biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Somos Libernautas
Na última semana de curso recollemos os Pases ao Liberespazo que estaban listos para validar e selar. Cada curso tiña unha caixa na que deixar os pases completos e despois de varios días de emoción e misterio xuntámonos para anunciar que moitos de nós somos Libernautas! E para repartir o agasallo que nos identifica como viaxeir@s do Liberespazo.



Lembrade que a volta do verán podedes traer á biblio os Pases que rematedes de completar nestes meses de vacacións.
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-06-2013 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
María Fumaça

Que ben o pasamos con Uxía Senlle e Sergio Tannus o martes pasado.Cantamos, bailamos, aprendemos temas novos, quedamos con ganas de máis... Todo un luxo! Xa sabedes que podedes levar a María Fumaça para casa, temos dous exemplares á vosa disposición na biblio, para seguir gozando da boa música.






Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-06-2013 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Libros que veñen e van

Xa está todo preparado para que mañá empecen a saír as nosas novas bolsas de lectura de verán "Libros que veñen e van" da BBS ás vosas casas.

A que son chulas?





Non o esquezades, entre mañá martes e o venres 29 de xuño, en horario de mañá, podedes pasar pola biblioteca e encher as bolsas dun máximo de dez títulos: libros, pelis, música... Levade un anaquiño da BBS con vós para o verán. Lembrade que o préstamo facémolo no carné do adulto ou adulta que vos acompañe: pais, nais, avós, avoas, irmás ou irmáns maiores...
Agardámosvos esta semana na biblioteca!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-06-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Libros como a area


Aquí están as nosas recomendacións de lecturas para as vacacións: Libros como a area. Gústanos moito esta expresión tan nosa e tan clara para os que vivimos na costa, pero que desgrazadamente se está a perder, como tantas outras. Por iso desde a BBS aproveitamos para desexarvos para este verán moitas e boas lecturas, tantas como area ten a nosa ría e como palabras e expresións fermosas ten a nosa lingua.


Clica na esquina inferior dereita para velo en grande.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-06-2013 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Fun ao mercado
Unha das nosas favoritas do disco de María Fumaça. Ide practicando para mañá.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2013 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cantar e bailar para ser máis feliz
Mañá subirémonos a MARÍA FUMAÇA. Será ás 11 e cuarto no Auditorio de Rianxo.
Que ganiñas temos de cantar e bailar para ser moi, moi felices!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida dos axudantes de biblioteca

E seguimos pechando actividades na BBS. Nesta ocasión despedímonos dos axudantes deste curso: Raúl, Carla Pedrouzo, Antía, Brais Rodríguez, Alba, Brais Rial, Miguel, Iria, Sergio, Alicia, Dunia, Carla Lorenzo, Joel, Iván e Álex.
Graciñas polo voso traballo e a vosa compaña nos recreos deste curso. Contamos con que os que pasades para sexto continuedes o curso que vén. Moita sorte para os que ides para secundaria.
Aquí os tedes co seu diploma de axudantes da BBS e o noso agasallo para o verán, unha estera para relaxarse e ler na praia ou no monte. Porque o sol e a calor acabarán chegando!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2013 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Abril 2013. Os nosos recunchos de lectura
Comentarios (5) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 11-06-2013 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Contos africanos
Rematamos os contacontos deste curso cun conto africano "El ave mágica que hechizaba con su canto", un dos relatos dun fermoso libro compilado por Nelson Mandela e publicado por Siruela. Mis cuentos africanos é un dos libros favoritos de Pedro e quixo compartilo con nós. Unha boa maneira de poñer o pecho de ouro para un ano cheo de boas historias e de fantásticos contadores e contadoras.
Graciñas a tod@s!
Ide buscando historias para os recreos lectores do curso que vén.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-06-2013 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida do club de adult@s

En maio tamén tivemos a última xuntanza do Club de Lectura de Adult@s. Falamos sobre "El abuelo que saltó por la ventana y se largó" ese personaxe que nos fixo botar máis dunha gargallada a medida que iamos lendo e que nos deu para falar sobre a amistade, a vellez, a nosa historia máis próxima.
Os adult@s tamén avaliamos a experiencia, o noso primeiro ano de club. As nosas valoracións son moi positivas tanto polo que se refire a crear un espazo para compartir lecturas e vivencias como á escolma de títulos que lemos neste meses. Queremos repetir! Así que para o ano agardareos polos Clubs de lectura de grandes e pequenos.
O único malo, nunca nos lembramos de quitar fotos e cando o facemos xa marchou alguén, ai que desastriños!
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 10-06-2013 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida dos clubs de lectura
Aquí temos a reportaxe fotográfica do xantar dos clubs de lectura do xoves 30 de maio. Xantar en grupo, sobremesas deliciosas, xogos, enquisas de avaliación, agasallos, película... Cantas cousas! Que boa idea a de collernos unha tarde sen clase para nós! Foi unha xuntanza estupenda!
Graciñas a tod@s e ata os clubs do curso que vén!
Para os de sexto, un bico e moita sorte! BBS


Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 10-06-2013 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas