biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xantar e despedida dos clubs

O xoves tivemos a última xuntanza deste curso dos clubs de lectura. Foi un xantar, para despedirnos con tempo e con bo sabor de boca.
Xantamos, xogamos, falamos de libros, avaliamos e vimos unha última peli xuntos, Matilda.
Foi un pracer compartir lecturas e vivencias con vós nos clubs; sempre nos sorprende descubrir o que podemos aprender con vós e sobre vós a partir da lectura. Graciñas!

Aquí tedes a reportaxe fotográfica.

Xantamos en Campo Maneiro.












Ruth trouxonos biscoito






A por el!!




Xogando ás agachadas para baixar a comida.





Listos para volver á biblioteca.




Xogo de preguntas por equipos sobre os libros dos clubs.


























































Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 29-05-2016 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Recta final das mochilas
As mochilas remataron viaxe nalgunhas clases pero tranquil@s,continúan nas máis numerosas, van chegar a tod@s, xa queda menos!





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-05-2016 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os soños na gaiola




Celebremos as Letras Galegas na rúa, con música e poesía!
A Banda da escola de música de Rianxo e os nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez ofrécennos un concerto homenaxe a Manuel María con poemas dunha obra que coñecemos moi ben.
Lourenzo saiu ben cedo para que o día das Letras Galegas sexa aínda máis fermoso. Vémonos no Campo ás 12!
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2016 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas Letras



“A fala”

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

O idioma é a patria,

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

O idioma é o amor,

o latexo, a verdade,

a fonte que agroma

a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer.

Precisamos a língua

se queremos vencer!


Manuel María
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2016 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Valentes!!!
Así de bonita está a entrada do cole cos vosos deseños do Día do Libro.

Noraboa, valentes!






















Comentarios (3) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 07-05-2016 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
XIII aniversario da Banda de Escola de Música de Rianxo
Este sábado ademais da presentación do libro Unha escola nas nubes na Biblioteca Municipal tamén temos que ir ao concerto co que a Banda da Escola de Música celebra os seus trece anos de vida.
Parabéns aos músic@s da banda e moitos anos máis facéndonos gozar da música!




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2016 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Unha escola nas nubes


Sábado 7 de maio ás 12:00.

Presentación do libro "Unha escola nas nubes" a cargo da escritora María José Gulín Rodríguez e Antía Barba Mariño.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2016 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Dulcinea na BBS
Onte tivemos unha visita especial na biblioteca, nin máis nin menos que Dulcinea do Toboso, que quixo celebrar con nós o IV Centenario da morte de Cervantes.
Dulcinea falounos, como non, do Quixote e para facelo precisou da axuda de dous voluntarios que se convertiron en Sancho e Don Quixote.
Raquel Queizás foi a nosa Dulcinea por unha tarde e coma sempre que nos visita, encantounos! Un luxo contar con ela para lembrar a Cervantes e á obra máis universal da literatura española.




















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-05-2016 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 9
Rematamos abril cun novo número, e xa van 9, do Xornal BBS. Tédelo nas vosas casas desde o venres pasado, aquí vai tamén a edición dixital para que chegue a todos os recunchos.

Bo traballo xornalistas!!





Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 04-05-2016 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas