biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A maxia da palabra
Xa sabíamos da maxia da palabra escrita de Xose Antonio Neira Cruz; descubríramola da man de Violeta, de Jan, de Victoria, de Melanio, de Tano, de María e de todos eses personaxes que nos presenta, cunha grande sensibilidade, nos seus libros.
Hoxe puidemos gozar da maxia da palabra falada. A nosa biblioteca, ao longo de toda a mañá, converteuse nun espazo de encontro entre un creador e comunicador excepcional e uns nenos e nenas curios@s, desex@s de preguntar, de escoitar e de saber. Tod@s, profes e nen@s quedamos marabillados co poder da palabra e encantad@s de ter a oportunidade de escoitala dos beizos de Xosé Antonio Neira Cruz. Grazas!



Comentarios (57) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Antonio Neira Cruz
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-05-2010 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Neira Cruz nos Encontros con Escritor@s

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-05-2010 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro e poesía
Este ano no festival das Letras Galegas teatro e poesía.
A adaptación teatral da Lenda do castelo da Lúa de Rianxo interpretada polo alumnado de 5º e escrita e dirixida por Noelia, a profe de Música, foi todo un éxito.
E de Rianxo viaxamos ao Courel, poñendo voz a unha escolma de poemas de Uxío Novoneyra.

A forza do noso amor, non pode ser inútil.
Uxío Novoneyra.

A forza do noso traballo, do noso orgullo, da nosa cultura e da nosa lingua sementadas no día a día non poden ser inútiles.

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 14-05-2010 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Os mil brancos dos esquimós
Antía, Carla e Alba trouxeron neve á nosa biblio en pleno mes de maio, e iglús e kaiacs e mil tonalidades diferentes de branco. Aínda que as temperaturas están baixiñas para este mes en Taragoña non nevou, así que tiveron que botar man dun álbum de OQO titulado "Os mil brancos dos esquimós" que foi escrito por Isabel Minhós Martíns e ilustrado por Madalena Matoso. Foi sorprendente descubrir que o pobo esquimó ve o seu mundo dunha maneira tan rica e tan diferente da nosa.








Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 14-05-2010 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Letras galegas 2010
Mañá pola tarde celebraremos as Letras Galegas no Brea Segade. O programa da tarde inclúe a posta en escea da Lenda do Castelo da Lúa polo alumnado de 5º, o recitado de poemas de Uxío Novoneyra preparados por alumnos e alumnas de todos os cursos do colexio e a proxección de dúas curtas de animación.
Premendo en Uxío Novoneyra podedes acceder á páxina da Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística que recolle os traballos e materiais que desde diferentes centros e colectivos se foron elaborando ao longo deste curso para abordar a vida e a obra de Uxío Novoneyra. Inclúe tamén unha selección de enlaces a páxinas con información e recursos para afondar na obra do poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2010.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 12-05-2010 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
A máscara do león
A Máscara do león vai dun leonciño que tiña algúns problemas, entre eles que sempre levaba na cara un sorriso enorme e... cando intentaba enfadarse, saíalle a cara riseira. E un dia, o pai pediulle ao picapau, unha máscara terrorifica! A mascara era tan terrorifica, que os seus amigos lle tiñan moito medo.

David Lorenzo 5ºA















David e Óscar contándonos A mascara do león de Margarita del Mazo, editado por OQO.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 04-05-2010 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Un gran soño
Un gran soño de Felipe Ugalde, editado por Kalandraka recibiu o II Premio Compostela para albums ilustrados.
Sintayehu escolleu este fermoso álbum, que conta a historia dun crocodilo que soñaba con medrar e ser alguén importante, para o último contacontos dos recreos do mes de abril. E o crocodilo acabou conseguindoo, se cadra non coma el imaxinaba pero... mellor que o descubrades vos mesm@s porque as ilustracións deste álbum non se poden perder.











Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 03-05-2010 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
O león Kandinga
No mes de abril nos contacontos do recreo presentáronse algunhas novidades que foron premiadas recentemente.Estivemos na sabana da man dun león moi especial: O león kandinga de Boniface Ofogo e Elisa Arguilé, editado por Kalandraka.
Este álbum foi un dos gañadores da segunda edición do concurso internacional CJ Picture Awards na categoría de Novas Publicacións.
Impresionantes ilustracións e sabiduría e tradición oral africanas combinadas nunha das nosas novidades favoritas.


Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 03-05-2010 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Charo Pita na BBS

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas