biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.


PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES
























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contos para verán
Aquí tedes as recomendacións de lecturas da BBS para este verán. Despois de todo un curso traballando sobre os contos decidimos preparar unha escolma de libros de relatos e contos para as vacacións. Lecturas para acompañar a Libriño na praia da Torre, na de Tanxil, en Carragueiros... ou onde queirades ir a descansar e a gozar do verán.
Boas vacacións e boas lecturas.





E lembrade, entre o luns 25 e o venres 30 as Bolsas de Lecturas de Verán agardan por vós na vosa biblioteca. Vide por elas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-06-2012 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Paula Carballeira na BBS

E chegou o día de coñecer a Paula Carballeira. Leramos algúns dos seus libros, investigaramos sobre ela na rede, ilustraramos e inventaramos poemas... E tiñamos moitísimas ganas de coñecela. Non nos defraudou! Enganchounos cos seus contos, desde 1º a 6º, tanto a alumn@s coma a profes. Poidemos preguntar e preguntar, comentou os nosos traballos sobre a súa obra, falonos de contos de medo, de historias da nosa tradición oral e tamén de contos da lonxana Rusia... Encantounos!
Moitas grazas Paula, un pracer terte na BBS!


Comentarios (22) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-06-2012 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Paula Carballeira
Para saber e ler máis sobre Paula Carballeira.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-06-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Escritores por el Sahara-Bubisher
Queremos compartir con toda a comunidade educativa a carta que a BBS vén de recibir.

Gracias

Somos nós os que estamos encantad@s de poder participar nunha iniciativa tan fermosa. Seguiremos atent@s ao voo do Bubisher.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2012 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Pepiño o ornitorrinco
Tino puxo o broche de ouro aos contacontos do recreo deste curso. E fixoo dunha maneira moi especial, contando un conto escrito por Alba Miranda, que é a súa filla e unha antiga alumna do Brea Segade. Pepiño o ornitorrinco é un conto sobre o importante que é saber quen somos e saber aceptalo e querernos a nós mesm@s. Ten unhas ilustracións coloridas e moi atractivas feitas por Xavi, un amigo de Alba, e se a todo isto lle sumamos un contador de primeira... Un exitazo!
Un exemplar de Pepiño o ornitorrinco xa está rexistrado na nosa biblioteca para que tod@s poidamos volver a gozar con el cando queiramos.
Grazas Alba! Grazas Tino!





E noraboa a tod@s, grandes e pequenos, que participastes este curso nos contacontos do recreo. Vémonos nos martes lectores do curso que vén!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-06-2012 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas