biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Encontro con Ledicia Costas
O mércores 27 de maio coñecemos a Ledicia Costas. Estivo co alumnado de 5º e 6º falando de Escarlatina, a cociñeira defunta e de moitas cousas máis: a súa familias, o seu traballo como avogada e como escritoa, as súas afeccións... É moi faladora e tan divertida e interesante en persoa como nos parecen os seus libros. Pasounos o tempo voando! Se nos deixara poderiamos botar a mañá toda parolando con ela.




Ledicia Costas na BBS










Non perdemos detalle!


Despois de contestar a todas as preguntas que lle fixemos asinounos os libros, un a un, co seu rotulador e selo especial para asinar e escríbindo dedicatorias diferentes para cada quen. Encantounos!
















Grazas, Ledicia, polos teus libros, que tan bos momentos nos fixeron pasar este curso. Grazas polos bos momentos que pasaremos coas túas vindeiras obras. Grazas por contarnos que Escarlatina vai ter unha precuela e grazas por facernos sentir tan a gusto falando contigo.

Grazas, Xerais, por facer posible este encontro.
Comentarios (3) - Categoría: A brincar! - Publicado o 29-05-2015 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con Patricia e Álex
Patricia e Álex viñeron esta semana á BBS para contarlle contos aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Eles traballan na editorial Kalandraka, que tan ben coñecemos na nosa escola e contáron algunha das historias publicadas nesa editorial. Foi unha sesión de contacontos moi especial porque Álex é músico e acompañou as historias que Patricia escollera para nós coa música de diferentes instrumentos. Gustáronnos moitísimo! Pasámolo moi ben escoitando: o Sacapenas, Tío lobo e Once damas atrevidas.
Como podedes ver nas fotos, non só escoitamos, tamén participamos, e moito!
Graciñas a Kalandraka por darnos a oportunidade de gozar dos seus Libros para Soñar e a Patri e Álex por facernos soñar con eles.














Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-05-2015 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Ledicia Costas
Este é o tríptico co que preparamos a visita de Ledicia Costas á nosa biblioteca. Estará co alumnado de 5º e 6º para falar da súa obra e moi especialmente de Escarlatina, a cociñeira defunta, o vindeiro mércores.
Xa nos tarda!



Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 25-05-2015 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Héctor Lorenzo
Este venres tivemos a sorte de recibir na BBS ao músico Héctor Lorenzo, que veu presentarnos algunhas das cancións que formarán parte dun libro-disco que sairá en breve. Os temas nacen de poemas de Raúl Gómez Pato e foron musicados por Héctor.
Cantamos, demos palmas e incluso aprendemos algún dos temas enteiriño. Que boa maneira de rematar a semana!!
Teremos que estar moi atent@s á publicación do libro-disco.



Graciñas ao Consorcio Editorial por traernos a Héctor Lorenzo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2015 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
A figueira de Pelostortos
Que terá esta figueira que aínda que pasen os anos segue a gustarnos tanto e segue a ser escollida para os contacontos do recreo?
Xa levabamos uns cursos sen escoitala pero Paula, Aitana, Uxía, Germán e Lucas nola trouxeron de novo o venres pasado. Foi un contacontos especial pois debutaron Lucas e Germán de 1º acompañando ás súas irmás e Paula de 4ºA. E que ben o fixeron, os cinco!
A figueira de Pelostortos de Ana García Castellano e Mikel Mardones é unha historia baseada nun conto de tradición ora, que parece de medo pero no fondo é moi, moi divertida. Ten unhas ilustracións fermosísimas que parecen cadros e un final que encanta aos nen@s e aos larpeiros.

Graciñas contador@s,queremos escoitarvos de novo o curso que vén.












Comentarios (1) - Categoría: A brincar! - Publicado o 24-05-2015 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Penúltimo sorteo das Mochilas Viaxeiras
Desta vez só sairón cinco mochilas pois hai tres clases nas que xa pasaron por todos os rapaces e rapazas. Houbo que agardar pero finalmente: Tahira, Alonso,Helena, Mateo e Iria levaron as mochilas ás súas casas!
Oxalá vos gusten tanto, tanto como agardastes por elas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-05-2015 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
A princesa do Caurel
Noa e Iria foron as nosas contadoras desta semana. Noa trouxo da casa un dos seus contos favoritos A princesa do Caurel de Patacrúa e Javier Solchaga.
É unha historia rimada e acumulativa que máis que a unha princesa ten como protagonista a un anel.
Graciñas por esta historia que, pese a que nos gusta moitísimo, non temos na BBS.












Aquí tedes de agasallo un vídeo elaborado pola biblioteca do CPI de Mondariz co conto musicado por Almudena Janeiro.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-05-2015 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas

Tomamos a imaxe do grande debuxante galego Luís Davila para desexar a tod@s os que día a día mantedes viva a nosa lingua e a nosa cultura un Feliz Día das Letras Galegas.
Moito ánimo e forza para darlle mil primaveras máis á nosa lingua. BBS


Para ver máis traballos de Luis Davila entrade no seu blogue: O Bichero
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
A escaleira
Fabiola, Julia, Uxía e Paula foron as nosas contadoras desta semana. É que estas rapazas de segundo xa lle colleron o gusto ao de ser contadoras e agora non hai quen as pare. E nós xa lle collemos o gusto a escoitalas!
Escolleron A escaleira de Beatriz Montero e Guridi, unha historia acumulativa cun montón de personaxes e un protagonista, o avó; unha desas historias que non vos podedes perder.









Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-05-2015 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
De como veu a Rianxo unha balea

"Cando eu era rapazote (non quero bota-la conta dos anos que van alá) chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e media da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila, din que era unha balea moi pequena, unha criaturiña de balea. Faladurías, envexa, non saben o que din. Eu non digo que fose coma un consistorio a aboiar pola ría, non son tan argalleiro; pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. E os que non a viron que pechen a boca."

Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste

A visita á Biblioteca Pública Municipal Castelao deunos para falar, debuxar e escribir sobre baleas, escritores, Rianxo...





Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 09-05-2015 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
O oso fabuloso
Andrea, Fátima, Laura e Silvia contáronnos O Oso fabuloso de Fernando Severo, Jose Antonio Abad e Rosa Osuna. Escolleron a historia dun simpático osiño que tiña présa por medrar e xa non quería ir á escola pero que pouco a pouco irá vendo que ser pequeno non é tan malo. Graciñas contadoras por compartir con nós a historia deste osiño fabuloso e fantasioso.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-05-2015 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Recta final das mochilas viaxeiras

Case nin conta nos demos e xa estamos nas últimas viaxes das Mochilas Viaxeiras! Esta semana saíron de novo a casas de compañeir@s que xa adoecían de ganas de levalas: Helena, Lucas, Uxía, Dani, Irene, Paula, Rocío, Andrea e Diego. Os que aínda non as tivestes, tranquil@s, xa queda pouquiño.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-05-2015 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Benvido, maio!

Xestas. Imaxe tomada de Fotos de Rianxo.

Benvido, aínda que veñas cargadiño de chuvia. O sol xa chegará... Porque mirade como lucen as xestas nun día de sol e ceo azul.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 01-05-2015 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas