Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CHARLA NO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Concienciados da importancia de inculcar dende o principio da súa vida aos/ás rapaces do noso Instituto a necesidade de concienciarse contra esa lacra social que é a violencia contra a muller, o Equipo de Biblioteca do IES de Becerreá preparou diversas actividade que culminaron cunha charla con Marta Engroba, presidenta da asociación "Si hai saída", que pretendeu ser unha reflexión colectiva de como afrontar este grave problema e que contou coa participación directa do alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º de BAC, aos que felicitamos polas súas interesantes intervencións e preguntas. Tamén participaron no desnvolvemento do acto Carlos (compañeiro de Marta en dita asociación)e José Carlos (membro da Unidade Policial de Prevención, Asistencia e Protección contra os malos tratos á muller). Ademais desta actividade, procedeuse en todos os cursos ao visionado de vídeos que tratan o tema, a análise de textos e, mesmo a tradución ao galego e interpretación de cancións que teñen como temática este asunto, como por exemplo "Malo" de Bebe, varias da cantante galega Sés ou "O final dun conto de fadas" do rapeiro El Chojin.
PREME AQUÍ para ver as fotos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-11-2014 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal