biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Verán de aventuras
"Verán de aventuras, verán de lecturas"
Aquí están as nosas recomedacións de lecturas para as vacacións de verán que xa están a chegar.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-06-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Con Charo Pita
Non poido vir alá por maio cando tiñamos previsto, tivemos que agardar pero de calquera xeito, pagou a pena.
O día 4 de xuño Charo Pita pasou a mañá na nosa biblio. Contou contos sen parar, facéndonos quedar coa boca e os ollos abertos coma pratos a grandes e pequenos. Gozamos coas Velliñas, co Pastel para os enimigos, coa Eiruga larpeira, coa princesa que cultivou honestidade no seu testo, con Babaiaga, ata gozamos co silencio...
E xa ao final da mañá os rapaces e rapazas de sexto, que o ano pasado representaran a súa obra "O piano e o seu sorriso", poideron ter un encontro "en privado" con Charo para falar sobre a experiencia.
Grazas, Charo, encantounos terte con nós!


Comentarios (12) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-06-2010 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Despedimos os clubs de lectura
Pero só até o curso que vén!
O 31 de maio tivemos a última xuntanza dos Clubs de Lectura da BBS. Fixémolo por todo o alto, xantamos xunt@s na escola, tomamos as deliciosas galletas de Nuria, o riquísimo biscoito de Alba e o delicioso brazo de xitano de Marcos e despois vimos a peli "La maldición de las brujas", adaptación do último libro que lemos este curso, As bruxas de Roald Dahl.
Os clubs deixáronnos moi bos momentos, boas lecturas e ganas de continuar o curso que vén.
Queremos agradecer moi especialmente a colaboración de bibliotecas amigas que nos permitiron ampliar as nosas lecturas e facer posibles os clubs: CEIP de Quintela, CEIP de Ponteareas, CPI da Baña e Biblioteca Pública de Redondela. Grazas!




Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-06-2010 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Conto para non comer
Alessandra e Iria foron as encargadas de pechar, por este curso, os contacontos do recreo. Escolleron Conto para non comer escrito por Oli e ilustrado por Andrés Meixide. Despedimos os contos do recreo rindo coas ideas de Antón para non tomar o leite e gozando, unha vez máis, co ben que contan contos os nenos e nenas do Brea Segade.
Quedades desde xa convocad@s para os martes do curso que vén, xa temos algunhas reservas "en firme" para comezar contando contos en outubro.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-06-2010 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas