biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Antonio Reigosa na BPM Castelao

Este sábado ás doce teremos a sorte de escoitar ao escritor Antonio Reigosa, unha das persoas que máis sabe sobre os nosos contos populares, os contos de aquí. É unha estupenda oportunidade para irnos adentrando nun tema sobre o que falaremos e traballaremos moito o vindeiro curso.
A cita é ás doce na Biblioteca Pública Municipal Castelao de Rianxo. Non faltedes.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-05-2011 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Con Ramón Caride
Esta nova sesión dos nosos Encontros co escritor@s foi algo especial, porque ademais de coñecer a Ramón Caride, fomos ata o colexio Ana Mª Diéguez de Asados e coñecemos aos compañeir@s de 1º, 2º e 3º desa escola. Os máis pequenos leran Bertiño rompetodo e os de terceiro As andanzas de Xan Farrapeiro, e todos xunt@s tivemos a sorte de descubrir un montón de cousas sobre como é ser escritor e como naceron Bertiño e Xan.









Comentarios (9) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-05-2011 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Xan Farrapeiro e o muíño dos Lemos
As andanzas de Xan Farrapeiro de Ramón Caride é un dos libros do itinerario lector de terceiro. Lendo as andanzas de Xan aprendemos moito sobre os muíños e quixemos, antes de ter o encontro con Ramón Caride, visitar o único muíño do concello de Rianxo no que aínda moen os veciños e veciñas, o Muíño dos Lemos. Así que o xoves pasado os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos ata Buhía.
Grazas a Ida e Rosa puidemos ver moer o muíño e tamén enfariñarnos un pouquiño. Menuda sorpresa, moi poucos sabían deste muíño. Foi moi doado imaxinarnos a Sonia e Xan alí abaixo no inferno, traballando para o monstro.
Queremos dar as grazas e os nosos parabéns aos veciños e veciñas que aínda coidan deste muíño e do seu entorno e que lle dan uso, porque están a conservar o noso patrimonio.
E moitas grazas Ida, Rosa, Irene e Fiti por nolo ensinar.



Comentarios (10) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-05-2011 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Ramón Caride
Esta semana, despois de meses de traballar cos seus libros, 1º, 2º e 3º de Primaria coñeceu ao escritor Ramón Caride Ogando. Aquí tedes o tríptico preparatorio da visita. Desta vez tivemos que resolver dous crebacabezas e pegalos no tríptico.





Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-05-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Salvando as nosas Letras
Avoa, estoxo, cadeira, anel, colexio...
Tantas palabras que estamos a perder case sen nos decatar, incluso aquí en Taragoña e no Araño onde somos galego falantes. Xa que este ano estamos a salvar libros na nosa lingua, o pasado mércores tamén salvamos palabras. Participamos nun xogo no que cada equipo tiña que buscar pistas agachadas en libros por todo o patio, resolvelas e descubrir palabras que merecen ser salvadas e usadas na nosa fala cotiá. Entre todos os equipos salvamos máis de cincuenta palabras: recompoñémolas letra a letra, pegámolas baixo a pista correspondente e debuxámolas. Agora só temos que usalas día a día!


Comentarios (3) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 22-05-2011 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos salvados
Queremos compartir con vós os libros salvados no Brea Segade. Cada clase salvou dous libros e a biblioteca sumouse cun máis. Só dous, deses dezasete, figuran na escolma das Bibliotecas Escolares Galegas pero no noso blogue queremos que estean todos, porque todos eles son importantes para vós.


Comentarios (1) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 22-05-2011 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Salvando libros na BBS
Comentarios (2) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 21-05-2011 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Na festa de Antros Pinos
Como xa vos anunciaramos, o noso colexio participou na festa das Letras 2011 da Asociación Antros Pinos. O sábado fixo moito, moito vento e despois dos xogos tivemos que entrar no Centro Cultural para poder facer o recital poético e o resto das actividades. Foi mágoa, pero aínda que tod@s preferiríamos telo feito fóra, a festa foi un éxito.

Aquí van unhas imaxes:



O noso agradecemento especial para María e Raquel, dúas das nosas antigas alumnas, que se deixaron liar e tamén recitaron un poema con nós.
Comentarios (2) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 20-05-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2011. SALVANDO LIBROS


SALVANDO LIBROS








Que libro salvarías ti?




Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.




Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.




Maio 2011


Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.



Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí




e algunhas das interesantes cousas que fai aqui




e tamén aquí….




Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade




salvandogrande









1 5
3 2






.








4










.








Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.




Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.




Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 




A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.








Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil




.
















.












 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria




.














.










Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura




.




















 .








  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

















ESTA ENTRADA PROCEDE DO BLOGUE MESTURAS, DO IES SÁNCHEZ CANTÓN DE PONTEVEDRA.

DESDE A BBS NON FIXEMOS MÁIS QUE ENLAZALO. GRAZAS CHARO POR COMPARTIR O TEU TRABALLO, COMA SEMPRE, FERMOSO.
GRAZAS SABELA E Mª DOLORES POLA VOSA COORDINACIÓN, QUE FIXO POSIBLE ESTA INICIATIVA.
GRAZAS JAIME POLOS DESEÑOS E POLA A TÚA XENEROSIDADE.

BBS
Comentarios (2) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2011 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas con Antros Pinos

LETRAS GALEGAS 2011. Porque o día das nosas Letras son todos os días!

Así abre o seu programa de actividades para mañá sábado a asociación Antros Pinos. E como desde o Brea Segade estamos moi de acordo con eles, aceptamos encantados o seu convite para colaborar nas súas actividades das Letras Galegas 2011. Para comezar os nenos e nenas de 1º fixeron o fantástico cartaz que anuncia a celebración. Mirade que guapisimas nos puxeron ás Letras Galegas!
Ademais participaremos cunha lectura de poemas que algúns de vós estivestes a preparar.
E claro, os xogos tradicionais, os monólogos de Xermol@s, a actuación do mago Alán Gholias, o Galeoke e a Gramola Galega non os imos perder!
Así que xa sabedes, mañá a partires das 5 da tarde vémonos en Campo de Pazos. A celebrar as Nosas Letras!


Na Voz de Galicia

No Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
En maio banda deseñada nos clubs

Houbo unanimidade, en maio banda deseñada, tanto na Cabana dos libros coma nos Artistas Lectores. Escollemos a Tintín e Astérix e Obélix para centrar as nosas lecturas. O venres 27 de maio teremos a nosa última xuntanza, neste caso conxunta, antes do xantar do martes 31.

Máis sobre Astérix e Obélix aquí.
A páxina oficial de Tintín (en inglés) aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 08-05-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
A lagoa das nenas mudas
Os artistas lectores leron estas últimas semanas A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey. A historia de Amina e Io encontounos, tamén pasara así na Cabana dos libros, e deu para pensar e falar sobre as diferenzas culturais, de sexos, de capacidades...
Fermosa historia!
"Dá igual de onde sexamos e de onde veñamos, sempre seremos iguais"
Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 08-05-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
A serea da illa negra
Na Cabana dos libros acabamos de rematar A serea da illa negra de Agustín Fernández Paz. É un libro de relatos de misterio, ambientados no mar e no interior de Galicia que nos gustou moito, especialmente o primeiro relato, o que fala da serea. Gústanos sentir ese pouquiño de medo e de emoción que a historia de Sara soubo transmitirnos. E gústanos tamén ler sobre o mar.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 08-05-2011 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
El sueño de Pablo Picasso
Xa estamos na recta final dos nosos contacontos do recreo. Paula e Dunia quixeron sacar á horta un dos seus libros favoritos deste curso: El sueño de Pablo Picasso
Como non soñar tamén nós cunha pomba branca e un mundo mellor!






Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-05-2011 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
Aquí vos deixamos un video resume dos Encontros das bibliotecas escolares do Plan de Mellora celebrados a principios de abril.
Que sorte temos de que a nosa biblioteca estea no Plambe!


Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2011 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas