biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día Mundial da Poesía

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-03-2013 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs co pequeno Nicolás
Hoxe celebramos o segundo xantar deste curso dos clubs de lectura. E como sempre que xantamos xuntos aproveitamos para ver unha película relacionada con algún dos libros que lemos. Nesta ocasión vimos El pequeño Nicolás, baseada nas aventuras do Nicolás de Sempé e Goscinny. Mellor a película ou os libros? Seguro que non tod@s pensades o mesmo.











Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-03-2013 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Avós
Hoxe Ana, Patri e Noa contaron na biblioteca un dos contos máis fermosos que temos nos nosos andeis. Avós, de Chema Heras e Rosa Osuna, é unha historia de amor entre uns avós. Unha historia que tod@s deberiamos ler e tamén compartir cos nosos maiores, porque todos eles son " feitiños coma o sol" e todos eles deberían bailar, rir, pasalo ben ... ser felices.
Faltounos Andrea, que tamén preparara o conto pero que hoxe non puido vir. Botámoste de menos, Andrea!.
Con Avós estreáronse coma contadoras Ana e Noa. Que ben! Que gusto ver que seguen enganchándose novas contadoras e contadores!


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2013 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Con Gochi
Hoxe Gochi pasou o día con nós. Para estar máis a gusto e poder aproveitar mellor o encontro, dividímonos en tres grupos e ao longo do día fomos pasando pola biblioteca para coñecelo e escoitalo falar sobre banda deseñada e sobre Trasmallo.
Aprendemos os distintos tipos de banda deseñada que podemos atopar e de onde proceden, como se organiza o traballo para elaborar unha tira de cómic, que materiais se empregan, como se elabora unha viñeta co ordenador... E rematamos cunha primicia: Gochi está a traballar nun novo álbum de Trasmallo! Incluso vimos un adianto dalgunha páxina. Demos un paso máis para entender e engancharnos ao mundo do cómic .






E ademais das charlas, Gochi agasallounos con libros da súa editorial, Cerditos de Guinea, para a biblioteca e libros e posters de Trasmallo para tod@s vós. Que sortaza!

Graciñas, Gochi!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2013 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Gochi á vista!
Aquí tedes información e algunha proba que superar para preparar a visita de Gochi.
Xa sabedes, para velo máis grande premede na imaxe e para ver a segunda páxina dádelle á frecha da parte inferior ou á barra lateral.

Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 17-03-2013 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Gochi na Biblioteca Brea Segade

Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 17-03-2013 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Versos de muller


En marzo, nos clubs, como xa vén a ser tradición, lemos poesía e preparamos un recital poético. Este ano estamos a ler unha escolma de poesía escrita por mulleres. É a nosa homenaxe a todas as mulleres, a nosa aportación á celebración do Día da Muller, que debemos ter presente todos e cada un dos días do ano, como tantas outras conmemoracións.
O vindeiro xoves 21, despois de ter lido, escrito, recitado e aprendido poesía nas aulas e nos clubs, teremos un recital poético organizado desde os clubs de lectura, pero aberto á participación de tod@s os que queirades compartir o voso gusto pola poesía.
Vedes que esta escolma poética só ten unha fermosísima ilustración de Leandro Lamas na portada. @s membros dos clubs están ilustrando os poemas que máis lles gustan, así que non tardaremos en subir os seus deseños que encherán de cor estes versos de mulleres.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 17-03-2013 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo no Salón do Libro





Saiu o sol, hoxe sí que apetece máis unha escapadiña a Pontevedra. Isto é o que podedes atopar:

DOMINGO 17

11:00 h A Maquichola (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Obradoiro de elaboración de minicontos impartido por Tegra Gómez Pino.
Esta actividade celebrarase ao longo de todo o día.

11:00 h Os Bolechas, a toda máquina (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Xogos familiares
Espazo Bolechas: Xogos e actividades interactivas co universo dos Bolechas.Bolanda Edicións.

12:00 h e 18:30h Alí Babá y los cuarenta ladrones (Teatro Principal de Pontevedra)
Teatro
Espectáculo de teatro dentro da Programación de Domingos do Principal.Borobil Teatro
A partir de 5 anos. Prezo 3 EUR + Gastos de tramitación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Un mar de mulleres

Esta fin de semana ademais de poder facer unha nova escapada ao Salón do libro de Pontevedra, temos teatro express en todas as parroquias de Rianxo. Unha nova proposta da Concellaría de Educación, Cultura e Normalización Lingüística en colaboración co grupo de teatro Airiños, desta vez tratando a temática da muller que traballa no mar. Atent@s aos días, lugares e horas que recolle o cartel, temos seis oportunidades de ver este espectáculo que ten pintaza e que para tod@s os tripulantes de motora do Brea Segade é cita obrigada.

Para máis información clicade AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2013 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Troco
Raúl, Laura, Alba e Dunia contáronnos Troco de Roberto Castro e Margherita Micheli, un conto sobre unha ovella lectora que quería estar cómoda para rematar o seu conto, un sobre tres porquiños e un lobo. E cando xa cría que estaba ben acomodada para ler, un problema coa súa cadeira fai que comece unha sucesión de trocos na busca dun asento xeitoso para ler eses contos que tanto lle gustan. Troco é unha historia divertida na que se mesturan personaxes de dous contos para falarnos da aventura de ler.
Hoxe, unha vez máis, a nosa biblio foi un lugar cómodo e acolledor para ler e escoitar a un grupo de bos contador@s.


Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 12-03-2013 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de Semana no Salón do Libro

Estas son as actividades que atoparedes no Salón nesta fin de semana chuviosa e de moito vento.

SÁBADO 9:

- Desde as 11:00 ao longo de todo o día: Grandes contos personalizables para convertirvos en protagonistas dos contos coa Editorial Meubook.

- Desde as 11:00 ao longo de todo o día: Parque de xogos reciclados no recinto feiral de Pontevedra, a cargo de Garabato Xogos.

-12:00 teatro para bebés. Viaxe a Dadá coa compañía teatro Da Semente. Entrada 3€

- 12:00 obradoiro de debuxo, A maquina misteriosa do Océano Pacífico, baseado no conto de Marilar Alexandre.

- 17:30 obradoiro de debuxo, A maquina misteriosa do Océano Pacífico, baseado no conto de Marilar Alexandre.

- 18:00 teatro para bebés. Viaxe a Dadá coa compañía teatro Da Semente. Entrada 3€

- 18:30 A nena e o grilo nun barquiño.
Estrea do espectáculo musicoteatral baseado no conto da Editorial Folmúsica.Prezo: 3€.


DOMINGO 10

- Desde as 11:00 ao longo de todo o día: Grandes contos personalizables para convertirvos en protagonistas dos contos coa Editorial Meubook.

- Desde as 11:00 ao longo de todo o día: Parque de xogos reciclados no recinto feiral de Pontevedra, a cargo de Garabato Xogos.

- 12:00: A volta ao mundo en oito máquinas. Obradoiro.

- 12:00 Humanos. No Teatro Principal de Pontevedra. Espectáculo de teatro dentro da Programación de Domingos do Principal da compañía Marie de Jongh. A partir de 6 anos. Prezo 3 EUR + Gastos de tramitación.

- 12:00 teatro para bebés. Viaxe a Dadá coa compañía teatro Da Semente. Entrada 3€

- 17:30 A volta ao mundo en oito máquinas. Obradoiro.

-18:30 Humanos. No Teatro Principal de Pontevedra. Espectáculo de teatro dentro da Programación de Domingos do Principal da compañía Marie de Jongh. A partir de 6 anos. Prezo 3 EUR + Gastos de tramitación.



Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 09-03-2013 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

A cita anual dos centros que pertencemos ao Plambe, para formarnos, intercambiar ideas, compartir experiencias, recargar pilas... Unha das claves do éxito do Plambe, a formación de calidade que a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos oferta.

Programa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2013 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
O club da calceta
E xa que estamos cos clubs seguimos c@s adult@s, que tamén cambiaron de libro e neste momento están a ler sobre un grupo de mulleres que se xuntan en torno a unha afección: O club da calceta de María Reimondez, publicado en Xerais.


Reseña editorial.
"Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde unha perspectiva múltiple que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le, de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina."


Para saber máis sobre María Reimondez, autora deste libro e muller polifacética e comprometida, convidámosvos a visitar:





- A súa páxina web.
- A súa ficha na Biblioteca Virtual Galega. BVG
- A súa entrada na Wikipedia
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 05-03-2013 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
O que se está a ler nos clubs
Estamos en marzo, mes da poesía, e os clubs xa agardan pola escolma de poesía coa que, cada curso, celebramos estas datas e coa que preparamos o recital poético, pero de momento continúan con narrativa: A marabillosa medicina de George os Piratas dos Libros e As aventuras de A Man Negra no Biscoito Lector.




Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 05-03-2013 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
O Pito Cairo
Iria e Noelia volveron traer á nosa biblioteca un clásico que sempre nos encanta escoitar e moito máis cando o len tan ben como o fixeron elas dúas. O Pito Cairo é un conto popular portugués que foi adaptado por Marisa Núñez e ilustrado por Helle Thomassen para a editorial Kalandraka. É imposible que este pito, posiblemente o máis famoso da literatura infantil en galego-portugués, non nos resulte simpático e que non queiramos que a súa aventura remate ben. Destacar tamén as divertidas ilustracións.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-03-2013 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas