biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 de abril





Mañá,pola tarde ás 7 e media está convocada unha concentración veciñal para cantar Grândola xunto a estatua de Castelao.
Fermosa iniciativa á que nos sumamos desde a BBS. Animádevos a asistir, hai motivos!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-04-2014 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ler ciencia na biblioteca escolar

O Día do Libro lanzamos ás familias unha nova proposta de colaboración, enmarcada nas actividades do mes dos libros, pero que se desenvolverá ao longo de todo o trimestre, pois contamos teña continuidade nas aulas.
Ao abrigo do tema proposto este curso pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e complementando o proxecto da BBS deste curso sobre agricultura sostible e familiar, metémonos de cheo no mundo dos inventos, experimentos e avances científicos.

Imos...

Ler Ciencia na BBS


e queremos que toda a comunidade escolar se implique.





Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2014 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Marcapáxinas Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor/a
Como xa vén sendo habitual nos últimos anos,a Asesoría de Bibliotecas Escolares agasállanos no Día do Libro cun marcapáxinas cun texto dun autor galego adicado ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión o texto é O libro de Paco Martín.

GRAZAS!

Marcapaxinas Paco Martin

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2014 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
As mochilas en abril

O Día do Libro, dez casas do Araño e Taragoña recibiron unha mochila viaxeira que transportaba un "anaquiño da BBS" para compartir.
O noso desexo:
Felices libros para tod@s, todos os días do ano!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-04-2014 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Que estamos a ler nos Clubs?
Nestes días de descanso os Clubs voltan ler narrativa, despois dun mes de lectura de poesía. O Pozo dos Libros está a ler As vacacións de Saida de Eva Peydró e Os Gardiáns e Gardiás dos libros están a ler Queres ser o mozo da miña irmá? de Maite Carranza.


As vacacións de Saida


Fernando, un cativo ao que non lle gustan as verduras nin os cambios, vivirá un verán diferente cando chega á súa casa Saida, unha rapaza saharauí, en acollida de verán.

Saida vén dun país de area e haimas, onde o mar é un soño e a liberdade, un anceio. A súa presenza na casa vai servir para coñecer a fondo outra maneira de vivir, outra cultura.





Ficha de Eva Peydró na Editorial Galaxia.








Queres ser o mozo da miña irmá? de Maite Carranza

"Eu son Alicia e teño un problema que se chama Sonia. Sonia é a miña irmá e maltrátame desde que nacín. Leva once anos maltratándome día e noite, pero non a meten no cárcere porque é unha menor e non lle poden facer un xuízo, coma ós nazis, por torturar persoas inocentes. E aínda por riba, segundo os meus pais, todo é moi normal, porque resulta que Sonia é unha adolescente e iso xa o xustifica todo."

Entra na páxina de Maite Carranza


Tamén pode visitar a súa entrada na Wikipedia.
Comentarios (10) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-04-2014 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs de lectura. Abril

O xoves 10 tivemos o xantar do segundo trimestre dos Clubs de Lectura da BBS, desta vez con sol, así que puidemos comer na horta. Como xa é tradición tivemos sorpresas na sobremesa, tortas e cupcakes de chocolate que trouxeron Tania, Nerea e Paula. Riquísimas!
Despois de xantar puxemos a proba a nosa memoria sobre o que levamos lido nos clubs, cun xogo por equipos con preguntas e probas sobre os libros e os autores.Para rematar, xa que estivemos lendo sobre o norte de África e sobre a convivencia de diferentes culturas e razas, aproveitamos para ver Azur e Asmar, unha película de Michael Ocelot que nos fala de diversidade cultural, de tópicos e prexuizos e de entendemento entre pobos diferentes.






Para ver o trailer de Asur e Asmar clica AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-04-2014 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación As Crónicas de Bran
Rematamos unha semana chea de actividades na BBS cun acto literario musical que agardabamos con ganas, a presentación das Crónicas de Bran de Xosé Duncán.
Abriron o acto Barahunda (Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro)coa colaboración de José Luis na percusión. A música deu paso á intervención de Xosé Duncan que nos levou da man polo mundo máxico das Cronicas de Bran, desvelándonos datos sobre os personaxes, a ambientación,a trama e o proceso de creación da triloxía. Escoitar a Duncan falando da súa obra permite entender canta paixón e traballo hai detrás das Crónicas e leva directamente a desexar coñecer o mundo de Bran.
Na presentación tamén poidemos ver algunhas das impresionantes ilustracións de José Ángel Ares para A porta de Annwn.


Grazas a Barahunda, a José Luis e a Duncan por encher a BBS de tanto talento e agasallarnos co seu bo facer e cun acto tan fermoso.




Foto de Antón Castro. Fotos de Rianxo






Agradecemos a Xoán Antón Castro a crónica do acto que aparece en Fotos de Rianxo.
Comentarios (1) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 16-04-2014 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con ritmo II
O venres 11 rematou o obradoiro de Contos con ritmo para a primeira quenda. Xa estamos feitos uns actores/actrices e contistas de primeira: cámara rápida, cámara lenta, pausa dramática, historias inventadas, moitas risas, moito ritmo, moi pouca vergonza e moi bo ambiente! Éxito total!
Os pequen@s terán que agardar á volta das vacacións para pasalo tan ben e aprender tanto coma os grandes. Seguro que a espera paga a pena. Graciñas Esther!


Comentarios (4) - Categoría: Familias - Publicado o 16-04-2014 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 4
Aquí tedes o cuarto número do Xornal BBS, publicado no mes de abril e que está nas casas do Araño e Taragoña desde o venres 11.


Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 16-04-2014 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Os nenos e nenas do CRA visitan a BBS
O venres tamén tivemos unha sorpresa, viñeron de visita os nenos e nenas do CRA, que estiveron plantando árbores no Campo Maneiro.
Cuarto exerceu de anfitrión, ensinoulles a biblioteca e contoulles os contos que se contaran nos recreos desa semana.
Gustounos moito recibir aos nosos veciños do CRA! Teñen que repetir a visita!


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
A pomba Dona Paz
Iria e Noelia puxeron o "broche de conto" aos nosos recreos lectores do segundo trimestre coa Pomba Dona Paz de Ramón Caride e Pepe Carreiro. A pomba Dona Paz deixanos unha mensaxe de esperanza e moito traballo por diante para os nenos e nenas do mundo. Coa BBS chea de vida e de actividades das que vós sodes protagonistas nós tamén nos sentimos optimistas.




Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Rianxo fala. Historia do Galego

O noso centro forma parte xunto co IES Félix Muriel e o CRA de Rianxo dun proxecto de innovación en dinamización lingüística denominado Rianxo Fala. Son moitas as accións que se engloban en dito proxecto, tal e como se recolle na súa páxina web e cada centro e nivel educativo realiza parte delas. O xoves pasado uns rapaces e rapazas do IES viñeron compartir co alumando de 3º e 4º o seu traballo sobre a herdanza histórica e cultural, e máis concretamente sobre as orixes da nosa lingua. Esforzáronse por preparar unha presentación atractiva e axeitada ás idades do noso alumnado e, como podedes ver nas imaxes, conseguírono.
Sentímonos ben orgullos@s deste proxecto en común, das posibilidades que nos abre para colaborar con centros veciños e para traballar sobre a nosa identidade lingüística e cultural.






Grazas aos rapaces e profes do IES que compartiron con nós o seu tempo e o seu traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamento Lector 2014
Aquí tedes en imaxes aos padriños e madriñas en acción, compartindo contos cos seus afillados/as e preparando con eles/as libros voadores que encherán a BBS de cor.


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o Día do Libro Infantil
Escollemos o último mércores do trimestre para celebrar o Día do Libro Infantil, unha das datas especiais do mes dos libros e da BBS, porque nese día adoitamos realizar o Apadriñamento e Amadriñamento Lector.
Abriu o acto a curta The fantastic flying books of Mr Morris Lessmore, unha fermosísima historia que xa presentaramos no blogue hai un tempo pero que nunca visionaramos xuntos. Seguro que os libros voadores de Mr Morris Lessmore seguirán dando que falar na nosa biblio á volta da Pascua.



Como xa vén sendo habitual aproveitamos ese día para divulgar o cartel e manifesto que cada ano a IBBLY elabora para conmemorar o 2 de abril. Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 4º os que puxeron voz á Carta aos nenos do mundo da escritora irlandesa Siobhán Parkinson.
E despois... O Brea Segade encheuse de contos e de madriñas, padriños e afillad@s lectores.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 15-04-2014 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Contador@s do IES Félix Muriel
O mércores 9 de abril foi un día especial no Brea Segade. Ao longo de todo o día celebramos "como máis nos presta" o Día do Libro Infantil: contando contos. A nosa escola encheuse de contos e contador@s de todas as idades.
Comezamos co anuncio dun libro de poemas para o recreo cuns contadores "descoñecidos" que segundo nos dixeron uns axudantes de biblioteca de 5º, virían desde o IES Félix Muriel.





Parece unha rosa de Rosalía de Castro e Isabel Pintado era o conto escollido e despois de que o anunciaran polas clases, a BBS encheuse para ver quen eran eses contadores "grandes".


Jenni (que sí era unha cara coñecida na BBS) e Raúl recitaron Parece unha rosa e despois, como viron que nos gustara e queríamos máis, Miriam (outra cara coñecida) e outra Jenni se animaron a contarnos Moncho e a mancha de Kiko da Silva.

E, por se isto fora pouco, as clases de 1º, 2º, 3º e 4º recibiron contadores e contadoras na Hora de Ler con máis contos preparados para compartir con nós no IES Félix Muriel. Encantounos! menudo agasallo para a nosa celebración do Libro Infantil!















No blogue de terceiro e cuarto recolleron a visita das contadoras do Félix Muriel na Hora de Ler. Podedes velo aquí.


GRAZAS A TODOS OS RAPACES, RAPAZAS E PROFES DO FÉLIX MURIEL QUE NOS AGASALLASTES CON CONTOS E CO VOSO CARIÑO. SABEDES QUE PASADES A SER CONTADOR@S OFICIAIS DA BBS E QUE PODEDES VOLTAR SEMPRE QUE QUEIRADES E POIDADES.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 14-04-2014 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas