Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comentarios (4) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 20-03-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (2) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 20-03-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 20-03-2014 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDAMOS QUE É XOVES
Segundo volume da triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran

"Tras a batalla de Landeiras xa non hai paz na Terra de Alba. Mentres o Dragón Vermello se apresura a cumprir o encargo do Mestre Escuro, Bran continúa a súa travesía polo Mar do Norte cara a Caledonia na procura do Navegante, o gardián dos espíritos. Môrrigan e o seu grupo non terán descanso até dar coa Porta de Annwn, nunha procura que os levará máis aló do Cabo Barbudo e do seu antigo faro, nun lugar onde agardan os segredos do alén."

As Crónicas de Bran: A Porta de Annwn
Comentarios (1) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 13-03-2014 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓN LECTORA DOS XOVES
Falta pouco para as datas de Nadal, e os titores repartirán as recomendacións lectoras que esperamos sexan do voso interese, xa sabedes que están na biblioteca e pódense sacar para disfrutar da lectura nas vacacións de Nadal. As recomendacións lectoras tamén están colgadas nesta páxina.
E agora para esta última semana chea de exámenes:
Pan de ánimas. Xoán Abaleira. Poesía para alumnos de Bac.
Las piernas de Amaidú. Teatro solidario para 1º ESO.
A punta de pistola. Fran Alonso. Novela de ritmo trepidante para 4º ESO
Veleno tinto. Ramón Carredano Cobas Misterio para alumnas de 3º ESO
Proxecto pomba dourada. Miguel Vázquez Freire. Para os detectives de 2ª

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 12-12-2013 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 03-12-2013 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGATE A BIBLIOTECA

Estes días están chegando algunhas das novidades lectoras que pedimos entre todos; lectores, profesores, clubs... se tes interese en saber que podes ler pásate pola biblioteca verás algúns títulos que che poden gustar como:

Demasiada felicidad. Alice Munro
El sueño de mi desvelo. Antoni Daimel
The Legends of Sleepy Hollw and Rip Van Winkle. Washington Irving.
O país adormentad. Xabier P. DoCampo
El héroe discreto. Mario Vargas Llosa
Las ventajas de ser un marginado.Stephen Chbosky
Kafka en la orilla. Haruki Murakami.
Todos somos. Marcos Calveiro
O neno Can. Fina Casaldarrey
O crepúsculo e as formigas. Ferrín
Soños de fútbol en Bangui. Yves Pinguilly
E xa sabedes tamén podes sacar as túas lecturas en formato dixital

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 07-11-2013 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA VERANO

2º ciclo

LINGUA GALEGA:
O CÓDICE DO SANTO LUGAR. Pere Tobaruela.
Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, para esclarecer un roubo que pode cambiar o curso da historia da Península Ibérica e alén dos Pireneos.
ÁS VECES QUERO MORRER COA RISA. Birgit schlieper e Nina Stahl.
Conta a historia dun rapaz ao que lle diagnostican unha enfermidade terminal. Debe elexir como xestionar o tempo que lle queda, e elexirá….o amor.

LINGUA CASTELÁ:

LAS MARAVILLAS DEL SISTEMA SOLAR. Brian Cox.
Lector, estás diante dunha obra que te achegará, como o seu título indica, a algunhas das marabillas do Sistema Solar. Baseada na miniserie de televisión da cadea BBC e escrita polo seu mesmo presentador, Brian Cox, mostra outros mundos cunha calidade e claridade excepcional. O autor realiza un gran traballo de divulgación científica no que expón diferentes fenómenos naturais, tanto incribles coma estranos.

LA ISLA DE BOWEN. César Mallorquí.
1920. Todo comezou co asasinato do mariñeiro inglés Jeremiah Perkins en Havoysund, un pequeno porto noruegués situado no Ártico, e co misterioso paquete que, antes de morrer, Perkins enviou a Lady Elisabeth Faraday. O quizais a historia empezase antes, cando se descubriron unhas estrañas reliquias no interior dunha vella cripta medieval, pois foi precisamente unha desas reliquias imposibles a causa de que o malhumorado profesor Ulises Zarco, director da sociedade geográfica SIGMA, se embarcase nunha aventura inimaxinable a bordo do Saint Michel.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 06-06-2013 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA VERANO

1º ciclo
LINGUA GALEGA:

MI ABUELO FUE UN AGENTE SECRETO, José Montelongo.
Bonito relato de xénero detectivesco que gañou o concurso Invencións 2010. O protagonista desta historia, Jesús Galindo, comandante de axentes do Servizo Secreto nos anos corenta, era o avó do autor. Este, recreou diversos feitos a partir dunha caixa que a súa familia gardaba con documentos e fotografías do avó, ademais de revistas policíacas e recortes de prensa. A narración mestura a memoria familiar coa memoría do país.

LAS FLORES DE IRINA, Mónica Rodríguez Suárez.
Ás veces os recordos confúndense cos sonos. Iso acontécelle a Irina. Irina pinta flores. Unhas flores que nunca viu, pero que aparecen cada noite nos seus sonos, como un recordo. Cando Irina viaxa a España con Mara, a súa nova mamá, unha muller doce e cariñosa que ule ás flores que Irina pinta, comezará a botar de menos o xeo do que procede. Nunha longa viaxe polo Polo Norte, buscarán xuntas respostas ás preguntas sobre o pasado de Irina, e sobre as flores dos seus recordos.

LINGUA CASTELÁ:

A FLOR DA AUGA, Xosé Miranda e Antonio Reigosa
Este libro recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga xunto cos seres da
mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga
é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer
do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se
o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar.
A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme,
anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga.

SANSÓN TROLEYRO, Enrique Vázquez Pita.
Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente
sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a
súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo
a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición,
que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a
vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por
burricán e búrlanse das súas novas teorías sobre a circulación do sangue. Pero grazas
ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza
para resolver crimes e salvar a vida de inocentes.

Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 06-06-2013 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO TRIMESTRE
BACHARELATO
LINGUA GALEGA:
As voices baixas, Manuel Rivas.
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais...É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva.

Ardalén, Miguelanxo Prado.
"Ardalén" é unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun puñado de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.
Todo OK, Diego Ameixeiras.
Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere. Narrada cun estilo sobrio e moi persoal, estamos ante unha novela que reflicte as túrbidas relacións entre uns protagonistas que loitan por sobrevivir máis alá das marxes da legalidade.
LINGUA CASTELÁ:
Mr Gwyn, Alessandro Baricco.
Jasper Gwyn é un escritor. Vive en Londres e, verosimilmente, é un home que ama a vida. De súpeto, te ganas de parar. Talvez de parar de escribir, aínda que a súa non é a crise que aflixe aos escritores sen inspiración. Jasper Gwyn parece querer cambiar de perspectiva, chegar ata o miolo de certa maxia. Sérvelle de apoio, de cómplice, de asistente, unha rapaza que vai recollendo, con rabiosa devoción, o que progresivamente vai sendo o misterio de Mr Gwyn
Tiempo de arena, Inma Chacón.
No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo, clama desesperadamente polos seus fillos. A tensión é enorme: ninguén dos presentes coñecía que a moza tivese tido descendencia. A súa nai nega as súas palabras, pero as súas tías non deixarán de preguntarse que hai de verdade nelas.
Los ojos amarillos de los cocodrilos, Katherine Pancol.
Esta novela sucede en París, pero encontrámonos con crocodilos.
Esta novela fala de homes. E de mulleres. As mulleres que somos, as que quereriamos ser, as que nunca seremos e aquelas que quizais sexamos algún día.
Esta novela é a historia dunha mentira. Pero tamén é unha historia de amor, de amizade, de traizón, de diñeiro, de sonos.
Esta novela está chea de risas e de bágoas.

2º ciclo

LINGUA GALEGA:
O mundo secreto de Basilius Hoffman: Un faro na escuridade. Fernando Cimadevilla.
Otro libro máis de literatura fantástica? É moito máis, pero para que podas facer unha idea consulta www.basiliushoffman.com.

Cidades. Fran alonso.
"A min o que me gusta son as cidades" comeza este poemario urbano. E conta todas as caras da cidade. É unha cidade que muda de pel como unha serpe e habita en moitos mapas: do deserto ao mar.

Nubes de evolución. Andrea Maceiras Lafuente.
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu.
 LINGUA CASTELÁ:

Donde los árboles cantan. Paula Gallego.
Achégate ao mundo de Viana e Rocagrís, aos bárbaros das estepas, as lendas que se contan sobre o Gran bosque onde os árbores cantan.

El hombre invisible. H. G. Wels
Este libro móstranos as contradicións dun mozo e brillante científico que, tras longas xornadas de esgotadores experimentos, descobre a forma de facerse invisible. Non obstante, trastornado polos sufrimentos e o acoso a que se ve sometido, abandona todo escrúpulo e trata de empregar o seu descubrimento para enriquecerse e dominar, sen deterse ante a violencia e o engano.

La chica del andén de enfrente. Jorge Gómez Soto.
A historia de dous xemelgos que, en realidade, non se parecen en nada, as súas aficións e intereses son ben distintos. Os dous irmáns lévanse moi mal e só están de acordo en evitarse. Pero un día, Yolanda e Irene entrarán nas súas vidas para demostrarlles que teñen moito en común

1º ciclo
LINGUA GALEGA:

Bala perdida. Manuel Rivas.
Un libro de Piratas e aventuras que non te podes perder.
E Xoel aprendeu a voar. Marica Campo.
A historia dun neno que confía demasiado nas novas tecnoloxías, descubrirá una lección moral que non esquecerá endexamáis.
Palabras de auga. Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012.
Un libro que fala de África dun xeito real e duro. Aínda que é un libro xuvenil, non deixa de ter un acento que só descubrirán persoas moi preparadas para pensar na realidade do mundo.
A vaca caníbal. Marilar Aleixandre.
Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero tamén crítico, no que imos asistir á aventureira vida das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente das outras. Cada unha coas súas vacúas teimas propias.

LINGUA CASTELÁ:
Dark Lord. Días de instituto. Jamie Thomson.
Unha novela de humor?, Un diario xuvenil? Unha fantasía?. As aventuras dun señor Oscuro facendo os deberes do instituto. O “ diario do mal” rebosante de diversión.
Lengua de gato. José Antonio Ramírez Lozano.
Un gato que pretende atopar a sabeduría, un pescador que quere una rede de sombras, un Sultán que desexa dominar o reino do silenzo, e máis historías todas elas en Istambul, cidade máxica dos sonos…
Escritos en la corteza. Ernesto Rodríguez Abad |
«Así empezou todo, baixo a sombra dunha árbore naceron as palabras, as historias, os relatos. E a vida foi máis fantástica. Encheuse de emocións». Se abres as páxinas deste libro, encontrarás trece máxicos contos sobre as árbores. Historias de amor, morte, tenrura, incomprensión.Unha selección de mitos e lendas que os pobos do mundo atribúen ás árbores.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 04-03-2013 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 04-03-2013 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN

LINGUA GALEGA

Xenaro e o misterio da mochila verde. Mar Guerra. Xerais.
A Xenaro o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de ordenador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; non obstante, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio.

A lenda de Cuima e Mohan. Xan Eguia. Sotelo blanco.
Unha historia de destinos, de responsabilidades de amor e dunha elección, porque o destino é exactamente iso, elixir constantemente. Nas eleccións na selva é importante non trabucarse, xa que a tribo depende de ti e hai un tigre que asexa nas sombras ou unha serpe cuxos pesadelos anegan a luz do día.
A lenda de Cuaima e Mohan é unha novela épica, de sagas que reinventan o mito das orixes, na que o narrador enfronta os mitos como historias que sucederon ou están a piques de suceder e que se repiten nun tempo descoñecido.

LINGUA CASTELÁ

Ciudad de huérfanos. Avi. Bambú.
Mark é un neno de 13 anos que emigrou coa súa familia danesa a Nova Iork. Como outros inmigrantes traballa vendendo periódicos para axudar aos seus pais e, unha banda de rufiáns, lle amenza con pegarlle e roubarlle as súas ganancias. Ademais a situación complícase porque a súa irmá foi arrestada e xulgada por un roubo que non cometeu. Willa, unha rapaza orfa, converterase na súa fiel amiga, axudaralle a desfacerse dos rufiáns e a resolver o misterio do roubo.

Maldita Física. Carlo Fabretti. Gran Angular
Alicia sae da súa clase de Física "maldecindo" contra o seu profesor, que lle parece que está tolo. Déixase caer nun banco esgotada, e un estraño personaxe, un anano rubio, como os que hai nos contos de fadas, adivíñalle o pensamento e rétaa a seguir investigando sobre esas cousas que fan que a Física pareza máis maxia que ciencia. Así, Alicia descubrirá canto de "tolos" tiveron que estar personaxes como Arquímedes, Galileo, Newton ou Einstein á hora de explicar a realidade dende a marabillosa Física.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2012 09:08
# Ligazón permanente a este artigo

LINGUA GALEGA

O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños. Fernando Cimadevila e Iván Valladares.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman —arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos— serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.

Illa soidade. An Alfaya. Xerais.
É unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.

LINGUA CASTELÁ

El espíritu del último verano. Susana Vallejo Chavarino. Edebé.
Aparentemente todo segue igual na Casa da Árbore, a avoa de Fran esperándoo e o seu avó ocupado nas súas cousas. Se non fose pola grúa que axexa con derrubar a casa para continuar a autoestrada, parecería que o tempo non pasou. Despois dun sono, Fran sente que debe volver ao pobo, o que implica volver ao pasado, á adolescencia, a ese verán no que parece que se fixo maior e xa nada volveu ser o mesmo..

Las luces de septiembre. Carlos Ruiz Zanfón. Edebe.
Simone Sauvelle quédase viúva cos seus fillos Irene e Dorian e debe atopar traballo, aceptando ser ama de chaves do misterioso fabricante de xoguetes Jann na súa inmensa e misteriosa mansión en Francia.
Ao pouco de chegar, mentres Irene coñece a Ismael, un rapaz da localidade por quen se sente atraída, Dorian explora os arredores, e a propia Simone traba amizade con Lazarus, comezan a suceder feitos estraños e dramáticos.
Comentarios (2) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2012 09:03
# Ligazón permanente a este artigo

LINGUA GALEGA:

O aliado inesperado. Xavier López Rodríguez
Os principais protagonistas de "O aliado inesperado" son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. Na novela desenvólvese unha insólita alianza contra a soidade e o medo, nunha illada aldea da montaña.

Pan de Ánimas.Xoán Abaleira
Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que de ita o sol da moenda.
Pan de ánimas é a fariña do ollo que arela ver o seu ser. Pan de ánimas é o canto da roda que une o gran e a cinza. Pan de ánimas é un cántico á moa que ten a nada por centro. Pan de ánimas é estoutra maquía desa materia escura que chamamos poesía.


LINGUA CASTELÁ.

Ningún lugar es seguro. Deborah Ellis
Unha emotiva historia de aventuras contemporáneas. As vidas de tres mozos crúzanse durante unha viaxe de emigración ata o Reino Unido, onde esperan ter a oportunidade de empezar unha nova vida.

El club de la buena estrela. Arny Tan
Unha emocionante historia de dúas xeracións de mulleres chinesas e dos seus encontros. Catro mulleres reúnense regularmente para xogar ao mag-jong e contar historias.
A partir de aquí irán reconciliándose cos seus respectivos pasados familiares e comprendendo a inmensidade do drama humano que viven as mulleres do seu país
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 22-06-2012 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA PRIMAVERA

LINGUA GALEGA

- Noutra dimensión. Marica Campo.
Unha historia chea de maxia, misterio e de moitas aventuras fantásticas.
Terás que ler o libro se queres saber todo o que agocha dentro.

- ¿Sobrevives? Fina Casaldarrey.
Narra a estremecedora historia dun rapaz de dezasete anos que cursa os seus estudos de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, non deixan de asombrar continuamente ao profesorado e compañeiros.

LINGUA CASTELÁ

- La evolución de Calpurnea Tate. Jacqueline Kelly.
Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que acontece tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este señor un tanto túzaro e empezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies e tamén o idiotas que se volven os irmáns maiores cando se namoran.

- Las piernas de Amaidú. Luis Matilla
Un traballo escolar poñerá en contacto Miguel e Carlos, cun mundo descoñecido para eles. O tema elixido para a súa tarefa será obter información sobre unha fotografía aparecida en prensa. A imaxe en cuestión é a dun neno ao que lle faltan as pernas a causa da explosión dunha mina antipersoa.
Comentarios (0) - Categoría: NOVIDADES E RECOMENDACIÓNS - Publicado o 30-03-2012 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal