biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.


PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES
























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ler no verán
Xa pouco nos queda deste curso e desde a biblioteca queremos convidarvos a facer recomendacións de lecturas para os meses de verán.
Son moitos os libros que saíron dos andeis da nosa biblioteca neste curso e seguro que algúns deles foron especiais para vós. Contádenolo e axudádenos a elaborar a guía de lecturas para o verán.
Comentarios (11) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-06-2007 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de María Mariño
Venres 8 de xuño, cen anos do nacemento de María Mariño. Tan só hai uns meses que moitos de vos empezastes a escoitar falar dela, pero neste tempo chegamos a coñecela ben, así que tiñamos que celebrar o seu aniversario por todo o alto.
Toda a escola en movemento. Dez equipos, dez probas, dez minutos por proba e un convite para unha festa de aniversario que conseguir. Houbo de todo: quen e quen?, ilustracións de poemas, poemas para completar e ordenar, cancións que aprender, paredes que pintar, preguntas que contestar, actividades que resolver nos computadores, palabras que representar con mímica... Todos os equipos conseguiron o seu convite para a festa no auditorio María Casares. Alí, Boris, Raquel, Nerea e Jose Ramón recitaron poemas e nos leron A Cantiga da costureira poeta de Xosé Agrelo Hermo.
Rematamos cantando tod@s xunt@s Airiños,airiños aires, musicado por Jose Luis e @s alumn@s de 6º. Escoitar a toda a escola cantar foi moi
emocionante!

E como remate rosca a fartar! Máis fotos na bibliogalería.
Comentarios (7) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 10-06-2007 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Versos que comezan
Dentro das actividades que se desenvolveron na nosa escola nestas últimas semanas ao redor da figura de María Mariño, sumámonos a unha fermosa iniciativa da Asociación Cultural Barbantia " Versos que comezan" que consistía en escribir poemas partindo dun verso de María Mariño.
Non deixedes de ler os poemas que algúns compañeiros e compañeiras publicaron na páxina de Barbantia e se queredes continuade escribindo, as vosas colaboracións seguen a ser benvidas.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 10-06-2007 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Mariña Mariño e as Letras Galetras
No ano 2007 dedícanse as Letras Galegas á poeta, nada en Noia, María Mariño. Con ela queremos comezar unha nova categoría, Letras Galetras, que será unha xanela á que nos asomar para descubrir a riqueza da nosa literatura non só no mes de maio, senón ao longo de todo o ano, e non só por medio dos autor@s homenaxead@s, senón de tod@s aquel@s que nos fan gozar da nosa lingua e a nosa cultura nos seus escritos.
María Mariño acompáñanos nas aulas desde principios do mes de maio. Lemos sobre a súa vida,recitamos e ilustramos algúns dos seus poemas, traballamos na aula de informática coa fantástica proposta de actividades do seminario galán e tamén escribimos os nosos propios versos.
Este ano decidimos alongar a celebración das Letras Galegas e realizar o acto central o día 8 de xuño, coincidindo cos cen anos do nacemento de María Mariño.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 10-06-2007 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas