|
|
| Lemos poesía |
|
Hoxe os clubs de lectura leron e recitaron poesía. Despois dun mes de ler e escribir poemas chegou o día de compartilos na hora do recreo en forma de recital poético. Manuel María, Lorca, García Teijeiro, Ana Mª Fernandez, Helena Villar Janeiro e Alberti estiveron hoxe na nosa biblioteca na voz de nenos e nenas aos que lles gusta a poesía. Para nós o mellor peche para o mes de marzo.
|
|
|
|
|
| Rei, rei? |
|
Este martes pola tarde os títeres de Fantoches Baj estiveron en Educaldea. Non vos dixeramos que estamos a ter unha semana especial? E así é, o de onte foi un luxo! Poidemos ver no noso auditorio unha obra que nos encantou a tod@s, grandes e e pequenos, que nos fixo rir e tamén pensar un pouco sobre como pasan as cousas ás veces.
A obra titulábase Rei, rei? e está baseada nun dos contos do libro Nove contos e un de propina de Joseph Kapeck.
O tempo pasounos de contado e hoxe o Fuco Rei e o Peixote aínda estaban en boca de tod@s. Foi a maxia do bo teatro...de titeres.
|
|
|
|
|
| A carón das palabras |
|

As nenas e nenos de Primeiro non paran ultimamente. O martes gozamos moitísimo coas súas rimas e os debuxos que elaboraron para ilustralas. Dá gusto escoitalos ler!
Deixáronnos o seu libro A carón das palabras na biblioteca para que o poidamos ler e mirar máis devagar.


|
|
|
|
|
| Run, run, run! |
|
Comezamos a crónica da última semana do trimestre, que veredes que está a ser ben completa.
O luns viaxamos á sabana sen sair da biblio. Pedro, Iván, Sara, Irene, Carlota e Desi de 1º e 2º representaron unha obra en inglés cunha xirafa moi lambona e un pouco xorda e un león esfameado. O rato, a cebra, o elefante e o papagaio conseguiron que todos escaparan a correr xusto a tempo. Ademais de preparar os diálogos en inglés elaboraron as máscaras que estaban chulísimas.
Para saber máis sobre esta obra ide a Our enormous crocodile. |
|
|
|
|
| Carta á Muller máis importante da miña vida |
|
Dentro das actividades organizadas pola Concellalía de Servizos Sociais para celebrar o 8 de Marzo, Día da Muller, convocouse un concurso de cartas dirixidas ás mulleres máis importantes na vidas do alumnado de quinto e sexto dos centros do concello.
O venres pasado procedeuse á entrega dos premios nun acto no Auditorio de Rianxo no que participou o cantautor Xoán Curiel.
Néstor Rodríguez gañou o segundo premio! Tod@s os premiados recolleron os seus agasallos e leron as cartas que escribiran. A de Néstor ía dedicada á súa avoa. Foi moi emocionante!
Noraboa Néstor!
E noraboa a tod@s @s que participastes, sabemos que había cartas preciosas.


|
|
|
|
|
| Os Bolechas en Primeiro |
|
Irene, Carlota , Pedro e Desi son uns expert@s nos Bolechas, coñecen todos os libros que temos deles na biblioteca e foi por iso que o martes, no seu primeiro contacontos, decidiron lernos un dos seus títulos. Prepararon unhas ilustracións preciosas para acompañar a Irene, que foi quen leu o conto. Encantounos!



|
|
|
|
|
| Pegadas Xigantes |
|
 Da man de Marta, Lucía, Irene e Nuria seguimos unhas misteriosas pegadas xigantes na neve para descubrir que ou quen as facía. Acompañamos aos nenos e nenas do conto de Fernando Krahn, que guiados pola curiosidade, deixaron de lado os medos e decidiron descubrir a verdade. Fermosas ilustracións de paisaxes invernais nun libro que, frente aos prexuicios e o conformismo, defende a curiosidade e as ganas de chegar a coñecer a verdade. |
|
|
|
|
| Os contos de Mario Tomás |
|
Mario Tomás visitou a nosa biblioteca e compartiu con nós contos de lugares tan distantes como a Nova Galiza ou África. Xa nos advertiu que era un contador un pouco desmemoriado, pero coa axuda de todos vós foi recordando as palabras que se lle escaparan dos contos e foi quen de engaiolar a grandes e pequenos coas súas historias. Convidounos a botar man da imaxinación e a escoitar máis alá das palabras, algo que xa nos gustaba facer.
Graciñas ao Consorcio Editorial por traer a Mario á nosa biblioteca. Grazas Mario por facernolo pasar tan ben!
|
|
|
|
|
| Primavera e poesía |
|

Marzo. Muller, poesía e primavera. Ao longo deste mes, ao carón do espertar da natureza despois deste inverno tan frío e tan húmido, traballaremos sobre mulleres que fixeron historia na ciencia e tamén leremos e escribiremos poesía. Temos unha árbore que cubrir de follas, follas enchidas dos nosos poemas favoritos e tamén das nosas creacións. Os clubs de lectura están a ler poesía, preparan un recital poético para compartir con toda a escola e nas clases tamén se le e se escribe poesía, porque en marzo, xa se sabe: Agroman a primavera e a poesía.


|
|
|
|
|
| Mulleres científicas |
|
Hoxe, no Día da Muller, montamos na praza maior de Educaldea a exposición Mulleres Científicas elaborada pola Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Progreso de Catoira. Sentímonos moi afortunad@s de ter esta exposición entre nós e de inaugurala xusto no día de hoxe. Durante un par de semanas teremos a posibilidade de descubrir a un total de quince mulleres que ao longo da historia xogaron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia. Grazas aos compañeiros e compañeiras de Catoira podemos ter entre nós quince paneis que nos guiarán no coñecemento destas mulleres, así como algúns libros e material para visitar a exposición. Pensamos aproveitalos ao máximo!
Graciñas compañeir@s do CPI Progreso por compartir con nós este estupendo traballo.
A exposición no Brea Segade:
Presentación da Exposición polo ENDL do CPI Progreso de Catoira:
 |
|
|
|
|
| Día da Muller |
|

8 de Marzo, Día da Muller. Como xa fixemos noutras ocasións empregamos hoxe un cartel que nos chega desde o IES Río Cabe e que representa perfectamente a homenaxe que desde a BBS queremos facer hoxe a todas as mulleres anónimas que loitaron e loitan no día a día por construir un mundo en igualdade.
Grazas Beatriz por plasmar neste cartel o noso sentir. |
|
|
|
|
| Os de arriba e os de abaixo |
|
 Simón e Diego presentáronnos a semana pasada unha das novidades na BBS. Os de arriba e os de abaixo escrito e ilustrado por Paloma Valdivia e publicado por Kalandraka, fala do noso mundo, das diferenzas e das similitudes entre pobos e culturas que viven arriba no hemisferio norte e abaixo, no sur. É un fermoso álbum para ler e ver do dereito e do revés e para descubrir que temos en común máis do que nos diferenza.
 |
|
|
|
|
| Libros para soñar |
|
 Un ano máis tivemos na nosa biblioteca a Patricia e a Pablo que chegaron da man dunha das editoriais galegas que máis nos gusta, Kalandraka. Viñeron coma sempre cargados de contos e de música e fixeron que os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro gozaran con algús dos Libros para soñar que temos na BBS contados dun xeito especial.
Esta vez, ademais, pedímoslle a Pablo que nos asinara un exemplar de Tic Tac, o seu novo CD-libro con música para nen@s. Un, dous, tres foi unha mostra do que podedes atopar neste CD publicado por Kalandraka. Para escoitar e ver máis, xa sabedes, pasade pola biblio.
|
|
|
|
|