biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O monstro peludo en Kamishibai
A clase de 4º ofreceunos onte a primeira produción da BBS editora para Kamishibai, unha adaptación de O monstro peludo de Henriette Bichonnier con debuxos elaborados por eles/as partindo do texto e das ilustracións orixinais. 4º, noraboa polos vosos debuxos e pola narración do conto, estivo moi ben!
Comezamos así a nosa propia colección de contos para Kamishibai elaborados por alumnado e profesorado. Agardamos que vaia medrando axiña grazas á colaboración de tod@s.





Anunciando o conto na entrada






Comezamos!









Comentarios (4) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 22-05-2014 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
A casa da miña avoa
Carla, Lía, Miguel e Tania trouxeron un pouco de medo e misterio á nosa biblio e tamén algúns sorrisos. A casa da miña avoa de Pep Bruno e Matteo Gubellini fálanos dun aniversario un tanto especial e de como unha visita á casa da avoa pode ser toda unha aventura. Que boa escolla a destes contadores de 6º!





Anunciando o conto

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-05-2014 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Sete anos!

Estamos de aniversario!
Un 18 de maio hai xa sete anos botou andar o blogue da Biblioteca Brea Segade. Canto temos compartido neste anos! O certo é que mantemos as mesmas ganas e a mesma ilusión que o primeiro día e que seguimos crendo no que expresabamos no primeiro artigo do blogue.
Parabéns a toda a comunidade educativa do Brea Segade polo traballo e implicación que deixa ver este blogue.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2014 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mil primaveras máis para a nosa lingua



As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. (...) Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis'".

(Palabras pronunciadas por Álvaro Cunqueiro na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980)

Campaña de Prolingua de compromiso coa Lingua Galega que se está a desenvolver no mes de maio.

A Biblioteca Brea Segade convídavos a celebrar o Día das Letras Galegas, que é noso, como nosas son a lingua e a cultura. É un día de festa pero tamén de compromiso, porque da nosa actitude na casa, na escola, na aldea,.. no mundo, depende o futuro do galego, o noso futuro.


Por nós o galego terá mil primaveras máis.


Feliz Día das Letras galegas!
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2014 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Solidario Letras Galegas 2014

Comentarios (1) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 15-05-2014 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
A lus do mundo
Un poeta nace ou faise?
Esta pregunta é o punto de partida deste documental no que os rapaces do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz redescubren ao seu poeta, Xosé María Díaz Castro.
Unha nova mostra do enorme traballo desta comunidade educativa para recuperar e poñer en valor a memoria do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 15-05-2014 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Telexornal Díaz Castro
O CPI dos Dices de Rois elabora cada ano un telexornal sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas. Aquí temos o Telexornal Díaz Castro que foi emitido en directo pola TVG o 10 de abril de 2014.

Damos os parabéns ao alumnado e profesorado do CPI dos Dices polo seu traballo e agradecemos o esforzo que fan por divulgar as nosas letras e os nosos escritor@s.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 14-05-2014 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Nadarín
Noelia e Laura enchéronnos a biblio de peixes,de tolerancia e de sentido común, porque nos leron Nadarín de Leo Lionni. Nadarín é unha historia preciosa que deberiamos reler de cando en vez para non esquecer o valor da diferenza, da cooperación e do afán de superación.

Noelia e Laura, grazas por lembrarnos que a unión fai a forza e o peixe pequeno non sempre lle ten que temer ao grande.







Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-05-2014 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
ESA LUS
Máis música para celebrar as Letras Galegas.
Hoxe queremos presentarvos un tema interpretado polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, un centro que está vivindo este curso cunha intensidade especial, non só porque levan con orgullo o nome do poeta homenaxeado, senón tamén porque estiveron implicados e traballaron duro desde hai moito tempo para acadar este recoñecemento para Xosé Mª Díaz Castro. Todo ese traballo está recollido nunha páxina A LUS DO MUNDO. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro, unha lus para compartir e que non para de medrar.
Iremos enlazando máis mostras do seu traballo e de como están a celebrar as Letras Galegas en Guitiriz, pero quixemos comezar poñendolles cara a estes mozos e mozas e mostrándovos como se implican e como poñen en valor e fan atractiva unha figura que pode parecer moi alonxada das modas e dos gustos dos máis novos.

Desde a BBS queremos dar a noraboa ao profesorado e o alumnado do IES Poeta Díaz Castro e agradecerlles o seu traballo para difundir a vida e a obra de Díaz Castro.




Animádevos a cantar!

"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Máis de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1)
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1)
(est 2)
Comentarios (5) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 13-05-2014 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Tere
Tere,a nai de Iago, pechou as sesións de contacontos do Mes dos Libros 2014, que como xa pasou outros anos, se prolongou ata ben metido maio porque na BBS temos moito conto que contar e moitos contador@s que se ofrecen a contalos.
Iago escolleu para súa nai un conto protagonizado por un monstro, e non foi a primeira vez, que Tere xa é toda unha experta en monstros grazas a el.
Caramuñas, de Margarita del Mazo e Charlotte Pardi é unha divertidísima historia de medo, que non dá nada de medo, pero si moita risa, sobre un monstro e unha nena moi espelida.
É unha das novidades que non vos podedes perder.

Grazas, Tere!


Comentarios (2) - Categoría: Familias - Publicado o 13-05-2014 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Penélope
Poesía e música,que boas compañeiras!
Hoxe queremos presentar unha versión dun dos poemas máis coñecidos de Nimbos. Penélope, de Xosé María Díaz Castro, musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os Ventos.
O recitado do comezo do vídeo é do propio poeta e a súa gravación foi cedida por Xulio Xiz.

Fermoso poema e fermosa versión.




Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 12-05-2014 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con ritmo IV
O venres tivo lugar a última sesión de Contos con ritmo para o grupo dos máis pequen@s. Volveu a ser un tempo de perder vergonzas e gañar seguridade, de aprender xunt@s, de xogar, de contar historias e sobre todo de pasalo moi ben. Tod@s, grandes e pequen@s, do primeiro e do segundo grupo, coincidimos en que á experiencia foi preciosa e queremos repetir. Desde a BBS tomamos boa nota.
Grazas, Esther por compartir con nós o teu bo facer e transmitirnos tanta enerxía e ilusión.

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 12-05-2014 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Con Díaz Castro
Paco Nogueiras Nodar ofrécenos á súa contribución á celebración das Letras Galegas, un tema para homenaxear ao poeta Díaz Castro cantando e bailando, como Paco adoita facer. Un novo tema para os siareiros e siareiras de Paco Noqueiras Nodar, que no Brea segade somos moit@s.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 11-05-2014 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Esther
Esther, a nai de Andrea, estivo con nós o venres para contarnos a historia dun pingüín aventureiro que un bo día decidiu saír de viaxe e descubrir outras terras. Tonino de Miguel Salas e Paolo Domeniconi é ese pingüín vivaracho que a moitos de vós seguro que vos gustaría imitar. O libro ten unhas impresionantes ilustracións que convidan a descubrir outras terras e reler a historia cun atlas a man.
Grazas Esther!




Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 11-05-2014 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé María Díaz Castro. Seminario Galán

Para coñecer a figura e a obra do homenaxeado das Letras Galegas 2014, contamos, como todos os anos, co traballo dun grupo de educadores que constitúen o denominado Seminario Galán, que pon a disposición de todos os centros educativos de Galicia materiais para achegarnos á figura do escritor ou escritora que se conmemora. Enlazamos aquí as actividades en liña para os diferentes ciclos.
Desde a BBS agradecemos ao Seminario o seu traballo e o esforzo que fan para poñer en valor as nosas letras e os nosos escritores e escritoras. Graciñas!


Primeiro ciclo

Segundo ciclo

Terceiro ciclo

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 10-05-2014 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas