Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tod@S morremos, pero algún queda para sempre.
Pode que vós nunca escoitárades falar deste humorista, pero os vosos profes medramos con el. Fíxonos coñecer mellor o que somos e como somos.
Gracias Forges, por facerme rir e sobre todo, pensar.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 22-02-2018 15:57
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 20-12-2017 20:21
# Ligazón permanente a este artigo

E para rematar este trimestre, os clubs de lectura de primeiro e segundo da ESO fomos ó cine. Fomos a ver WONDER, o libro témolo na biblioteca, pero en castelán titúlase "La lección de August". Precioso, non volo podedes perder!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 20-12-2017 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL

Xa chegou o Nadal ao IES de Becerreá. Toca descansar un pouquiño e disfrutar das nosas lecturas preferidas. Desta volta recomendamos o último de Lea Tobery, Manel Loureiro e César Mallorquí para os máis maiores. Os pequenos achegaranse á obra de Ledicia Costas, Henning Mankell e un clásico, Homero. Moi boas festas e ata a volta!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 18-12-2017 15:58
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 18-12-2017 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o día das bibliotecas cunha saudable idea: pensa en cores, pensa en froita.
PREME AQUÍ para ver as fotos da celebración.

Que rica e que boa pinta ten. Daremos boa conta deste almorzo tan saudable. Pero, que fai aí unha col? Preme e averiguaralo.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-10-2017 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín invade o IES de Becerreá!
Este simpático esquelete tróuxonos unha morea de libros para pasar estas noites tan longas nas que andamos. TODOS A LER SEN MEDO!!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-10-2017 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín invade o IES de Becerreá!
@s alumn@s de 3º da ESO ambientaron o centro recreando a santa compaña. Ademáis expuxeron os seus traballos de investigación sobre a orixe destas festas e dos diferentes seres mitolóxicos vencellados á nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 26-10-2017 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro club de lectura de bacharelato e en inglés!!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 25-10-2017 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Aquí está o Club de adultos do I.E.S. Sempre dando exemplo.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 25-10-2017 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO 17/18. CLUBS DE LECTURA DE ESO.
Aquí estamos outra vez. Os clubs de lectura da ESO do IES de Becerreá empezamos un ano máis a nosa andadura. Cada vez somos máis, 65 alumnos e 9 profesores, os que nos embarcamos nesta fermosa aventura. Once son os clubs formados este curso, dous máis que o ano pasado. Xa vos iremos contando, pero dende a biblioteca queremos dicir MOITAS GRAZAS a todos pola colaboración. Felices lecturas.
Por certo, xa vos presentaremos outro día aos maiores, porque tamén temos un club de adultos e outro de inglés formado por un grupo de alumnos de 1º de BAC.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 09-10-2017 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRANDO A ROSALÍA

Distintas actividades foron desenvoltas no centro para conmemorar o Día de Rosalía. Por un lado, unha exposición de material bibliográfico pertencente á biblioteca do noso centro e unha selección de láminas que reflicten aspectos da súa figura como poetisa.

Ademais, isto completouse co acto que se recolle neste vídeo. Comeza amosando unha montaxe audiovisual que recolle o recitado de poemas por mulleres e nenas galegas, realizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Continúa coa exposición de catro versións musicais dun poema de Rosalía, "A xustiza pola man", nos distintos estilos de Amancio Prada, Aid, Poetarras e Nao. Segue unha animada poxa poética, coa participación de alumnado e profesorado. E remata con tres intervencións musicais, desenvoltas por alumnado de 1º de Bac: na primeira, Ángela e Alba interpretan a súa versión do poema "Negra sombra"; na segundo, un grupo de alumn@s canta "Adiós ríos, adiós fontes" e na terceira e última, este mesmo grupo acompaña a dous profesores, Ramón e Jesús, que foron as voces principais en "Campanas de Bastabales".
Aquí podes ver algunhas da imaxes da exposición e do acto.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 19-03-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA PARA PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
Comeza tamén, como se anunciaba na noticia anterior, a actividade do club de lectura de adultos. Integra a pais e nais da nosa comunidade escolar e está coordinado polo profesor Antón Bao. O grupo correspondente ao curso actual está formado por Eva García,Pilar García,Pepe Gayoso, Pilar Ferreiro, Silvia Santín, Esther Garrido, Julia Roda. Se algún pai ou nai está interesado/a en sumarse, só ten que poñerse en contacto co biblioteca do centro para sumarse a estas lecturas compartidas.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 21-10-2016 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
CLUBS DE LECTURA 2016-17

Co inicio do novo curso comezan a súa actividade os compoñentes dos clubs de lectura do noso centro.
Este ano 56 alumn@s da ESO forman parte dos mesmos, o que representa o 75% do total de alumnado desta etapa educativa. Repártense en 10 clubs, un dos cales desenvólvese en inglés.
Están coordinados por 7 profesores/as de destintas áreas académicas, o que supón un incremento de dous profesores/as con respecto aos cursos pasados.
Cabe destacar que a estas cifras hai que engadir 1 club de lectura para pais/nais/titores, composto por 6 adultos.
Desexámoslles a tod@s unha grata experiencia no mundo da lectura compartida.
Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 17-10-2016 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS Ó CINE

Para os participantes nos clubs de lectura de 1º e 2º de ESO, organizouse unha saída a Lugo para ver no cine a proxección da película El libro de la selva. Nunha das fotografías aparecen os alumnos que participaron nesta actividade e noutra capta o momento da retirada das entradas.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 28-04-2016 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal