Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.
Desde a biblioteca do centro coordináronse os esforzos de varios profesores/as e grupos de alumnos e alumnas para celebrar actividades e un acto final reivindicativo con motivo desta data.
Como podes ver nestas fotos, durante toda a semana expuxéronse letras de cancións con marcado mensaxe feminino e feminista, algunhas delas traducidas do inglés, seleccionadas por alumando de 1º de Bac (da materia de Afondamento en Lingua Galega). Da nosa "árbore dos dereitos humanos" colgáronse carteis reivindicativos, denunciando a desigualdade laboral e salarial entre mulleres e homes. Alumnado de 1º da ESO aportou imaxes daquelas mulleres (anónimas) ás que máis admiran (xustificando a súa elección nun breve texto que leron máis tarde). Profesoras e alumnas secundaron o paro convocado para o día 8 de marzo, e algunhas concentráronse á entrada do centro por unha causa común, portando unha pancarta creadas por elas mesmas para a ocasión. Finalmente, realizouse un acto para todo o centro, que podes ver no vídeo que se xunta.