biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alicia no país das marabillas

Como non podía ser doutro xeito, despois de ler este trimestre Prohibido ler a Lewis Carrol de Diego Arboleda, desde os Clubs da BBS animamos a ler a Lewis Carroll e ver a fantástica adaptación de Alicia no país das marabillas de Tim Burton.
Esta foi a nosa peli do xantar dos clubs; como nos gustou!

Clica AQUÍ para escoitar a banda sonora.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 31-03-2015 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
2º Xantar dos clubs de lectura



Rematamos o segundo trimestre e os Clubs de lectura da BBS, como non, tivemos a nosa segunda xuntaza-xantar. Non faltaron os doces especiais, desta vez, biscoitos, que trouxeron Nerea, César e Irene. Graciñas!!!




En marzo lemos poesía e os clubs fomos os encargados de preparar o recital poético co que conmemoramos o Día da Poesía o venres 27. Así que despois de xantar puxémonos mans a obra para preparar os nosos agasallos poéticos para todas as clases (sobres e poemas decorados, poemas recitados...)














Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 31-03-2015 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Visita dos alumn@s do IES Félix Muriel
O mércores a primeira hora un grupo de axudantes da BBS anunciaron que no recreo habería conto, pero que non se sabía quen serían os contadores ou contadoras.





Así que no recreo fomos á biblio a escoitar O xigante do pantano e resolver o misterio do@s contador@s.




Lara, Alba e Jenni



Misterio resolto!

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Félix Muriel viñan a nosa escola a contarnos contos.
Que sorte tiñamos!
No recreo as contadoras foron Lara, Alba a e Jenni e despois, na Hora de Ler, todas as clases recibiron a rapaces e rapazas do Félix Muriel que nos agasallaron coa lectura dun conto.





Na BBS




Lara con O xigante do pantano




Alba e Jenni con Feroz, o lobo






Nas clases, na Hora de Ler.




Carme e Dani en 2º




Carmen en 4ºA





Ángela en 5º




María e Andrea en 6º


Grazas a tod@s os que vos achegastes ao Brea Segade a compartir lecturas con nós; lembrade que xa sodes "Libernautas da BBS"!
Grazas ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Félix Muriel.










Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2015 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
As Mochilas na Pascua

As Mochilas Viaxeiras marcharon pasar os días da Pascua nas casas de Ainara, Carlota, Bruno, Bernardo, Carla, Miguel, Iván, Laura, Marco e Desi.
Boa Pascua e boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 31-03-2015 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Pilú, pilú
Nereira, Laura e Irene levaban semanas querendo contar un conto xuntas. Tiñano escollido e tamén prepararan o cartel, pero tiveron que agardar un chisco a que lles tocara. Por fin contáronnos Pilú, Pilú, de Susana Isern e Katharina Sieg.
A espera pagou a pena! Tres contadoras xeniais e un conto fermosísimo que trata sobre a amistade, a cooperación e tamén os prexuizos e os medos a quen é diferente a nós.
Gustounos moito, contadoras!




Presentando o conto... con frío




Con todos vós: Pilú, Pilú





Conto rematado!

Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-03-2015 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
Visitamos o Salón do Libro!
E chegou o día! Estivemos no salón do Libro! Que ganas tiñamos!
Como somos un dos centros escolares que participan na exposición comezamos asistindo a un obradoiro e despois fixemos a visita guiada. Dividímonos en dous grupos e estivemos en obradoiros diferentes, pero tod@s aproveitamos moitísimo a mañá e quedamos con ganas de repetir. Mirade, mirade...





Se queredes ver as fotos con música activade o son nos botóns da barra inferior da montaxe.
Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 15-03-2015 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
De catro a catro. Catro sigraduras en honra de Manuel Antonio

Hoxe comenzan as singraduras coa presentación da obra completa de Manuel Antonio no Salón de Plenos do Concello ás 19:00.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2015 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Confundindo historias
Uxía, Julia e Marta tiñano clarísimo, se facía bo, querían contar o conto na horta. E así foi.
Tres expertas contadoras de 2º, que estiveron preparando o seu conto con moito cariño durante varias semanas, debutaron este martes nos contacontos da BBS, na horta. E fixérono de marabilla! Puxeron voces, ensinaron as ilustracións, leron moi forte para que se lles escoitara ben... Gustáronnos moitísimo!
Escolleron Confundindo historias,
un clásico dun dos grandes da literatura infantil, Gianni Rodari; unha historia moi divertida que todos os nenos e nenas deberían coñecer.
Noraboa contadoras, agardamos que repitades a experiencia moitas veces, na horta ou na biblio.




Hoxe no recreo...




Conto na horta






Que ben estamos ao soliño!




Moi ben, contadoras!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-03-2015 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan viaxe tres novas mochilas

Xa había quen botara as contas e empezara a preocuparse de se lle daría a tempo a levar a Mochila Viaxeira neste curso. Todo controlado! Esta semana as clases máis numerosas comezaron a levar unha segunda mochila, para garantir que tod@s as teredes nas vosas casas un par de semanas neste curso.
Temos entón, agora si, dez Mochilas viaxando polo Araño e Taragoña. Desta volta están nas casas de:
Germán, Fabiola, Carlota, Álvaro, Rodrígo, Sergio, Breogán, Jorge, Sergio e Uxía. Boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-03-2015 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Contos na horta
E chegou o sol! Que ganiñas tiñamos del!Tantas que decidimos sacar o contacontos do recreo á horta e aproveitar a caloriña, o conto, as boas contadoras e as merendas!Andrea, Patri, Silvia e Laura enchéronnos a horta de bechos moi curiosos, feitos de obxectos variados e unha grande dose de imaxinación.
O zoo de Xoquín de Pablo Bernasconi é un divertido libro cheo de animais inventados, ou mellor dito, imaxinados, que non paran de sorprendernos páxina a páxina.
Encantounos o conto e encantounos contalo na horta. Decidimos por unanimidade que mentres faga sol: CONTOS Á HORTA!










Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-03-2015 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Se eu fose moi delgado
Paula, Carla e Clara trouxeron aos contacontos da biblio un bo feixe de humor. Se eu fose moi delgado de Antonio Mota é un conto disparatado que imaxina o que podería pasar se un de nós fose moi, moi delgado. É unha historia divertida cunhas ilustracións sinxelas e moi orixinais.
Unha boa historia e unhas boas contadoras, que máis se pode pedir?












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-03-2015 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
A BBS no Salón do Libro de Pontevedra
O venres 27 de febreiro inaugurouse o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Alí estivemos para ver o noso Nautilus na exposición dos traballos escolares. Impresionate! Que fermoso ver o traballo de tantos rapaces e rapazas que fixeron a súa interpretación do lema "Da ciencia á ficción"! E que emocionante ver a maqueta do Brea Segade entre eses traballos! Noraboa a tod@s os centros de ensino que participan no Salón.
Noraboa ao Salón do Libro de Pontevedra por crear, cada ano, un mundo máxico ao redor da lectura e por ofertarnos un programa de actividades de tantísima calidade.
Non deixedes de visitar o Salón, ide en familia ademais do día que iremos coa escola, paga a pena.





Se queredes ver as fotos con música activade o son nos botóns da barra inferior da montaxe.


PROGRAMA DO SALÓN
Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-03-2015 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
NÓS SOMOS ROSALÍA

O venres celebramos a homenaxe a Rosalía. Levabamos toda a semana traballando nas aulas sobre a súa vida e a súa obra e quixemos xuntarnos tod@s para agasallarnos con poemas e flores e lembrar a importancia que Rosalía ten para a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade.

Ao longo da semana fomos vendo poemas e imaxes de Rosalía no espazo central do cole e tamén como os nosos "mañosos oficiais" argallaban algo cunhas mesas vellas. Algo estaban tramando e o venres 27 tivemos a resposta


Ao rematar, tras compartir poesía e flores, a BBS agasallou a tod@s cun broche de Rosalía que luciu e lucirá sempre que queiramos nas nosas roupas para manter vivo o seu legado.

VIVA ROSALÍA, SEMPRE!




A nosa sección bilingüe tamén traballou sobre Rosalía. Mirade que coloridos retratos fixeron:



Comentarios (1) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 01-03-2015 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas