biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Helena Villar Janeiro e Rocío Pérez na Feira
A mañá do domingo, último día da Feira, volveu estar centrada na literatura infantil, tal e como xa acontecera o xoves coa presenza de Ledicia Costas, Blanca Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas e Marta Neira. Nesta ocasión puidemos asistir ás presentacións de Leandro e os números de Rocío Pérez e As señoras cousas de Helena Villar Janeiro e desde a BBS non desaproveitamos a oportunidade de que Helena nos asinara un exemplar do seu libro, Rocío xa o fixera en xaneiro cando visitara a nosa biblioteca. Pedro e María, que estaban na Feira, pedironlle a Helena unha dedicatoria para a BBS. Xa sabedes, para o curso poderedes gozar de As Señoras cousas dedicado.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 28-07-2015 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Bibliotecas de Rianxo na Feira do libro


Un ano máis as bibliotecas de Rianxo participamos na Feira do libro mostrando o noso traballo nunha das casetas e un ano máis elaboramos un vídeo conxunto no que facemos visible o que está a pasar nas biblios de Rianxo ao longo do ano.
O vídeo ten unha banda sonora de luxo,os Carapaus,un grupo que xa aparece nas recomendacións de verán da BBS e ao que lle temos un especial cariño polo seu bo facer e polos seus vínculos rianxeiros.
Destacamos tamén a colaboración de Fotos de Rianxo que nos cedeu, coma sempre que llo pedimos, material para a montaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo en Rianxo: a caseta das bibliotecas rianxeiras
Así de bonita está a caseta das bibliotecas!
A que dá gusto vela con tanto movemento xa desde o primeiro día?
Vémonos na Feira!








Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 24-07-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración da Feira
Xa está en marcha!
Onte pola mañá inaugurouse a Feira do Libro co pregón de Helena Villar janeiro e a actuación musical do dúo Barahunda.
Temos catro días para visita, non deixedes de facelo.





Pregón de Helena Villar Janeiro




Barahunda
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2015 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do libro de Rianxo 2105
Xa está aquí! Volve a Feira do Libro cun amplo programa de actividades, catro días para empaparnos de libros e cultura.

Lede con atención o programa e ide reservando datas, empezando polo pregón de Helena Villar Janeiro acompañada por Barahunda.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 21-07-2015 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Boas vacacións!
E boas lecturas de verán!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2015 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas