| BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ |
|
Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| DÍA ESCOLAR POLA PAZ |
|
 Co gallo desta conmemoración decorouse un espazo na entrada do Instituto con suxerencias literarias en galego e castelán sobre a paz, como por exemplo Tristes armas de Marina Mayoral ou O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas (imaxe superior)
Ademais a nosa biblioteca organizou a exposición do Seminario Galego de Educación para a Paz sobre Literatura infantil e xuvenil para a paz. Para ver os paneis desta exposición clica aquí. Os titores de 1º, 2º e 3º de ESO realizaron cos alumnos as actividades que se propoñen desde o Seminario (a imaxe inferior recolle o momento onde os alumnos de 2º de ESO están visitando a exposición) |
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
|
| GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE NADAL |
|
O xurado do concurso decidiu que os relatos gañadores eran:
1º premio Laura Pardeiro de 2º de Bac co seu relato Po negro.
2º premio Almudena Fernández de 1º de Bac co seu relato: Carta a un inmigrante galego.
3º premio Gael Núñez alumna de 1º de ESO co seu relato: No lo tengo muy claro.
Pola súa calidade e sensibilidade, paga a pena ler o relato do 1º premio; para iso fai click no ligazón. |
|
|
|
|
| NATIONAL GEOGRAPHIC |
|
A nosa biblioteca está subscrita á versión en castelán desta revista de divulgación. É unha publicación mensual de recoñecido prestixio internacional, onde destacan especialmente a calidade das súas fotografías. Como calquera publicación destas características non entra no servizo de préstamo pero pódese ler na biblioteca.
Para saber os temas que trata este mes clica no ligazón
Sumario de xaneiro de National Geographic |
|
|
|
|
| ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS |
|
 Cemiterio de elefantes de Fran Alonso.
Ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos varias historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca deixan indiferente ao lector. A noite é sinónimo de maxia, de complicidade, pero tamén de soidade, de clandestinidade, de anonimato e de frustración
Contra el viento de Ángeles Caso
A nena São, nacida para traballar, como todas na súa aldea, decide construírse unha vida mellor en Europa. Tras aprender a erguerse unha e outra vez atopará unha amizade nova cunha muller española que se afoga nas súas inseguridades. São lle devolverá as ganas de vivir e xuntas construirán un vínculo indestructible, que as fará máis fortes. Conmovedora historia de amizade entre estas dúas mulleres que viven en mundos opostos narrada coa beleza da realidade. Unha novela chea de sensibilidade para lectores ávidos de aventura e emoción.
El nombre del viento de Patrick Rothfuss
Atípica, profunda e sincera, é unha novela de aventuras, de historias dentro doutras historias, de misterio, de amizade, de amor e de superación, escrita coa man dun poeta e que -pola súa orixinalidade e a mestría con que está narrada- algúns xa comparan con Tolkien.
Amigos sempre de Alfonso Eiré
Doce anos despois da primeira edición, en 1998, sae de novo ao mercado esta novela de Afonso Eiré que narra a represión e os abusos que se viviron nun seminario da provincia de Lugo a finais dos anos sesenta: "No libro relato a particular pedagoxía, a represión lingüística e o ataque aos valores culturais de Galicia e máis a represión que sufrimos os seminaristas, algúns deles víctimas tamén de abusos sexuais", segundo ten explicado o autor.
|
|
|
|
|
| LECTURAS PARA NADAL |
|
 No vestíbulo do Instituto decorouse unha estantería para destacar as recomendacións de lectura para Nadal. Suxerimos para cada ciclo catro libros: dous en galego e dous en castelán. Calquera dos libros está a disposición dos socios da biblioteca. Estas recomendación son:
Para 1º ciclo da ESO:
- A pantasma telefónica de Xabier A. Barreiro Liz. Agora sabían o modo de localizar o fantasma e poderían intentar illala. Pero algo non ía ben, pois a mensaxe da pantasma foi collendo forma de novo no móbil e no ordenador de Xulia...
- O pazo baleiro de Xavier P. Do Campo. Nicolás está fascinado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun deses reloxos está o principio dunha emocionante investigación.
- La sombra sobre el banco de piedra de María Gripe. A autora, galardonada no 1973 co Premio Andersen, considerado como o nobel infantil complementa o fío argumental coa intriga e o misterio, que tamén unha vez máis fan que non poidamos deixar de ler o libro ata rematalo.
- Las aventuras del pequeño Nicolás de René Goscinny. O pequeno Nicolás comeza as súas vacacións na praia, para despois ir a un campamento de verán. Sucederanse aventuras fabulosas en que os adultos, que á fin e ao cabo non comprenden nada, formarán parte sen querer.
Para 2º ciclo da ESO
- Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. Novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel.
- Pepa a loba de Carlos G. Reigosa. Relato baseado nesta bandoleira galega, personaxe situado entre a realidade e o mito da Galicia do século XIX. A pobreza e a inxustiza conseguiron que se lanzase ao monte amedrentando e castigando aos señores da zona.
- El cielo está en cualquier lugar de Jandy Nelson. Un canto ao amor e un retrato da perda dun ser querido a partes iguais, sincero en todo momento, ás veces divertido e no fondo inesquecible.
- Un mundo para Julius de Alfredo Bryce Echenique. Obra entenrecedora que nos fala das desigualdades sociais; a visión dun pequeno Julius fainos reflexionar sobre os valores da vida
Para Bacharelato:
- O máis estraño de Manuel Rivas: unha recompilación de relatos breves.
- O recendo das mimosas de Agustín Agra: tamén é un libro de relatos de temática variada
- La ladrona de libros de Markus Zusak: novela ambientada na Segunda Guerra Mundial
que describe as peripecias dunha nena alemá que se afecciona a ler e así distráse dos bombardeos. Este libro estivo 105 semanas na lista dos mellores bestsellers para rapaces do New York Times
- Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez. Unha das obras máis coñecidas e apreciadas deste autor, é unha novela curta publicada en 1981, que relata un asasinato en forma de reconstrución case xornalística.
Anímadevos e aproveitade o Nadal para mergullarvos nalgún deste mundos sen saír da casa. |
|
|
|
|
| DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS |
|

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
 * O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
|
|
|
|
|
| MOCHILAS VIAXEIRAS |
|
 Esta é unha iniciativa para fomentar a lectura nas familias dos alumnos de 1º ciclo da ESO. Cada alumno leva a mochila para casa e a devolve ós 15 días. Hai tres mochilas en cada grupo que van rotando.
Cada mochila contén:
- Un libro de narrativa dirixido ós pais como pode ser Tristes armas de Marina Mayoral ou Que me queres amor de Manuel Rivas.
- Un exemplar de National Geografic.
- Un comic dirixido ó alumno.
- Un película como Pradolongo ou Billy Elliot.
No caso de que se queira utilizar algún dos elementos da mochila máis alá dos 15 días, pódese facer utilizando o servizo de préstamo da Biblioteca.
|
|
|
|
|
| IMOS VER TINTÍN |
|
Elena Castro Celeiro, alumna de 2º de ESO relata unha actividade levada polo departamento de Lingua Castelá e máis a colaboración da biblioteca escolar.
UN DÍA DISTINTO "Elena Castro"
Para variar a mañá do 18 de novembro era distinta, íamos faltar as clases, pero, cá aprobación dos profesores .Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO, íamos de excursión as Termas, a ver “Tintín y El Secreto del Unicorio. Anteriormente os dous cursos lemos e traballamos os cómics de Tintín nas classe de Lingua analizando as características que teñen, formato, vocabulario, deseño e expresións, que son bastante interesantes. Marchamos pola mañá as dez, o ser venres non nos podíamos retrasar, xa que, non tiñamos clase a tarde. Foi un trayecto bastante curto. Cando chegamos a xente sorprendeuse o ver tantos nenos/as alí, cando tiñamos que estar no instituto. Encanto entramos no cine vimos que éramos os únicos e que nos fixeran un favor por abrir. A película foi moi interesante, xa que, a simple vista o ser de debuxos animados parece unha película para nenos pequenos, pero non é así, porque semella realmente un cómic con vida propia e mantente coa intriga durante toda a trama. En canto acabou tivemos que volver para Becerreá, non houbo tempo para máis, que mágoa, xa que, a todos nos apetecía enredar un pouco polas tendas, pero íamos con retraso. Foi divertido e podíamos facelo máis veces.
|
|
|
|
|
| LIBROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
O 25 de novembro celebrouse o día contra a violencia de xénero. A parte doutras actividades realizadas no Instituto, a biblioteca colocou na entrada principal unha mesa decorada para a ocasión con libros relativos ó tema como por exemplo Ola estúpido monstro peludo! de Fina Casalderrey, A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre ou Camiñan descalzas polas rochas, selección de relatos de varios escritores
|
|
|
|
|
| Xa está convocado o Certame de relatos de Nadal. Animáte a participar. A túa creatividade, a túa imaxinación pode ter un bo premio. |
|

|
|
|
|
|
| IMOS DE FISGÓNS |
|
| ¿Queredes botarlle unha ollada a outras bibliotecas de centros escolares de Galicia? Facendo click no seguinte ligazón podedes ver un vídeo rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes centros de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro. Podedes ver a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día. |
|
|
|
|
| O SAMAÍN TAMÉN O CELEBRAMOS CON LIBROS |
|
O pasado 4 de novembro celebramos o Samaín no Instituto. Como se pode ver na foto decorouse un punto de lectura para a ocasión. Suxeríronse lecturas como as Narracións e Contos de Poe, Vento ferido de Carlos Casares ou Cazaría salvaxe de Agustín Agra entre outros libros de temática acorde coa celebración |
|
|
|
|
| A CIENCIA EN GALEGO. A CIENCIA NO PUNTO DE MIRA |
|
 O día 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego. Esta conmemoración ten un certo carácter reinvindicativo pois xurdiu dun grupo de profesores ante a prohibición da Consellería de Educación de impartir as clases de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía da ESO en galego.
A nosa recomendación lectora co gallo desta data é A ciencia no punto de mira de Jorge Mira.
O autor, profesor de Física na Universidade de Santiago de Compostela, desenvolve un activo labor como divulgador científico dende finais dos anos 90, tanto como conferenciante e colaborador en prensa escrita, radio e televisión, polo que acadou diferentes galardóns. Dentro dos programas de televisión dirixiu “A Ciencia certa” e participa como experto en “Cifras e letras”.
O libro consiste nunha serie de artigos de divulgación científica de temática variada. Podemos descubrir por que os homes desexan as mulleres de cadeiras anchas, por que é fisicamente imposible que poidan existir as arañas xigantescas (de varios metros de lonxitude) que aparecen nalgunhas películas, ou por que os que somos bilingües temos máis posibilidades de vivir máis anos que os que non o son...
O lema do Día da Ciencia en Galego, O dereito a gozar da Ciencia en Galego, parece posto despois de ler este libro.
|
|
|
|
|
| ¿UNHA NOVA TECNOLOXÍA? |
|
No seguinte enlace podes ver un vídeo demostrativo dun interesante dispositivo de almacenamento de información. A nosa biblioteca xa conta con varios destes dispositivos. Os socios incluso os poden levar para a casa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|