biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Colleita de verán
Hoxe saiu para as vosas casas, xunto cos boletíns de notas, a nosa Colleita de verán. Lembrade que a BBS estará aberta para recoller os Libros que veñen e van entre o 23 e o 30 de xuño. Non deixedes de vir!

Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 20-06-2014 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ata o curso que vén

Hoxe tivemos o último xantar dos clubs de lectura do curso 2013-2014. Xantar, xuntanza para falar do último libro, avaliación, peli e xogos no patio, unha sesión completa!
Estivemos moi a gusto, como estivemos todo o curso e non o imos negar, deunos un pouco de pena pensar que algúns de vós xa non estaredes con nós o curso que vén.
Para tod@s feliz verán e boas lecturas. Grazas por tan bos momentos nos clubs este curso. E para o ano, na BBS ou onde esteades, animádevos de novo a compartir lecturas.... e doces.
Bicos para tod@s






Que ben se come na nosa horta!










Empezamos coa sobremesa!






Empanada de mazá, flan, trufas, pastel!  


Graciñas a todos os reposteiros e resposteiras que nos fixestes o encontro aínda máis doce.

E para os que vos gustou moito a peli aquí tedes vídeo e portada do libro, animádevos no verán.





Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 12-06-2014 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Marcos Mostaza

Despedimos os clubs de lectura deste curso cun sorriso nos beizos.
Marcos Mostaza, un neno de case 10 anos é o protagonista dunha serie de novelas nas que se contan con moito humor historias da vida cotiá. Marcos, a súa familia, amigos e compañeiros de clase compartirán con nós os seus soños, desexos, amores... Pero sobre todo farannos rir coa súa maneira de ver a vida.
Daniel Nesquens é un dos autores que seguimos e recomendamos na BBS, sabemos que as súas obras son garantía de calidade, de bos temas, de moito humor, moito sentido común e moito respecto aos nenos e nenas. Xa sabedes, non deixedes pasar un un libro de Daniel Nesquens sen abrilo e adicarlle uns minutos, veredes como vos engancha.




Para saber máis sobre el:

Daniel Nesquens na Wikipedia

Nesquensmanía
Punto de encuentro (virtual) para el Club de Fans (secreto) de Daniel Nesquens
Comentarios (11) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 12-06-2014 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida dos axudantes
Na primeira semana de xuño remataron o seu traballo os axudantes de biblioteca deste curso.
Grazas a tod@s por tanto traballo compartido na BBS. Gustounos escoitar que fora unha boa experiencia, para nós tamén. Vémonos para o curso ou cando vós queirades, porque temos algúns axudantes que marchan para o instituto. Que sorte van ter con vós na biblioteca do IES Félix Muriel!






Comentarios (4) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-06-2014 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
A casa máis grande do mundo
Leo Lionni e A casa máis grande do mundo puxeron o broche de ouro aos contacontos da BBS deste curso. Iria e Noa, dúas expertas contadoras foron as encargadas de contarnos a historia dunha casa de caracol grande como unha catedral, rechamante como unha torta de aniversario e redonda como un circo. E iso como se move? Vide á BBS e buscade o conto, non vos arrepentiredes!




Grazas a tod@s os que fostes contadores e contadoras na BBS este curso. Foi un luxo escoitarvos, contamos con vós para o curso que vén.









Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-06-2014 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas viaxes das mochilas
As Mochilas Viaxeiras están chegando ao final da súa andaina deste curso. Nalgunhas clases xa pasaron por todas as casas pero nas máis numerosas algúns aínda estaban agardando por elas, e ao final chegaron!




Como anticipo da montaxe completa dos Cadernos de Viaxe aquí tedes algunha mostra do ben que os recibistes nas vosas casas.Xa sabedes que estarán á vosa disposición na entrada ata finais de mes e despois no blogue.




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-06-2014 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas