biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na BBS tod@s contamos: Esclavita
O venres tivemos un conto rimado que falaba dun terrible pirata: O pirata pata de lata. Contóunolo Esclavita, a nai de Sergio, que nos deixou a tod@s coa boca aberta vendo o ben que recitaba esta divertida aventura.

Grazas Esclavita!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 28-04-2012 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Amparo
Hoxe Amparo, leunos Pinocho, un clásico que ten moitos admiradores, entre eles Brais, que estaba encantado coa contadora e co conto. Nós tamén.

Grazas Amparo!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 26-04-2012 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Libros para adult@s
Neste mes de abril decidimos coidar tamén aos nosos lectores/as adult@s e ofertar na nosa biblioteca máis libros para el@s. Coma noutras moitas actividades contamos coa axuda e a complicidade da Biblioteca Pública Municipal Castelao, que nos deixou en préstamo un feixe de boas lecturas, escollidas con cariño por Sofía, que entre abril e xuño estarán á vosa disposición na BBS.
Convidámosvos a que botedes un ollo e escollades algún título para comezar a ler nesta última semana de abril. Os préstamos podedes vir a facelos vós mesm@s na biblio ou encargarllos aos vosos fill@s.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-04-2012 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Isaura
E seguimos enchendo os recreos da BBS de contos e de fantásticas contadoras! Hoxe estivo con nós Isaura, a nai de Miguel, contándonos como enredar e enredar para non tomar o leite antes de ir durmir.

Grazas Isaura!

Comentarios (1) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 25-04-2012 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Pili
Hoxe tivemos no recreo a visita dunha ninfa dos bosques que nos contou unha historia moi especial: Unha lenda de outono. A historia tiña como protagonistas a un grupo de nenos e nenas da escola de Outeiro que nos resultaron ben coñecidos: Miguel, Carla, Ruth, Gloria, Paula, outro Miguel, Nico... Todos eles están xa no Brea Segade, pero cando eran máis pequenos protagonizaron un conto que inventaron na casa de Aida e Miguel e que sucedía na súa escola. Hoxe Pili, a ninfa dos bosques, leu para nós este conto inventado, manuscrito e ilustrado en familia e ensinounos un novo exemplar, recén saído do prelo para poder estar hoxe na nosa biblioteca.

Grazas Pili!





Comentarios (1) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 24-04-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Conchi
Conchi, a nai de Irene e César, estivo hoxe na nosa biblioteca para traernos un novo agasallo, a lectura de Croco. Como nos está gustando este abril cheíño de contos!

Grazas Conchi!

Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 23-04-2012 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Os ríos da vida
As Bibliotecas Escolares de Galicia recibimos no Día do Libro e dos Dereitos de Autor, un agasallo especial, un texto de Agustín Fernández Paz que se inclúe nun marcapáxinas editado pola Asesoría de Bibliotecas escolares da Xunta de Galicia.
Os ríos da vida é o título do fermosísimo texto escrito por Agustín Fernández Paz para commemorar o 23 de abril.


Feliz Día do Libro!

Felices lecturas os 365 días de cada ano das nosas vidas!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2012 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Yolanda
Yolanda, a nai de Borja, estivo con nós no recreo do venres para lernos un clásico que sempre gustou e segue a gustar: Os tres porquiños.




Grazas Yolanda!
Comentarios (4) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 22-04-2012 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
La biblioteca de Guillermo
"De repente, la pequeña biblioteca de Guillermo se ve enriquecida por un misterioso libro que parece dotado de vida propia. Y el chico comprueba una vez más que, efectivamente, las mayores aventuras están en los libros. O a su alrededor"

Carlo Frabetti xa nos falou de lectura e aventuras na súa obra El libro de Guillermo, que lemos no Club a principios de curso. Neste mes dos libros volvemos a atoparnos con Guillermo para descubrir máis motivos para ler, máis misterio e aventura entre as páxinas dos libros. Agardamos que sexa boa escolla para o noso Club neste mes dos libros.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 22-04-2012 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Máis Matilda

Matilda está a ser sen dúbida un dos libros que máis gustou no Club do Libro Aberto. Aquí temos algunhas das anotacións nas carpetas dos membros do club.
"O libro foi moi bonito. A miña personaxe preferida foi Matilda. E a miña escena favorita foi cando a señorita Honey adoptaba a Matilda mentres o pai, a nai e o irmán de Matilda marchaban a España. A trasnada que máis me gustou foi o sombreiro con supercola. Miña nai veu a película e dixo que era moi bonita. Finalmente o poder de Matilda de mover as cousas cos ollos mola moito aínda que é imposible! Intenteino e non fun capaz, pero paréceme que solo é poñerlle un pouco máis de concentración e atención." Irene Fernández
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 22-04-2012 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS tod@s contamos: Tino
Tino foi o encargado de abrir as nosas sesións de contacontos do mes de abril, e foi unha apertura de luxo! O seu conto viña de moi cerca, de Asados, e acababa cunha pregunta que nos fixo pensar. Seguro que O can forasteiro aínda nos dará que falar.

Grazas Tino!


Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 17-04-2012 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
O meu conto favorito
Cal era o conto preferido dos vosos avós e avoas, dos vosos pais e nais, dos irmáns ou irmás maiores...? Botádelles unha man para lembrar e para ilustrar.

Conto favorito
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 16-04-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Mes dos libros na BBS
Queremos que en abril a BBS se encha de contos, contamos coa vosa axuda.


Convite familias
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 16-04-2012 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Abril

Con abril chegan á nosa biblioteca, como cada ano, actividades para celebrar o noso compromiso coa lectura e cos libros. Un compromiso que coidamos con mimo ao longo de todo o curso desde a biblioteca, desde as clases, desde as casas... Pero en abril damos un paso adiante e fachendeamos con máis ganas desta nosa paixón pola lectura e pola cultura e convidamos a tod@s a fachendear con nós.
O punto de partida deste mes dos libros, o Día do Libro Infantil e Xuvenil, colleunos na Pascua, pero nós celebraremolo igual ao longo do mes.

Este é o cartel que a Oepli , Organización Española para o libro Infantil e Xuvenil, difundiu este ano para promover os bos libros infantís e xuvenís.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 16-04-2012 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
2012. Ano Celso Emilio Ferreiro

En marzo a nosa escola arrecendeu a poesía e aínda segue a arrecender. Este ano o noso mes da poesía xirou en torno á vida e á obra de Celso Emilio Ferreiro.O equipo de biblioteca preparou unha escolma poética. Lémolo nos Clubs, cantástelo nas clases de Música, lémolo nas aulas e o último día do segundo trimestre xuntámonos na biblioteca ao redor da música e da poesía. Aquí vai unha primeira mostra do noso traballo sobre Celso Emilio, irémola completando.






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas