biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Obradoiro de poesía



Sabes quen é Yolanda Castaño?

Aquí podes buscar información.

Esta é a súa páxina oficial.
Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 31-03-2014 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014
Este xoves e venres celébranse en Santiago os Encontros das bibliotecas do Plambe. Como sabedes a nosa biblioteca forma parte dese plan desde o ano 2007, polo que mañá participaremos nunha xornada de formación para continuar reflexionando, aprendendo e intercambiando recursos e experiencias sobre bibliotecas escolares.

Agardamos, coma sempre, traer de volta un cargamento de ideas, proxectos e ilusión para continuar consolidando o noso proxecto de biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2014 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con ritmo!

Volve o teatro á BBS!

A Anpa Brea Segade e a BBS organizamos un obradoiro de contos e teatro para familias impartido por Esther F. Carrodeguas, a directora do grupo de teatro Airiños. Despois do ben que o pasamos o ano pasado, decidimos que tiñamos que repetir e facelo por partida dobre: dúas tardes, dúas sesións para aprender o dobre e pasalo dúas veces ben: venres 4 e 11 de abril, entre as catro e as seis da tarde.
Buscade un adulto ou adulta que vos acompañe e anotádevos, antes do martes 1 de abril.
Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 26-03-2014 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Jacobo Fernández Serrano
Por fin, chegou o día! Jacobo Fernández Serrano volveu á nosa biblioteca e puidemos falar con el sobre os seus libros e sobre o oficio de escritor e ilustrador. O tempo non nos chegou a nada, ademais de contestarnos a unha chea de preguntas, Jacobo debuxou para nós e ensinounos os orixinais dalgunhas ilustracións dos seus libros.
Grazas, Jacobo polo teu traballo, os textos e as ilustracións que nos fan soñar e sorrir! Grazas pola túa paciencia e pola simpatía que compartiches con nós!
E lembra que te comprometiches cos nenos e nenas do Brea Segade a escribir polo menos, polo menos, cincuenta anos máis para seguir facéndonos gozar coa lectura.




Comentarios (18) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 26-03-2014 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando...

Así continúan as nosas mochilas, de viaxe, achegando a BBS ás vosas casas. Desta vez: Marteo, Pedro, Miguel, Hugo, Laura, Nerea e Jessi. Pasádeo ben!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-03-2014 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Jacobo Fernández Serrano
Mañá, mércores, Jacobo Fernández Serrano estará con nós na BBS. Os profes coñecímolo hai tres anos, cando veu presentarnos Mil cousas poden pasar I, pero para vós será a primeira vez que o escoitedes e o vexades. Desta vez falaremos con el sobre Marcopola, a illa remeira, que aínda non vira a luz a última vez que Jacobo estivo en Taragoña e sobre os dous libros de Mil cousas poden pasar. Estas dúas series forman parte dos itinerarios lectores da nosa escola. Son obras que nos gustan a grandes e a pequenos e seguro que temos moito que comentar e que lle preguntar.

Aquí está o tríptico preparatorio da visita.


Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 25-03-2014 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
El mágico mundo de los periódicos
Hoxe tivemos un bo feixe de contadores e contadoras experimentad@s, axudándonos a descubrir a maxia da prensa. Seis contador@s de sexto: Alba, Alicia, Astrid, Iria, Joel e Raúl contáronnos El mágico mundo de los periódicos de maría Oset e Beatriz Menéndez. Boa escolla para o mes de marzo e para ir quentando motores para o novo número do Xornal BBS que sairá a finais de trimestre.




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-03-2014 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA POESÍA


5 MOTIVOS PARA LER POESÍA


1. A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.





2. A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa ás persoas. E serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.




3. Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron.




Ademais a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.




4. A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.




5. O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva facer da poesía un pracer.




FRAN ALONSO


21 de marzo, Día Mundial da Poesía.




Os clubs de lectura da BBS encargáronse de encher a escola de poesía o venres 21. Comezaron explicándonos 5 motivos para ler POESIA, escritos por Fran Alonso para conmemorar o Día Mundial da Poesía hai uns anos, pero que nos seguen parecendo ben certos. Despois repartíronse por todas as aulas para agallasarnos con algúns dos versos que durante estas últimas semanas leron nos clubs. E deixaron quedar nas clases copias decoradas dos poemas que leron.
Grazas a tod@s por agasallarnos con poesía!




Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 24-03-2014 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
O meu amigo Álex
Hoxe Desi, Carlota e Irene contáronos unha historia sobre a soidade e os amigos imaxinarios, eses seres que ás veces nos acompañan cando nos sentimos sós, cando temos medo ou cando as cousas non van ben. O meu amigo Álex é un álbum ilustrado de Mikel Gurrutxaga e Maite Gurrutxaga que fala dunha nena e do seu amigo imaxinario e que viu a luz grazas a que os seus autores recibiron a Beca Etxepare ao mellor proxecto de album ilustrado no ano 2010.
Boa escolla contadoras! Gustounos moito!







Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-03-2014 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Novas lecturas para adult@s
Renovamos a oferta para adult@s cun bo feixe de narrativa, poesía e banda deseñada da Biblioteca Pública Municipal Castelao.
Hai libros para todos os gustos, animádevos!


Comentarios (1) - Categoría: Familias - Publicado o 16-03-2014 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
CON ANXO MOURE
Onte Anxo Moure volveu á BBS. Cando viñera por primeira vez deixáranos abraiad@s pola súa capacidade de conectar con grandes e pequen@s, polo dinamismo das súas sesións, polos valores que transmite, porque acabamos sendo siareir@s de Anxo e os seus Contos Solidarios.
O listón estaba moi alto, pasaron anos, novas caras entre alumnado e profesorado, como resultaría? Non cambiou nada, volveunos engaiolar e fíxonos gozar dun tempo máxico na biblio, "o restaurante da imaxinación". Grazas Anxo, sempre é un pracer terte con nós.
Grazas tamén ao Consorcio Editorial e a Narciso por facelo posible.

Comentarios (6) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 15-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
POETÍZATE!
Estamos en marzo, mes da poesía e os Clubs de Lectura, como xa vén sendo tradición, están a ler poesía e a preparar algunha sorpresa para o venres 21.
Estes son os libros que se están a ler nos dous clubs:










Para coñecer mellor os autores clicade sobre os seus nomes:

O meu gato é un poeta. Fran Alonso>

Contatrás II,I. Paula Carballeira

Belidadona. Helena Villar Janeiro

Caderno de Fume. Antonio García Teijeiro

Versos vegetales. Antonio Rubio

Buzón de voces. Juan Carlos Martín Ramos
Comentarios (3) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 15-03-2014 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
As mochilas marcharon ...

Marcharon para as casas de Gabriel, Laura, Ainara, Sergio, Andrea, Lorenzo (que non está na foto)e Miguel. Boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-03-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
A vella Lulula

Seis contadoras! Nin máis nin menos. Cinco de segundo e unha de cuarto: Carla, Helena, Paula, Antía, Carla e Silvia. Pensades que non se pode contar un conto sobre unha colada e un tendedeiro? Pois A vella Lulula de Mar Pavón e Alessandra Cimatoribus é a proba de que un feixe de roupa recén lavada pode dar para contar unha historia ben divertida.






Aquí tedes A vella Lulula nunha curta de animación en plastilina feita polo alumnado do CEIP de A Lama para o concurso Nós tamén creamos. Seguro que vos vai gustar.



A Vella Lulula from Leo de A Lama on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-03-2014 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Origami II
Luz volveu a sorprendernos e a engancharnos a tod@s co Origami. Desde a primeira figura, o cucurucho que preparou especialmente para nós, ata a última, o trompo, estivemos concentrad@s seguindo as súas indicacións e aguantando as ganas de ver o resultado de dobrar e dobrar papel. Tamén falamos e barullamos un pouquiño; pasámolo xenial! :-)
Agora temos que continuar practicando e aprendendo.



GRAZAS LUZ!
Comentarios (7) - Categoría: Familias - Publicado o 07-03-2014 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas