biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Terceiro trimestre e mochilas

Xa estamos no 3º trimestre!
Entramos na recta final, tamén das Mochilas Viaxeiras. Tranquil@s, se aínda non a levastes a casa xa queda menos. Onte saíron as últimas mochilas de marzo, en quince días repetimos sorteo.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 31-03-2016 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Día da poesía

No colexio celebramos o Día da Poesía o 18 de marzo, os rapaces e rapazas dos Clubs de Lectura da BBS prepararan "poesías-agasallo" para todo o alumnado da escola e na mañá do venres repartíron a cada clase un sobre decorado enchido de poemas. Os poetas escollidos foron Manuel María e Paula Carballeira, xa que nos clubs lemos Os soños na gaiola e Contatrás II,I.





Repartindo poesía nas clases








Feliz Día da poesía







Que hai dentro?




Poesía!








Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-03-2016 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Bicherío do mar de Arousa para o Salón do Libro Infantil de Pontevedra 2016
O noso colexio volve participar no Salón do Libro de Pontevedra. Canta bichería! é o lema deste ano e nós decidimos traballar sobre bechos da Ría de Arousa e levar unha maqueta que represente o noso medio mariño máis próximo.
Aquí nos tedes orgullos@s cos nosos libros, que teñen moito traballo e moitas aprendizaxes detrás. Gardamos o segredo da maqueta no seu conxunto ata o venres 1 de abril, cando se inaugura o Salón. Seguiremos informando...






















Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-03-2016 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs: poesía e cine
O xoves pasado tivemos o segundo xantar-xuntanza dos clubs deste curso. Desta vez xa puidemos xantar fóra, empézase a notar a primavera... Pero os biscoitos que nos trouxeron César creo e Ruth, tomámolos dentro para non perder nin migalla.
Que bos estaban! Graciñas!





Detectives de Libriño e Estoupalibros




Ummmm!


Despois do xantar falamos de poesía, dos libros de Manuel María e Paula Carballeira; máis que falar recitamos,compartimos os nosos poemas favoritos, que son moitos, porque os dous libros gustaron moito.













Antes de ver a peli, preparamos os nosos agasallos para conmemorar o Día da Poesía, que é o 21 de marzo pero que nos celebramos o venres 18. O obxectivo: encher o cole de poesía; preparamos para cada clase recibiu un sobre cheo de poemas, un por neno/a, escollidos e decorados por nós.



Rematamos o encontro con Manolito gafotas e xogando xunt@s no patio.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-03-2016 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Dinosaurio Belisario
Hoxe tivemos o últimos dos contacontos do segundo trimestre. A clase de sexto contounos Dinosaurio Belisario de Pepe Cáccamo e Carles Arbat. É unha divertida historia rimada na que un dinosauro abusón e ditador é vencido pola forza de milleiros de rapaces e rapazas que protestan contra o seu xeito de gobernar.
Os rapaces e rapazas de sexto recitaron o conto para nós e fixéronno así de ben:


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-03-2016 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía nos clubs de lectura

Marzo é o mes da poesía e os nosos clubs de lectura xa están léndoa e argallando algo para o último día de trimestre.

Estamos a ler a Manuel María e a Paula Carballeira: boa combinación e bo contraste!
Seguiremos contando...



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 06-03-2016 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas de marzo

As últimas mochilas do inverno saíron este mércores para acompañarvos nestes primeiros días de marzo, que están a ser ben fríos.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 06-03-2016 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha eiruga moi larpeira
Esta semana tivemos un grupo de contadoras de 2º: Tifani, Ainara, Alexia, Helena e Clara.
Xa non é a primeira vez que participan nos contos do recreo e iso, claro, notouse, fixérono de marabilla!
Escolleron un clásico que coñecemos en galego e en inglés e que nunca nos cansa Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle. Dá gusto ver e escoitar á nosa canteira de contador@s.













Comentarios (0) - Categoría: A brincar! - Publicado o 06-03-2016 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Flores para Rosalía
Saiu o sol! E puidemos plantar as nosas flores do Día de Rosalía.



























Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2016 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Que estamos lendo nos clubs?
As últimas lecturas dos clubs leváronnos á busca dun tesouro nun barco pirata e ao barrio de Carabanchel, a coñecer unha familia "máis ou menos" corrente.



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-03-2016 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas