biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BURROMAQUIA




"Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas."

Este sábado, ás doce, Inacio Contacontos na Biblioteca Municipal. Xa estivera na nosa escola con Fantoches Baj e fora unha marabilla, así que..
Non volo perdades!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-03-2012 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Se che gustou Matilda...
Leches o libro case sen parar?

Se che gustou a historia desta heroína de Roald Dahl non deixes de ver a película. Cres que é tan boa coma o libro? En que o mellora? En que se queda curta?

Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-03-2012 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Trolas
E, se Paco o di, será verdade… non si?
Carla, Irene, María e Alba fixéronnos sorrir xogando coa fantasía e a realidade ou coa mentira e a verdade, quen sabe. Porque as veces enredamonos coa fantasía, como Paco Trolas, e só temos que saber cando voltar á realidade.
Os textos de Roberto Aliaga están acompañados por coloridas ilustracións de Simona Mulazzani que como Paco, tamén xogan coa imaxinación e coa fantasía.






Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-03-2012 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
X Aniversario da Escola de Música de Rianxo

Este sábado terá lugar un concerto que ten unha significación moi especial, pois celebra o décimo aniversario dos amig@s da Escola de Música de Rianxo.
Noraboa por todos estes anos sementando a paixón pola música e que cumprades moitos, moitos máis.

Así que xa sabedes, collede forzas o venres, este sábado vai ser ben intenso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2012 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS
E xa temos en formato dixital o primeiro número do Xornal BBS, publicado o venres día 13 de marzo, como froito do traballo dos xornalistas de 1º, 4º, 5º e 6ºB ao longo da Semana da Prensa.
O venres puidémolo gozar en papel, pero hoxe en día, todo xornal que se precie, ten unha edición dixital e aquí está a nosa.
Noraboa xornalistas!




Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-03-2012 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
O soño do osiño rosa
Andrea e Patri debutaron esta semana coma contadoras nos recreos da BBS e o fixeron tan, tan ben que non dubidamos que repetirán axiña. Prepararon un cartel chulísimo, practicaron a lectura do conto, anunciaronno polas clases e nos fixeron quedar coa boca aberta mentres o lían... Son xa unhas contadoras profesionais!!

Escolleron O soño do osiño rosa de Roberto Aliaga e Helga Bansch, unha historia que nos fala da amistade e da importancia de escoitar e comprender aos demais para poder axudalos.

Grazas Andrea e Patri por esta fermosa historia.







Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-03-2012 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Na semana da prensa

A praza central de Educaldea vestiuse de prensa, con portadas de xornais de todos os continentes, con xornais en diferentes linguas e cun homiño de papel que nos lembrou que a prensa ten un compromiso co conxunto da sociedade, coa obxectividade e e cos valores democráticos e sociais.




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2012 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os sete cabritos
Na semana da prensa tamén tivemos contos no recreo e non só un, senón dous. Comezamos o martes cun clásico dos que máis gustan, Os sete cabritos, nunha versión de Tareixa Alonso na editorial OQO. As coidadas ilustracións de Teresa Lima, mereceron unha distinción do Xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal.
Alba, Dunia e Iria encargáronse de lembrarnos este conto tradicional que nunca nos cansa.





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-03-2012 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
No kiosko

Para ver a prensa que hai hoxe no kiosko clica aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2012 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Semana da prensa

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2012 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Furacán
Desi, Fátima, Uxía e Gloria trouxéronos un Furacán aos contacontos dos recreos. Agardabamios tamén por algo de choiva pero non puido ser. Furacán de Txabi Arnal fálanos dunha busca para resolver un grande misterio e da importancia de todos os seres, tamén dos que son tan pequenos coma unha bolboreta.




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-03-2012 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Matilda no Club do Libro Aberto
No Club do Libro Aberto comezamos a ler Matilda de Roald Dahl. Cada curso temos nos clubs algunha obra deste escritor, referente da literatura infantil e xuvenil mundial, e nunca nos decepciona. Algunhas de vós levabades xa un par de cursos pedindo Matilda e aquí a temos, unha nena extraordinaria, a primeira protagonista feminina dunha obra de Dahl. Pasádeo ben lendoa!

E para coñecer mellor o mundo de Roald Dahl aquí tedes a súa páxina oficial, unha gozada para os que estamos enganchad@s aos seus libros e personaxes.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 11-03-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Desaparizión
Xa temos na biblio o novo libro de Pereledi,xa sabedes, Pere Tobaruela e Ledicia Costas. Non é a nova entrega da inspectora Nola, pero tamén ten moi boa pinta. Desta vez trátase dun misterio coas letras do abecedario e está inspirado nunha obra dun escritor francés George Perec, escrita en 1969. Non vola perdades.


Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 09-03-2012 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Petra
Ana, Carlota e Paula escolleron a Petra de Helga Bansch para comezar os contacontos de marzo.
A gordura é fermosura.. Mellor: Ser un mesmo, unha mesma, é fermosura. A nai de Petra agasállanos cunha grande verdade, temos que empezar a gustarnos máis para ser máis felices. Bo comezo para este mes da poesía, da muller, do teatro...





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-03-2012 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas