biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lendo en Rianxo 2014
Este é o vídeo que proxectamos na caseta das bibliotecas de Rianxo para dar a coñecer o noso traballo de promoción da lectura e do libro.

Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 26-07-2014 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira do libro
Esta é a caseta das bibliotecas de Rianxo. Vide visitarnos!








Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 26-07-2014 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Creador@s de Rianxo
Hoxe ás 20:30 no Salón de Plenos do Concello, dentro da programación de actividades da Feira do Libro, terá lugar a presentación da revista Creador@s de Rianxo, elaborada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do CRA de Rianxo, o IES Felíx Muriel e o CEP Xosé Mª Brea Segade. A revista é un motivo de orgullo para as comunidades educativas dos nosos centros e sobre todo para os veciños e veciñas de Rianxo que temos a sorte de gozar no día a día dos nos@s creador@s.
A presentación da revista contará con intervencións musicais dalgúns dos creador@s incluídos na publicación.
Non deixedes de asistir!



Creador@s de Rianxo forma parte do proxecto de innovación Rianxo fala.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2014 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do Libro 2014



Hoxe comeza a Feira do Libro de Rianxo. A feira é unha festa da lectura e da cultura, unha oportunidade de ver e mercar libros, pero tamén de participar en presentacións, encontros con escritor@s, concertos, roteiros teatralizados polo casco histórico... As bibliotecas escolares e a Biblioteca Pública Municipal estaremos presentes nunha das casetas cunha mostra do traballo a prol da lectura e da cultura que desenvolvemos ao longo do ano.
Aquí tedes o enlace ao PROGRAMA da Feira, catro días de actividades que non vos podedes perder.
Vémonos na Feira do Libro!
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2014 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os Clubs de Lectura da BBS na revista EDUGA

Na sección de Bibliotecas escolares do último número da Revista Galega do Ensino, Eduga, publícase un artigo sobre os nosos clubs de lectura. A revista dános a coñecer, nesta ocasión, dezanove experiencias de centros de primaria e secundaria nos que as bibliotecas funcionan activamente e contribúen a dinamizar a vida académica e cultural da comunidade escolar. Agradecemos que contaran con nós para participar na revista e presentar a experiencia dos nosos clubs de lectura.
Convidámosvos a visitar a sección de Bibliotecas da revista para descubrir unha mostra do valiosísimo traballo que se está a desenvolver nas bibliotecas escolares galegas.


Clubs de lectura en primaria. Unha experiencia de lectura compartida


Bibliotecas na Revista Eduga

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 24-07-2014 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ler ciencia
No terceiro trimestre convidamos ás familias a que nos contarades cal era para vós o avance científico ou o invento máis importante pola súa incidencia na nosa vida. Con todas as vosas aportacións preparamos a exposición que presidiu a entrada do centro durante os últimos meses de curso, investigamos nas clases e collimos ideas para continuar lendo ciencia na BBS o curso que vén.
Os móbiles, a roda, os antibióticos, a luz, a linguaxe, o Ventolín... As propostas foron variadas, aquí as tedes en formato dixital.
Grazas pola vosa colaboración!



Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 08-07-2014 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Libros que veñen e van 2014
Libros que veñen e van, á praia, ao monte, ao parque e en días coma hoxe.... ao sofá. Boas lecturas de verán, chova ou faga sol, para tod@s.






Perdón Aitor, non temos foto túa coa bolsa de lecturas de verán, facémola en setembro :-)
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-07-2014 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas