biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ler no verán
Aquí tedes as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Lembrade vir á biblioteca buscar os Libros que veñen e van.
Boas vacacións!!!!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-06-2016 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
Última viaxe

Bernardo e Silvia felices coas súas Mochilas Viaxeiras.
A disfrutalas! Xuño é un bo mes para ler, coma todo o ano!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-06-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
A noite das mudanzas
Imos pechando actividades na BBS. O xoves tivemos o último dos contacontos deste curso. Foi especial porque tamén foi a última vez que estas tres contadoras participaban nos Contacontos do recreo como alumnas do cole. Lucía o sol, así que decidimos saír a horta para despedir os contacontos e ás contadoras.
A noite das mudanzas de Pep Bruno e Lucie Müllerová foi o conto escollido. Que as mudanzas que nos van tocar a nós tamén sexan compartidas e divertidas!
Silvia, Laura e Fátima, contamos con vós e os vosos compañeiros e compañeiras de 6º para seguir enchendo de maxia e contos a BBS o curso que vén, sempre que poidades.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-06-2016 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Maio no Brea Segade
Xa estamos en xuño!
Maio deixou na entrada do Brea Segade boas mostras do traballo que se fixo nas aulas sobre Manuel María.
O Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración con todos os demais equipos e departamentos do centro coordinou este traballo, que tivo como resultado o festival das Letras, a decoración da entrada do centro e, fundamentalmente, a descuberta e disfrute da obra Manuel María.

















Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 04-06-2016 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Maruxa
Clara e Ainara foron as contadoras destes martes. levaron a sorpresa de ver que a biblioteca estaba chea de nenos e nenas do CRA de Rianxo que viñeron de visita ese día. Que mellor xeito de coñecer a nosa biblioteca que escoitar Maruxa de Eva Mejuto e Mafalda Milhores por dúas supercontadoras de 2º.
Graciñas Clara e Ainara!









Hoxe no recreo....




Canto público!










Noraboa contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-06-2016 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas