biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.


PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES




























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O piano do seu sorriso
Aquí temos por fin a reportaxe da obra de teatro O piano do seu sorriso.
O luns 22 un grupo de rapaces e rapazas de 5º representaron unha obra de teatro escrita por Charo Pita e que eles mesmos traduciron ao galego. Trátase de O piano do seu sorriso, un texto sobre músicos e a música, sobre o traballo en equipo e sobre unha pantasma coas ideas moi claras.
Despois do éxito dos de cuarto con Boas noites, esperabamos con ganas o debut dos de quinto e non nos decepcionaron. Noraboa a Julia, Suso, Carlos, Lucía, Alex, Dani, Miguel, Sara e José Luis polo seu traballo e por facernos gozar do teatro unha vez máis. Grazas Charo polo teu texto e polo teu apoio.
E para o curso que vén ... máis teatro, por favor!



Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-06-2009 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxes e lecturas para este verán


Bo verán, boas lecturas e boas viaxes tamén coa imaxinación.
BBS
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-06-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 25 aniversario no Campo Maneiro
- Entre as once e a unha e media xogos populares nas pistas do colexio coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Rianxo.

- Ás dúas xantar e música no Campo Maneiro.

- Ás tres e media obradoiro de instrumentos tradicionais.

- Ás seis partido de fútbol entre antigos alumnos e alumnas.

- Ao longo do día visita á exposición de fotos antigas.

NON FALTEDES!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas suman
Ante a distribución das enquisas sobre a lingua por parte da Consellería de Educación, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalizacion e Dinamizacion Lingüistica elaborarou un tríptico informativo para os pais e nais sobre a importancia do coñecemento dos idiomas e a utilidade do galego.


Convidámosvos a difundilo, compartilo, envialo como adxunto aos nosos contactos... Se o queredes descargar ou imprimir premede aquí.
As linguas suman, non renunciemos a elas, non renunciemos á nosa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2009 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Boas noites
Un grupo de alumnos e alumnas de cuarto representaron para nós a obra Boas noites de Paula Carballeira. A obra fala do medo e dalgúns dos seres que non nos deixan durmir polas noites e fala do tempo dos nenos e as nenas, máis ben do pouco tempo que hoxe en día teñen para enredar. Aínda que estes son temas serios a obra é moi divertida, tal e como puidemos ver grazas a estupenda interpretación de María Dominguez, Adrián, Sintayehu, Isabel, Simón, Gadea, Alicia, María Fernández Insua, Uxía, Iván, María Fernández Quintáns, Teresa e Jose Luís. Encantounos ver teatro de novo no Auditorio María Casares! Noraboa por tan bo traballo!
Xa sabedes, se vos gustou a obra buscade o libro na biblioteca e, como non, premede na portada do libro para ver as fotos.


Boas noites
Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-06-2009 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
De cando a Ciclobiblioteca veu a Taragoña
Eran as doce e dez , o recreo a rematar e a prometida sorpresa sen aparecer... E entón escoitáronse uns timbrazos ao lonxe e pedaleando con ganas vimos chegar ...

- ao carriño dos xeados
- a un repartidor de lambetadas
- a un mago...

Escoitáronse todo tipo de explicacións, pero o certo é que ninguén atinou.
Era Anxo Moure, o atrapacontos, montado na súa Ciclobiblioteca coa que viñera pedaleando ata o Campo Maneiro. Sí, sí, subiu a costa toda coa Ciclobiblioteca. E é que agora sabemos que os contos tamén dan moita enerxía.
Anxo botou o resto do día con nós compartindo eses contos que atrapa por aquí e por alá. Encheu a nosa biblioteca de contos, de bo humor, de sentidiño comun e de moi bos consellos. Deixounos o seu Carballo con botas e moitas ganas de gozar da lectura e da natureza. Como sabemos que vos gustaron os seus contos deixámosvos aquí o enlace á súa páxina Contos Solidarios para que poidades ler algúns máis.

Gústanos moito esta foto con Fran, María, Carla e Diana na Ciclobiblioteca pero se premedes enriba da foto pequena poderedes ver todo o álbum da visita de Anxo Moure.

Anxo Moure e a ciclobiblioteca


Grazas Anxo, encantounos a túa visita.
Comentarios (13) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-06-2009 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas