biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Libros que veñen e van 2017



Estas son as recomendacións de lecturas para o verán que mañá levaremos o alumnado e profesorado do Brea Segade.
Abride a publicación en grande para vela mellor e poder escoller.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-06-2017 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
As estacións
A aula de Cuarto levou a cabo este curso un proxecto sobre arte e estacións. Buscaron cadros e fotos que reflectiran as estacións, estudaron as cores e efectos que se empregaban para cada unha delas, aprenderon a reproducir ilustracións a escala, elaboraron bocetos... E como remate agasalláronnos con catro impresionantes murais nas paredes do patio.

Noraboa, Cuarto!


Graciñas por decorar o patio; os vosos murais van aledarnos a vista cada día ao chegar ao cole.
















Podedes ver máis fotos do proceso no seu blogue de aula.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 22-06-2017 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Imos ao teatro!



Martes ás 10 da mañá no Auditorio de Rianxo.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 04-06-2017 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeira viaxe
As Mochilas emprenden esta semana a súa derradeira viaxe. De momento leváronnas Laura e Saúl de 1º e 2º, que xa tiñan ganas despois de todo o curso agardando. Faltan dúas compañeiras de 3º que as levarán mañá.




Aquí están as que nos faltaban. :-)


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-06-2017 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Mesas taboleiro para os escornabots
Outra das novidades que trouxeron os escornabots á BBS son unhas "mesas-taboleiro" nas que poñer en acción o voso inxenio e os escornabots. Son deseño e feitura propios, porque no Brea Segade a cabeza non para e as mans... tampouco :-)
E se a Tino o xuntas con Óscar, pasan cousas tan chulas e tan prácticas coma estas.






Comentarios (0) - Categoría: Escornabots - Publicado o 01-06-2017 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas