Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTOS GAÑADORES DO CERTAMEN DE INVERNO
Para ler os contos gañadores preme en comentarios.
E para coñecer máis detalles, visita a galería de fotos deste blog.
Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-01-2010 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS MÁIS VALORADOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2009/10
Os nosos lectores opinan.

"LOS CACHORROS”. MARIO VARGAS LLOSA.
Valorado como interesante e entretido.
Calificación:8
RECOMENDABLE.







“A ESMORGA”. E. BLANCO AMOR.
Valorado como dramático e interesante.
Calificación:7.
RECOMENDABLE.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 07-01-2010 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA NADAL

1º CICLO ESO

LINGUA CASTELÁ.

CUENTOS DEL COCINERO. ZENTNER, JORGE Y CABASSA, MARIONA. EDEBE, 2008
16 contos e 16 recetas moi fáciles de preparar. Unha viaxe por sabores e curiosidades de 16 paises. Que aproveite!

EL DIARIO SECRETO DE CARLOTA. LIENAS, GEMMA.
EL ALEPH EDITORES ,S.A.
Os lentes que invitan a reflexionar sobre as situacións inxustas e discriminatorias da muller. A que esperas para probar.

LINGUA GALEGA.

USHA. MARÍA REIMÓNDEZ.
XERAIS.
Uxía, unha rapaza de hoxe, fálanos da súa relación coa India, país onde pasa longas temporadas coa súa nai membro dunha ONG.

A BANDA SEN FUTURO. MARILAR ALEIXANDRE.
XERAIS.
Para Carlota, non é fácil facer amigos nun instituto novo, ten o cabelo rapado por unha enfermidade , e síntese como un cero á esquerda. Só Poch, un cantante dos “80” conversa con ela desde a foto da habitación de Carlota.


2º CICLO ESO

LINGUA CASTELÁ.

AUTOBIOGRAFÍA DE UN COBARDE. GÓMEZ CERDÁ.
SM, ALERTA ROJA.
Problemas de racismo e xenofobia mestúranse coas actitudes que ás veces realizamos por non quedar mal diante do grupo.

LAS PELIRROJAS TRAEN MALA SUERTE. MANUEL. L.ALONSO.
ALFAGUARA.
Tras unhas malas notas, Chico, ten unha discusión familiar e vaise da súa casa, coñece a un grupo de okupas, entre eles a Helena, Adiviñas a súa cor de pelo?

LINGUA GALEGA.

OS COMEDORES DE PATACAS. RIVAS, MANUEL.
XERAIS.
O protagonista móvese nos lindes da delicuencia e das drogas, a súa vida móvese en dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a da aldea. O rap, o paro, o teléfono, os colegas, un accidente de coche, o reencontro coa aldea, a avoa..........

CARTAS DE AMOR. FRAN, ALONSO.
XERAIS.
O título é algo engañoso, nove relatos en forma de carta configuran un mosaico do mundo actual, vidas tronzadas, que non puideron vivir, seguindo as escollas persoais.

BACHARELATO

LINGUA CASTELÁ.

EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO. J.D. SALINGER..
ALIANZA EDITORIAL.
Un sorprendente libro que trata da inadaptación social dun rapaz que non logra contactar co resto da sociedade. Existe unha interesante lenda “negra” sobre este libro.

LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS. PAOLO, GIORDANO.
SALAMANDRA.
Unha historia sobre a esencia da soidade. Nacemos, morremos e tal vez amamos en soidade.

LINGUA GALEGA.

UN HOME SEN NOME. SUSO de TORO.
XERAIS.
Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello é un home sen nome que enunciará a modo de monólogo a súa arrepiante autobiografía.

O VIXÍA NO CENTEO. J.D.Salinger.
XERAIS.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 07-01-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
DESCUBRINDO ESCRITORES.
O pasado mes de novembro convocouse no IES o primeiro certame literario, baixo o nome "Contos de Reis e Nadal", con motivo de incentivar entre o alumnado o desenvolvemento das súas capacidades artísticas. Unha vez máis, o equipo da biblioteca, contou coa axuda de todo o profesorado, en especial dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, para fomentar a participación nesta actividade.
O xurado, formado por: Lucia Eres, (profesora de Lingua Castelá), Marta María ( profesora de Lingua Galega), Fernando Cerecedo (profesor de Educación Física e Xefe de Estudos), Isabel (profesora de FOL), e Nazareth (coordinadora da biblioteca), xunto coa colaboración de Paloma Piñeiro (profesora de Lingua Castelá), elixiron mediante votación os contos gañadores, tendo en conta como criterio de selección, aqueles que resultaron máis creativos, sensibles e orixinais.
Debido á calidade literaria dos traballos presentados, determinouse conceder cinco premios accesit ademais do tres primeiros premios. Os afortunados foron:
1º premio "Abandonado polo Nadal" - premiado pola súa orixinalidade- de Andrea Digón Arias, 3º ESO.
2º premio " A estrela do Nadal"- premiado pola súa sensibilidade- de Marta Castro González, 1º BAC
3º premio "Un Nadal demasiado amargo"- premiado pola súa liña imaxinativa- de Cristina Montaña Pardo 3º ESO.


ACCESIT para:
Laura Pardeiro Álvarez, 4º ESO.
Iván Busto , 4º PDC.
Judith Pereira Gutiérrez, 3º ESO.
Rocío Rodríguez Prado, 3º ESO.
Aida García Saavedra, 3º ESO.


Queremos agradecer a participación de todos así como o respecto e bo comportamento co que se acolleu o acto de entrega de premios.

Para ver as fotos do acto da entrega de premios preme aquí ou visita a galería de fotos deste blog na columna da esquerda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-01-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal