biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Con Celso Sanmartín
Este ano a nosa biblioteca vaise encher de contos populares e de tradición oral, ese vai ser o tema da nosa campaña deste curso. Decidimos comezar a nosa viaxe polos contos desde a nosa tradición e por iso convidamos a Celso Fernández Sanmartín, un dos mellores contadores de Galicia e unha das persoas que máis sabe sobre os nosos contos populares, sobre como recollelos, como conservalos e como compartilos.
Celso enganchounos durante máis dunha hora coas súas historias, pero tamén nos deu consellos para contar e para buscar contos. E aínda máis, púxonos deberes! Xa estamos traballando nas aulas, xa vos contaremos como vai a cousa.
Coma sempre, un luxo terte con nós, Celso, graciñas.












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-09-2011 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS MOITO CONTO ...



NA BBS DESDE O 3 DE OUTUBRO

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2011 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
AS BIBLIOTECAS GALEGAS DESPIDEN A Mª DOLORES



Comezamos o curso con tristeza.







Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.


Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.


Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.



Cristina Novoa


Pilar Sampedro


Asesoría Bibliotecas Escolares

















posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig 
 

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2011 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus da lúa clara
Hoxe recibimos unha triste nova, o pasamento de Mª Dolores, a coordinadora do Equipo de Biblioteca Escolar do IES Luis Seoane de Pontevedra.
Non a coñecíamos persoalmente pero sí vía correo electrónico e sabemos que era unha loitadora, amante dos libros, do ensino, da cultura e, como non, das bibliotecas escolares. Ela impulsou e coordinou a campaña "Salvando libros" que levamos a cabo moitas bibliotecas escolares no pasado mes de maio co gallo das Letras Galegas.
Queremos despedirnos de Mª Dolores cun poema de Xosé Mª Brea Segade e enviarlle o noso agarimo á súa familia, aos seus compañeir@s e aos seus alumn@s.


ADEUS DA LÚA CLARA

Na fiestra do horizonte
chora luz a lúa clara.
Enxúgalle o pano engurrado da ría
un saudoso ronsel de bágoas.

Toda esta media noite para ela
foi a media noite das cantigas.
Dixéronlle cousas as ondas
que chegaban á praia.

E nas covas de seixo, os regos
fixéronlle bailaricos de auga.
Como o vento durmía, os piñeiros
non barullaron nada.

Dende a fiestra, índose,
dinos adeus a lúa clara.
Todos ficamos mudos
nunha mesma nostalxia.

Xosé Mª Brea Segade



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2011 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
Charamuscas 2011
Como vedes estamos quentando motores, presentando traballos que non foran aínda colgados no blogue da biblioteca pero que xa compartiramos na escola nos últimos meses.

Non podemos deixar de enlazar con Educaldea onde atoparedes o último número de Charamuscas, a nosa revista escolar, coordinada e publicada polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística.
Comentarios (3) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-09-2011 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas