Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PUNTOS DE LECTURA
Durante o presente curso 08/09 comezaron a funcionar os dous puntos de lectura situados nos corredores da entrada aos edificios de instituto, como espazos permanentemente abertos á lectura e dispoñibles para calquera membro da comunidade escolar. Neles recóllense títulos que non se atopan nos fondos específicos da biblioteca escolar, co obxectivo de que os alumnos/as poidan acceder ao máis amplo abano de lectura posible. Por esta razón, tamén podedes atopar unha boa selección de cómics, e todo axeitado en gusto e temática ás idades do alumnado. En particular, para cada punto de lectura seleccionáronse títulos acorde coa idade dos alumnos que se distribúen en cada edificio. Igualmente, o alumnado pode consultar neles a prensa diaria á que estamos subscritos.
Para dispoñer dun libro durante uns días, débense rexistrar o préstamo e a devolución na biblioteca. Non obstante, todos podemos ir revisando e lendo libros e cómics durante os tempos de lecer, xa que estes puntos de lectura están pensados como lugares de encontro entre persoas, e de estas cos libros.
É importante que non esquezades facernos as suxestións oportunas para ampliar os fondos e o abano de títulos dos puntos de lectura.
Como anécdota: todo o mobiliario que conforma os dous puntos de lectura, foi deseñado e elaborado por un ex-alumno do noso insti.

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-01-2009 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
OS 10 LIBROS MAÍS SALIENTABLES DO 2008 E OS HÁBITOS LECTORES DOS ESPAÑOIS
Se premes aquí, podes coñecer cales foron os libros que máis se fixeron notar durante o ano que rematou, ben polo número de exemplares vendidos ou ben pola temática que abordaban. Ademais, podes ler unha reseña sobre cada un deles, o que probablemente che axude a escoller algún deses libros como lectura próxima. Aínda que o artigo e os títulos están en castelán, algúns deles tamén se poderán atopar en galego.
E xa que falamos de lectura, sabías que PRACTICAMENTE A METADE DA POBOACIÓN ESPAÑOLA NON LE CASE NUNCA? Se queres ter máis información sobre esta cuestión, preme aquí e poderás vela. E por certo, ti como andas nisto da lectura?
Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-01-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE MARACAPÁXINAS E MASCOTA PARA BIBLIOTECA
A biblioteca do instituto necesita una mascota coa que identificarse,e mellor que sexades vós quen a propoña. Por iso establecemos o concurso, porque pode ser a mellor maneira de que cada un/unha aporte ideas valiosas que despois se seleccionarán. A recompensa é boa: a mascota escollida servirá para outorgar unha imaxe recoñecible á nosa biblioteca. Pero se non gañas, tamén tes premio: a participación e o interese en propoñer o que ti queiras ou poidas ofrecer. Por isto, todas as mascotas do concurso serán igual de valiosas e quedarán na biblioteca dando testemuño da vosa imaxinación, habilidades e fantasías artísticas. En maio (durante a semana de celebración das Letras Galegas), daremos a coñecer todas as vosas propostas e seleccionaremos unha de entre todas.
E tamén en maio resolveremos que son os gañadores do primeiro concurso anual de marcapáxinas, eses pedaciños de cartón que non teñen sentido se non hai un libro cerca, pero que se te paras a observar moitos deles, poden ser coma un libro aberto. E como exemplo, na foto que acompaña este texto está o marcapáxinas que o Equipo de Normalización Lingüística do insti elaborou no ano 2000, cun debuxo e un texto de Castelao. Para os que non gañen, aí queda unha idea-premio: se regalas o teu marcapáxinas a alguén, estás invitando a esa persoa a que descubra os mundos que hai entre as tapas dos libros.
Ánimo a todos, e se precisades máis información, Julia (a profesora de Debuxo) é quen coordina estas actividades.
Categoría: XERAL - Publicado o 30-01-2009 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal