biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Eu son valente!
Despois dos contos-agasallo dos padriños e madriñas, chegou o momento de elaborar algo xunt@s para celebrar o noso compromiso cos libros.
Eu son valente! foi o lema que empregamos para debuxarnos uns aos outros e recomendar un libro para valentes :-)


































Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2016 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector
Somos valentes, gústannos os libros e gústanos compartilos!
Aquí tedes a reportaxe do apadriñamento lector deste ano. Sobran as palabras, chega con vervos as caras.
Noraboa padriños, madriñas, afillados e afilladas! Foi unha tarde ben bonita!


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2016 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Día do Libro
O mércores 27 celebramos no cole os actos centrais do Mes dos Libros. Como xa vén sendo tradición, a actividade central do día foi o apadriñamento lector, pero non foi o único...

Comezamos coa lectura do manifesto "Os libros son para valentes" de Pedro Feijoo a cargo dos rapaces e rapazas de 6º.
De seguido vimos a curta "A flor máis grande do mundo" de José Saramago, unha desas obras, escritas ou en audiovisual, que paga a pena coñecer, que nos emocionan e nos cambian a vida.

























Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2016 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Continúan viaxe!
Xa lles vai quedando menos, pero de momento as Mochilas Viaxeiras continúan viaxando polas vosas casas.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 28-04-2016 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros son para valentes

FELIZ DÍA DO LIBRO , VALENTES!


Non deixedes nunca de buscar o voso libro, os vosos libros.

Biblioteca Brea Segade




Díptico agasallo da Asesoría de Bibliotecas escolares para celebrar o Día do Libro, texto de Pedro Feijoo.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 23-04-2016 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Manolo da Ponte
Onte tivemos visita na biblioteca, Manolo da Ponte veunos contar contos, ou iso pensabamos, pero cando nos demos conta estaba a contarnos a vida de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e sobre o que xa levamos tempo traballando.





























Graciñas ao Consorcio Editorial por traer a Manolo á BBS.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 22-04-2016 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
No salón do Libro
Este martes un grupo de nenos e nenas do cole visitaron o Salón do Libro de Pontevedra. A vista o Salón sempre é interesante e divertida, a ambientación é impresionante e os traballos dos centros tamén, pero se ademais podemos ver alí a nosa maqueta, o traballo que fixemos entre tod@s... Iso xa é máximo!






Chegamos




Con Orbil




Extravaganza Pérez














A nosa maqueta!






Bichería do Mar de Arousa














Escarlatina e Esmeraldina!




Novo libro de Ledicia Costas!!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2016 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ao Salón do Libro!

Mañá un grupo de rapaces e rapazas do Brea Segade visitará o Salón do Libro de Pontevedra. Atoparán a nosa maqueta? Continuará...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2016 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns, Kalandraka!



18 anos agasallándonos con literatura de calidade en galego. Parabéns e graciñas! Por moitos anos máis.


Entrade AQUÍ na noticia da Voz de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 18-04-2016 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Vira que vira

Nova viaxe das Mochilas Viaxeiras, dez novas casas nas que compartir lecturas.
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-04-2016 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Bebé bigotes
Bebé bigotes de Patacrúa e Alessandra Cimatoribus é unha divertida historia sobre a vellez, a infancia, os soños e o amor.
Sandra, Ruth e Noelia escolleronna para os contacontos do recreo e fixéronnos sorrir con estes vellos tan adorables.




Na entrada, cediño pola mañá








Que atentas!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-04-2016 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Bichería do Mar de Arousa no Salón do Libro



Así de bonita loce a nosa maqueta no Salón do Libro de Pontevedra.
Noraboa, rapaces e rapazas! Moi bo traballo!
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 10-04-2016 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs en abril
O venres falamos de novo de poesía, das lecturas que uns e outros fixemos ao longo de marzo: Manuel María e Paula Carballeira, poetas e estilos moi diferentes, que nos gustaron moito e confirmaron, un curso máis, que a poesía é un xénero imprescindible nos clubs.








Pasamos de novo á narrativa: Matilda de Roald Dahl para os Detectives de Libriño e A encontadora de An Alfaya para os Estoupalibros. Boas lecturas para abril, o mes dos libros!


Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 10-04-2016 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro de Pontevedra

Xa está en marcha! Do 1 ao 23 de abril temos en Pontevedra a cita máis importante co libro infantil e xuvenil. Bo comezo para o Mes dos Libros! Consultade o programa e animádevos a ir en familia. Co cole tamén iremos, paciencia :-)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2016 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas