BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ |
|

Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LECTURAS PARA NADAL |
|
 No vestíbulo do Instituto decorouse unha estantería para destacar as recomendacións de lectura para Nadal. Suxerimos para cada ciclo catro libros: dous en galego e dous en castelán. Calquera dos libros está a disposición dos socios da biblioteca. Estas recomendación son:
Para 1º ciclo da ESO:
- A pantasma telefónica de Xabier A. Barreiro Liz. Agora sabían o modo de localizar o fantasma e poderían intentar illala. Pero algo non ía ben, pois a mensaxe da pantasma foi collendo forma de novo no móbil e no ordenador de Xulia...
- O pazo baleiro de Xavier P. Do Campo. Nicolás está fascinado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun deses reloxos está o principio dunha emocionante investigación.
- La sombra sobre el banco de piedra de María Gripe. A autora, galardonada no 1973 co Premio Andersen, considerado como o nobel infantil complementa o fío argumental coa intriga e o misterio, que tamén unha vez máis fan que non poidamos deixar de ler o libro ata rematalo.
- Las aventuras del pequeño Nicolás de René Goscinny. O pequeno Nicolás comeza as súas vacacións na praia, para despois ir a un campamento de verán. Sucederanse aventuras fabulosas en que os adultos, que á fin e ao cabo non comprenden nada, formarán parte sen querer.
Para 2º ciclo da ESO
- Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. Novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel.
- Pepa a loba de Carlos G. Reigosa. Relato baseado nesta bandoleira galega, personaxe situado entre a realidade e o mito da Galicia do século XIX. A pobreza e a inxustiza conseguiron que se lanzase ao monte amedrentando e castigando aos señores da zona.
- El cielo está en cualquier lugar de Jandy Nelson. Un canto ao amor e un retrato da perda dun ser querido a partes iguais, sincero en todo momento, ás veces divertido e no fondo inesquecible.
- Un mundo para Julius de Alfredo Bryce Echenique. Obra entenrecedora que nos fala das desigualdades sociais; a visión dun pequeno Julius fainos reflexionar sobre os valores da vida
Para Bacharelato:
- O máis estraño de Manuel Rivas: unha recompilación de relatos breves.
- O recendo das mimosas de Agustín Agra: tamén é un libro de relatos de temática variada
- La ladrona de libros de Markus Zusak: novela ambientada na Segunda Guerra Mundial
que describe as peripecias dunha nena alemá que se afecciona a ler e así distráse dos bombardeos. Este libro estivo 105 semanas na lista dos mellores bestsellers para rapaces do New York Times
- Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez. Unha das obras máis coñecidas e apreciadas deste autor, é unha novela curta publicada en 1981, que relata un asasinato en forma de reconstrución case xornalística.
Anímadevos e aproveitade o Nadal para mergullarvos nalgún deste mundos sen saír da casa. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|