biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xantar axudantes BBS
O xoves tivemos o último xantar deste curso dos axudantes da BBS: xantar, xogos, peli e avaliación da experiencia e o traballo realizado nestes meses.
Á espera do baleirado dos datos concretos das enquisas que cubristes, destacamos que tanto os axudantes coma o equipo de biblioteca estamos moi satisfeitos coa experiencia e que a vosa colaboración foi imprescindible para a BBS.
Graciñas a tod@s!


E graciñas, Ruth, polo biscoito de chocolate! Estaba boísimo!


XANTAR EN CAMPO MANEIRO
















Biscoito de chocolate! Mmmmm!






XOGANDO COA CDU













Proba superada!

Comentarios (0) - Categoría: Axudantes de biblioteca - Publicado o 28-05-2017 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Teño ganas de...
Marta e Uxía pecharon os nosos contacontos dos recreos deste curso. Escolleron Teño ganas de... de Manuela Olten, unha divertidísima historia coa que tod@s nos identificamos.
Fixéronno xenial e foron un broche de ouro para un curso de bos contos compartidos e fantásticos contadores e contadoras.
Graciñas a tod@ os que contastes contos nos recreos da BBS e aos que viñestes como público. Entre tod@s fixestes, un ano máis, que esta sexa unha das actividades imprescindibles na BBS. Grazas!












Moi ben!!

Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-05-2017 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo





Para non perdelo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2017 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Recta final das Mochilas Viaxeiras



Xa case rematamos! Penúltima viaxe das Mochilas. Así de content@s estaban os afortunad@s ao recollelas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 19-05-2017 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Festival das Letras
O luns celebramos no cole o Festival das Letras, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Música.Puidemos gozar dunha pequena mostra do traballo que ao longo do ano facedes nas aulas de música. Noraboa a tod@s polo ben que o fixestes e por todo o traballo que hai detrás desas pezas que interpretastes. Unha gozada vervos "facer" música e música en galego. Parabéns!






Os presentador@s




Sexto abrindo o festival




Primeiro




Segundo




Terceiro




Cuarto




Quinto




Fabiola e María




Sexto

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2017 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de submarinos



Non volo perdades! Este sábado na B.P.M. Castelao.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-05-2017 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades sobre Carlos Casares
Enlazamos aquí as actividades en liña do Seminario Galán sobre Carlos Casares. Como todos os anos o Seminario Galán elaborou recursos en papel e en formato dixital para que os centros de ensino galegos poidamos achegar aos rapaces/zas a figura do escritor homenaxeado nas Letras Galegas. Como todos os anos, no noso cole estamos a empregar eses recursos, entre outros, nas aulas e pouco e pouco imos coñecendo a visda e a obra de Carlos Casares. Para que poidades poñer a proba os vosos coñecementos sobre el xogando nas casas ou onde vós queirades, enlazamos AQUÍ estas actividades que teñen diferentes niveis de profundidade e dificultade.

Desde a BBS agradecemos ao Seminario Galán o seu traballo e a súa vontade de compartir saberes e recursos.



http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/





Clicade na imaxe e escollede actividades.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 11-05-2017 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
O bardo Abelardo
Este mércores estivo na nosa biblioteca Servando Barreiro caracterizado do Bardo Abelardo para falarnos sobre Carlos Casares e algúns dos seus libros para rapaces. Puidemos ver unha fotomontaxe sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas e redescubrir algunha das súas obras axudados polo acordeón do bardo.










Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 11-05-2017 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
O galo traganoces
Clara e Ainara foron as contadoras desta semana. Escolleron O galo traganoces de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho e contáronnos os apuros dun galo tragón que se atragoou cunha presada de noces.Pero a historia fálanos sobre todo da amistade e do poder da colaboración e o traballo en equipo. Que bo ter amig@s como a galiña, que fixo todo o posible por axudar ao galo.





















Moi ben, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-05-2017 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas en maio
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-05-2017 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Ollobrusco
María e Noelia, a súa nai, estiveron nos recreos lectores esta semana. Contáronnos Ollobrusco de Darabuc e Maurizio A. C. Quarello. Unha viaxe de aventura protagonizada por un rato e os seus amigos lévaos a coñecer ao un cíclope,Ollobrusco e a descubrir a amizade verdadeira, os perigos, o medo... Era un dos contos favoritos de María cando era máis pequena, e tamén nos gusta especialmente na BBS, como toda a obra de Darabuc.
Graciñas, Noelia e María!















Bravo!

Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 03-05-2017 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas