biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outubro
Outubro vai ser un mes especial para a nosa escola. O vindeiro sábado día 6 recolleremos no Museo do Pobo Galego o premio Antonio Fraguas polo proxecto Educaldea que leva xa todo un ano artellando a actividade no noso colexio. Ese día inaugurarase a exposición que recolle o traballo desenvolto no CEP Brea Segade desde que nos foi concedido o premio, alá por xuño do 2006. Esperamos ilusionad@s e tamén algo nervios@s ese grande día e contamos con ser moit@s @s que alí nos xuntemos para celebrar que Educaldea é unha realidade. A exposición permanecerá aberta durante un mes no Museo do Pobo e desde aquí convidamos a tod@s a visitala e a facernos chegar as vosas opinións.
E o mércores 10 reabriremos a biblioteca Brea Segade. Sabemos que somos moit@s os que esperamos con ganas ese día e agora xa está máis cerca.Para ir facendo máis levadeira a espera ide preparando as vosas recomendacións de lecturas ben sexa en forma de debuxo ou de comentario.

AS VOSAS RECOMENDACIÓNS
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2007 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Nace a Biblioteca Virtual BBS!

A Biblioteca Brea Segade ofrécevos mais unha forma de vos achegar ao patrimonio literario de Rianxo, a través das obras dos seus escritores máis sinalados. Na Biblioteca Virtual BBS atoparedes textos até agora imposibeis de atopar na rede e ligazóns con outras páxinas que xa ofrecían lecturas rianxeiras en línea. Para acceder a Biblioteca Virtual BBS preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Biblioteca Virtual BBS - Publicado o 09-09-2007 02:31
# Ligazón permanente a este artigo
Charo Pita inaugura o curso!
Charo Pita e Tim BowleyO vindeiro mércores 12 de Setembro, comezamos o curso cunha nova educaldeana, a escritora e contacontos Charo Pita.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2007 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas