Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.
Con motivo da conmemoración do Día da Muller, desde o equipo da biblioteca e coa colaboración dos departamentos de: Lingua Castelá, Lingua Galega, Latín e Grego e o departamento de Matemáticas, preparamos un acto no que o alumnado puido comprender de forma documentada por que se conmemora o día 8 de marzo como día da muller.
Comezamos cunha breve exposición que titulamos "Un pouco de historia", comentando a orixe deste día. A continuación presentamos o libro de Rosa Montero, "Historia de Mulleres", para seguir coa presentación das "Mulleres Loitadoras e Emprendedoras en Galicia", concluíndo cunha viaxe á figura feminina na Grecia antiga. Todo iso nun ambiente de atención e respecto ao que os nosos alumnos nos teñen afeitos neste tipo de actos.
Debemos agradecer unha vez máis a colaboración e implicación dos distintos departamentos do noso centro, así como o acollemento que ten este tipo de actos na comunidade educativa. PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS.
Hai unhas semanas, quedou constituído o primeiro "reading club" do insti, estando formado por sete alumnas de 3º da ESO, dous profesores (entre eles a coordinadora do grupo) e Iszara, a nosa profesora auxiliar inglesa para este curso.
O libro escollido para esta primeira lectura é o titulado "THE GHOST OF THE GREEN LADY" (de intriga e misterio), adaptado ao nivel do alumnado e aos seus gustos e intereses. Durante a primeira reunión desenvolta para comentar a lectura dos sete primeiros capítulos (dun total de 11) quedou claro que o libro estaba resultando moi atractivo e interesante para todos, aínda que tamén quedou constancia de que a timidez é maior cando tes que intervir en inglés diante dun grupo de xente. Seguramente, isto non será o que aconteza en reunións futuras, cando todos esteamos máis confiados.
Non obstante, e visto o entusiasmo dos participantes, todo parece indicar que este non vai ser o último libro que se lea en inglés e que a vida deste novo "reading club" será longa. Só queremos que no futuro aparezan alumnos/as e profes que queiran unirse a este ou ben formar outro novo. Merece a pena, e se aínda o dubidades, preguntádelles ás vosas compañeiras deste club. Animádevos.
TÍTULO: CONTOS DE REIS E NADAL
AUTOR: MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE
ILUSTRACIONES: XOSÉ TOMÁS
EDITORIAL: XERAIS
CLUB:OS COMELIBROS.(1ºESO)
COÑECE AS NOSAS OPINIÓNS PREMENDO EN "COMENTARIOS".
Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes. PREME SOBRE O DEBUXO E COÑECERÁS, EN IMAXES, AS PROPOSTAS PARA A CELEBRACIÓN DESTE DÍA E PARA ACADAR UN RESPECTO POLAS LINGUAS (imaxes do blog do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Campolongo - Pontevedra).
Coñece as nosas opinións premendo en "COMENTARIOS". E temén podes deixar a túa!
TÍTULO: CORREDORES DE SOMBRA. AUTORA: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. EDITORIAL: XERAIS.
PERSONAXES MOZOS, DILEMAS MORAIS, LOITA ENTRE O BEN E O MAL, AVENTURA E MISTERIO. CLUB: CO LIBRO Á TUMBA (3º ESO).
Pásate pola páxina web do insti para ver a noticia sobre a nosa celebración do Entroido 2010 e disfrutar dunha selección de fotos de todos os actos desenvoltos.
SE QUERES UNHA COPIA DE TODAS AS FOTOS OU DO VÍDEO, PÍDEAS NA BIBLIOTECA.
Coñece as nosas opinións premendo en "COMENTARIOS". E temén podes deixar a túa!
TÍTULO: OLA, ESTÚPIDO MONSTRO PELUDO. AUTORA: FINA CASALDARREY. EDITORIAL: GALAXIA.
SE NON QUERES CONVERTIRTE NUN ESTÚPIDO MONSTRO PELUDO, MERGÚLLATE NESTA HISTORIA. CLUB: AMIGOS DA LECTURA (1º ESO).
CUENTOS DEL COCINERO. ZENTNER, JORGE Y CABASSA, MARIONA. EDEBE, 2008
16 contos e 16 recetas moi fáciles de preparar. Unha viaxe por sabores e curiosidades de 16 paises. Que aproveite!
EL DIARIO SECRETO DE CARLOTA. LIENAS, GEMMA.
EL ALEPH EDITORES ,S.A.
Os lentes que invitan a reflexionar sobre as situacións inxustas e discriminatorias da muller. A que esperas para probar.
LINGUA GALEGA.
USHA. MARÍA REIMÓNDEZ.
XERAIS.
Uxía, unha rapaza de hoxe, fálanos da súa relación coa India, país onde pasa longas temporadas coa súa nai membro dunha ONG.
A BANDA SEN FUTURO. MARILAR ALEIXANDRE.
XERAIS.
Para Carlota, non é fácil facer amigos nun instituto novo, ten o cabelo rapado por unha enfermidade , e síntese como un cero á esquerda. Só Poch, un cantante dos “80” conversa con ela desde a foto da habitación de Carlota.
2º CICLO ESO
LINGUA CASTELÁ.
AUTOBIOGRAFÍA DE UN COBARDE. GÓMEZ CERDÁ.
SM, ALERTA ROJA.
Problemas de racismo e xenofobia mestúranse coas actitudes que ás veces realizamos por non quedar mal diante do grupo.
LAS PELIRROJAS TRAEN MALA SUERTE. MANUEL. L.ALONSO.
ALFAGUARA.
Tras unhas malas notas, Chico, ten unha discusión familiar e vaise da súa casa, coñece a un grupo de okupas, entre eles a Helena, Adiviñas a súa cor de pelo?
LINGUA GALEGA.
OS COMEDORES DE PATACAS. RIVAS, MANUEL.
XERAIS.
O protagonista móvese nos lindes da delicuencia e das drogas, a súa vida móvese en dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a da aldea. O rap, o paro, o teléfono, os colegas, un accidente de coche, o reencontro coa aldea, a avoa..........
CARTAS DE AMOR. FRAN, ALONSO.
XERAIS.
O título é algo engañoso, nove relatos en forma de carta configuran un mosaico do mundo actual, vidas tronzadas, que non puideron vivir, seguindo as escollas persoais.
BACHARELATO
LINGUA CASTELÁ.
EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO. J.D. SALINGER..
ALIANZA EDITORIAL.
Un sorprendente libro que trata da inadaptación social dun rapaz que non logra contactar co resto da sociedade. Existe unha interesante lenda “negra” sobre este libro.
LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS. PAOLO, GIORDANO.
SALAMANDRA.
Unha historia sobre a esencia da soidade. Nacemos, morremos e tal vez amamos en soidade.
LINGUA GALEGA.
UN HOME SEN NOME. SUSO de TORO.
XERAIS.
Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello é un home sen nome que enunciará a modo de monólogo a súa arrepiante autobiografía.
O pasado mes de novembro convocouse no IES o primeiro certame literario, baixo o nome "Contos de Reis e Nadal", con motivo de incentivar entre o alumnado o desenvolvemento das súas capacidades artísticas. Unha vez máis, o equipo da biblioteca, contou coa axuda de todo o profesorado, en especial dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, para fomentar a participación nesta actividade.
O xurado, formado por: Lucia Eres, (profesora de Lingua Castelá), Marta María ( profesora de Lingua Galega), Fernando Cerecedo (profesor de Educación Física e Xefe de Estudos), Isabel (profesora de FOL), e Nazareth (coordinadora da biblioteca), xunto coa colaboración de Paloma Piñeiro (profesora de Lingua Castelá), elixiron mediante votación os contos gañadores, tendo en conta como criterio de selección, aqueles que resultaron máis creativos, sensibles e orixinais.
Debido á calidade literaria dos traballos presentados, determinouse conceder cinco premios accesit ademais do tres primeiros premios. Os afortunados foron: 1º premio "Abandonado polo Nadal" - premiado pola súa orixinalidade- de Andrea Digón Arias, 3º ESO.
2º premio " A estrela do Nadal"- premiado pola súa sensibilidade- de Marta Castro González, 1º BAC
3º premio "Un Nadal demasiado amargo"- premiado pola súa liña imaxinativa- de Cristina Montaña Pardo 3º ESO.