biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abril


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Chelo e Andrea
Hoxe rematamos abril contando contos en familia, que mellor maneira! Andrea e a súa avoa, Chelo, leronnos A cociñeira do rei de Soledad Felloza e Sandra de la Prada.
Mencia, quen acabará sendo a cociñeira do rei, ten o segredo para unha boa dieta: o ben feito sempre é de proveito, pero se ademais, é aderezado con ilusión, agarimo e alegría, difícilmente pode saír mal. Fermosos ingredientes para calquera receita na cociña, na escola, na biblioteca...na vida.


Un bo conto sempre é de proveito pero se ademais é contado con ilusión, agarimo e alegría por unha avoa e unha neta, o resultado é unha marabilla, como a que presenciamos hoxe no recreo na BBS.

Graciñas Chelo, graciñas Andrea!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Nós, lemos e ti?

Ao longo do mes de abril na entrada do cole, xusto en fronte da biblioteca, foron aparecendo fotos e textos que falan da lectura e dos nosos libros favoritos.
Nós lemos, é ti? é o título da exposición que a BBS organizou este curso para conmemorar o mes dos libros. A idea partiu da convocatoria da OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil) e a súa sección galega Galix, para o 2 de abril, na que participaron varias clases do centro. Como xa é habitual pedimos a colaboración das familias e como sempre, as familias colaborastes, graciñas!
Aquí temos algunhas imaxes do que podedes ver na exposición, cando a recollamos elaboraremos un libro dixital para que poidades vela con maior detenemento.






































Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Yoli e Tíffani
A BBS segue enchéndose de contos cada recreo neste mes de abril. Desta vez foron Tíffani e a súa nai, Yoli. Escolleron un dos contos favoritos de Tíffani, Verlioka de Patacrúa e Magicomora. Como non lle vai gustar? É unha historia acumulativa na que unha serie de personaxes axudan a un avó a darlle unha lección moi divertida a un xigante abusón.
Graciñas, Tíffani, graciñas Yoli! Foi unha gozada vervos e escoitarvos ás dúas contar o conto man a man.

Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos libros xigantes
Xa temos na entrada da biblioteca os catro libros xigantes cheos dos protagonistas que vos imaxinastes e deseñastes o día 23. Montámolos en tempo record grazas ás axudantas de biblioteca que se puxeron mans á obra co pegamento.
Quedaron chulísimos! Están cheos de personaxes de: Contos de medo, Contos de aventuras, Contos de humor e Contos de Ciencia Ficción.A gora temos que ir enchéndoos tamén de contos de cada un dos xéneros. Animádesvos?








































Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Papán
Os nenos e nenas de 2º prepararon para a última semana do mes dos libros un conto dramatizado. Era a primeira vez que contaban todos xunt@s un conto nos recreos da BBS e fixérono de marabilla. Escolleron Paco Papán de Patacrúa e Evelyn Daviddi, unha divertida historia sobre un rapaz un pouco pasmón que nos fixo sorrir e ... rir. Repartiron personaxes, trouxeron decorados, practicaron diálogos... Traballaron un montón e ben que se notou!



Graciñas 2º, encantounos!


Temos un agasallo para vós. Mirade que versión máis chula da canción de Almundena Janeiro atopamos.


Comentarios (1) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 30-04-2015 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
Rochas e minerais
Rafael Varela, o avó de Tahira de 1º é un estudoso e coleccionista de rochas e minerais. Durante os últimos meses tivemos na escola unha mostra da súa colección e puidemos visitala con el e aprender moitas cousas que descoñeciamos sobre as rochas e minerais.

O luns 27 pola tarde dou unha charla para as familias que puideron, así, vistar a mostra da man de quen mellor lla podía ensinar.

Graciñas, Rafael, pola túa xenerosidade, o teu tempo e o teu saber.

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 30-04-2015 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Libro na BBS
Aquí tedes a reportaxe en imaxes do que foi o Día do Libro no Brea Segade. Ben se ve que foi un día fermoso no que compartimos contos, deseños, conversas... Noraboa a tod@s por facer posible que resultara así de ben.



Comentarios (6) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 27-04-2015 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento lector: preparativos
Os padriños e madriñas (4º,5º e 6º) escolleron os contos para os seus afillad@s, practicaron a lectura e deseñaron e elaboraron postais para felicitar o Día do Libro aos nenos e nenas de 3º, 2º e 1º. Moito traballo e moitas ganas de facelo ben para ter un bo agasallo para os afillados/as.


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 27-04-2015 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DO LIBRO






FELIZ DÍA DO LIBRO!
BBS
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 23-04-2015 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Antonio e Héctor
As familias seguen enchendo a BBS de contos para celebrar o mes dos libros. Dá gusto!
Hoxe foron Héctor e o seu pai, Antonio. Trouxeron un libro que non temos na biblioteca "Cuentos para soñar" da editorial Susaeta e escolleron un dos relatos "El último juguete".

Grazas Antonio e Héctor!



Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 23-04-2015 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando...

As nosas Mochilas Viaxeiras están xa entrando na recta final. Os que aínda non as tivestes nas vosas casas non desesperedes, xa queda moi pouco para que as recibades.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-04-2015 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros préstamos para adult@s

Xa comezaron os prestamos para adult@s; levamos 8 nun só día! Non sabedes o gusto que nos dá. Animádevos!
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 22-04-2015 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Vero e Andrea
Hoxe estivo con nós Vero, a tía de Andrea. Entre as dúas contáronnos Ratalinda de Compostela de Bernardino Graña. É un conto rimado que xa é un clásico da literatura infantil en galego e que cada vez que o escoitamos nos gusta máis; sobre todo hoxe con dúas contadoras de primeira. Vero nunca contara contos na BBS pero seguro, seguro, que ha volver.

Graciñas, Vero e Andrea!




Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 20-04-2015 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo Hermo, Premio Nacional da Crítica
Hoxe temos que facernos eco dunha boa nova para as nosas letras, para a poesía e para Taragoña.
Gonzalo Hermo, poeta de Taragoña, ven de gañar o Premio Nacional da Crítica de poesía en lingua galega pola súa obra Celebración.
Gonzalo é un dos escritores incluído na publicación Creadores de Rianxo, levada a cabo dentro do proxecto Rianxo fala, dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel, O CRA de Rianxo e o CEP Brea Segade.

Noraboa, Gonzalo!


Gonzalo Hermo en Creadores de Rianxo.

Foto de Daniel Duarte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2015 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas