Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍA DO LIBRO CON "DON QUIJOTE"

Así conmemoramos este ano o "Día do Libro", cunha exposición de distintas edicións e formatos da novela máis universal da literatura en castelán, organizada polo equipo da biblioteca do centro.
Atópanse nela desde volúmenes ilustrados ata outros exemplares en versión cómic,aportados polo profesorado, persoal non docente e alumnado, que aparecen adornados con marcapáxinas elaborados polo alumnado de 1º da ESO nas súas clases de Debuxo.
A exposición serve tamén de ferramenta de aprendizaxe para o alumnado de Lingua Castelá e Literatura, que desenvolverá distintas actividades dirixidas polas profesoras da materia.
Preme aquí para ver as imaxes.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2017 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Se premes aquí, poderás ver o vídeo e entender por que vestimos de negro e por que levabamos mandís ese día.
E estas son as fotos da exposción de libros, películas e cartelería reivindicativos da ingualdade de xénero.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2017 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

No ano 1995 a UNESCO declarou o 23 de abril como Día Internacional do Libro, pois tomouse esta data como referencia do pasamento de Cervantes e Shakespeare. Con tal motivo, na entrada do Instituto, fíxose unha pequena exposición de obras e carteis destes sobranceiros escritores.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-05-2016 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRACIÓN DA SEMANA DA PRENSA

Con motivo desta efeméride, a biblioteca do IES de Becerreá organizou unha charla a cargo do redactor xefe do diario "El Progreso", José Manuel Freire, que estivo dirixida a todo o alumnado da ESO e a 1º de BAC. Nela analizou o traballo periodístico nun diario local, algúns dos dilemas aos que se enfronta hoxe en día a profesión periodística e como se afrontan os actuais retos das novas tecnoloxías da comunicación desde os medios tradicionais. Na segunda parte do acto, J.M. Freire respondeu con paciencia e fondura ás numerosas preguntas que lle foron formuladas polas asistentes. O nosos agradecemento ao alumando pola súa participación e interese e tamén a José Manuel, quen participou no acto de forma completamente desinteresada.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-03-2016 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
RECOÑECEMENTO A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Este autor é o máis lido polos clubs de lectura. Con tal motivo, a modo de recoñecemento, fíxose unha pequena exposición sobre a súa vida e obra na entrada da nosa biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-02-2016 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de festas e ritos populares
En colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, a biblioteca do centro participa na organización da Exposición sobre festas e ritos populares do sur da provincia de Lugo. Para fotos e máis información pulsa aquí.
Entroido
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-01-2016 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRANZA DE NEIRA VILAS
Con motivo do pasamento do insigne escritor, a nosa biblioteca fai un recordatorio da súa vida e obra.
Neira Vilas, sempre connosco.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-12-2015 16:22
# Ligazón permanente a este artigo

Categoría: XERAL - Publicado o 11-12-2015 16:20
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-12-2015 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
1º DA ESO DECORAN A ENTRADA DA BIBLIOTECA

Os alumnos de 1º ESO visitaron a biblioteca. Explicóuselles o funcionamento da mesma e as posibilidades que ofrece.
Como resultado desta actividade decoraron a entrada da biblioteca como se pode ver nesta imaxe. Semella que comezan con ánimo. Que non decaiga!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-10-2015 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-05-2015 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Para conmemorar esta data, a biblioteca do centro amosou nos corredores do centro unha serie de títulos de distintos xéneros, nos que podemos estar interesados tanto alumn@s como profesores e profesoras. Cómics como "Engurras", "Máquina perplexa" ou "Eric Castle". Novelas como "O único que queda é o amor", sen esquecer o "Diario de Greg" ou unha interesante obra para adentrarse nas matemáticas desde a ficción literaria: "La sorpresa de los números". Tampouco faltaba un dos últimos éxitos comercias da novela xuvenil, "After". Anímate a ler algún!!
Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2015 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
20 ANOS DA REVISTA "A REBOLA" DO IES DE BECERREÁ

Cúmprense neste curso 2014/2015 20 anos da edición da revista do Instituto coa denominación que conserva ata hoxe de A REBOLA (ver fotos).
O primeiro número que se elaborou no curso 94/95 indicaba na introdución que pretendía ser a revista de todos e todas os alumnos e alumnas do instituto e nela se reflectiran as inquedanzas, esperanzas, gustos, protestas ou sentimentos.
Tratábase, e trátase, en dar a coñecer todo o que pasa no Instituto á nosa comunidade educativa dentro do centro coma fóra del.
A revista nacía da man do equipo de Normalización Lingüística e tiña como un dos seus obxectivos apoiar e impulsar o uso do noso idioma.
Por que o nome de A Rebola?
Chámase a Rebola por que esta é unha variedade do carballo propia da comarca dos Ancares cunhas características propias e, polo tanto, indentifícase con esta zona e un dos seus elementos naturais por excelencia.
Por certo, dende o segundo número da revista, do curso 96/97 houbo durnate moitos anos dentro da rebola unha sección dedicada á ecoloxía que se chamaba „As follas verdes da Rebola“.
As Entrevistas deslinguadas
Unha das sección máis exitosas da revista foron sempre estas Entrevistas deslinguadas, feitas a profesoras e profesores sempre e que conteñen preguntas bastante comprometidas tendo en conta, ademais, que despois as respostas eran comentadas pola redacción da revista (nunca se desvelou nin se desvelará quen fai os comentarios ás respostas).
CONTIDOS DA REVISTA
Crónicas das viaxes e excursións que se organizan.
Premios do Certame literario que se celebra dende hai 19 anos. Poesías e narracións.
Actividades que se fan cada curso no Instituto.
Proxectos e actividades de fomento do uso do galego.
Referencias á escritora ou escritor a quen se dedica o Día das Letras Galegas.
Artigos do alumnado e profesorado sobre algún asunto que lle interesara publicar.
Novas de acontecementos ocorridos no Instituto ou fóra.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-05-2015 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, aquí tes as imaxes do realizado desde a biblioteca do insti: as recomendacións lectoras sobre unha variada temática feminina e a exposición, na nosa "árbore dos dereitos humanos", das fotos e logros de destacados personaxes femininos galegos, que nos permiten descubrir o papel destas pioneiras en distintos ámbitos laborais e sociais. Estes documentos foron elaborados por alumnado de 1º da ESO. Feliz 8 de marzo, mulleres do mundo!!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-03-2015 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA PAZ

Celebramos o Día mundial da Paz con dúas exposición: Unha de pés de fotos sobre acontecementos e persoeiros que simolizaron a loita pola paz e a xustiza feitos polo alumnado de 3º da ESO e outra con Cantigas de Amigo para a Paz feitas polo alumando de 2º de Bacaharelato. PREME AQUÍ PARA VER AS IMAXES.
Categoría: XERAL - Publicado o 01-02-2015 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal