liked this book because the story was real, but I didn´t know the events it tells. The book was funny and interesting, but it was too short. My favourite character was Karen because she was very brave and reliable: she wasn´t afraid of anything. But at the end, the manager and her workmates killed Karen and the brown envelope never appeared.
Judith Pereira
In my opinion, this book wasn´t very interesting because it provides a lot of unimportant infromation, and irrelevant details. The woman is a brave person who fights to help her friends. To me, the end was unsatisfactory and disappointing.
Kris
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 20-01-2011 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
A NOVA IMAXE DA BIBLIO

PREME AQUÍ PARA VER A SELECCIÓN DE FOTOS.

Pouco a pouco, imos mellorando a imaxe da biblioteca escolar. Aínda faltan moitos retos por cumprir, non só no marco do cambio da imaxe, tamén nos preocupa chegar a toda a comunidade educativa dunha forma atractiva e directa. Queremos converter a biblioteca nun lugar, ademais de confortable, nun espazo de lectura e intercambio cultural.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-01-2011 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOIS DUN ANO
NON ESQUECEMOS A HAITÍ.


















Comentarios (0) - Categoría: SUXESTIÓNS DE TÍTULOS PARA OS PUNTOS DE LECTURA - Publicado o 12-01-2011 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal