biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día de Rosalía
O mércores, na Hora de Ler, celebramos o nacemento de Rosalía lendo algúns dos seus poemas. Chovía tanto que tivemos que adiar a plantación que tamén estaba prevista, pero as flores presidiron o acto no que cada clase recitou un poema de Rosalía.




Estes son algúns dos poemas que recitastes no Día de Rosalía.











Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-02-2016 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
O vampiro
Andrea, César,Fátima, Patri, Laura e Iria contáronnos este martes unha historia de vampiros, que máis que dar medo fíxonos sorrir e que nos gustou un montón, coma todos os títulos do Baúl dos Monstros. O vampiro de Enric Lluch e Fernando Falcone fálanos de que ata os vampiros poden sentirse diferentes e ter problemas de adaptación, pero que incluso eles o poden superar.
Moi ben contador@s!





Anunciando o conto














Bravo!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-02-2016 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2016 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Postais para o Día de Rosalía
O luns saíron as nosas postais para celebrar o Día de Rosalía. Espallamos os seus versos coas vosas ilustracións e o voso agarimo por moitas casas, cento oito. Que boa idea a da Asociación de Escritores en Lingua Galega!


Aquí tedes unha mostra do voso traballo con imaxes de sexto e quinto B.




No recreo, todo estaba preparado...






Só quedaba agardar por Martín, o carteiro.
Os axudantes da BBS desta semana fóronlle dando as postais de todas as clases.

















Chegarán para este mércores? :-)
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-02-2016 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
O zapateiro no bosque





Mañá hai conto na B.P.M. Castelao, coa escritora e a ilustradora de O Zapateiro no bosque. Non o perdades!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 19-02-2016 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lermos.gal
Lermos.gal
o punto de encontro da literatura en galego


Veu a luz nos últimos días de decembro co propósito de acoller a actualidade da literatura en galego: novidades, presentacións, reportaxes, exposicións...
O escritor e amigo Xosé Duncan, un dos promotores e editores de Lermos, convidounos a participar contando a experiencia da Biblioteca Brea Segade no fomento e dinamización da lectura.
AQUÍ tedes, recén saídiño do prelo o artigo sobre a nosa biblioteca, introducido agarimosamente por Xosé Duncan.

Noraboa Lermos.gal, por esta iniciativa tan necesaria que acollemos con entusiasmo.

Graciñas por contar coa Biblioteca Brea Segade e dar visibilidade ao traballo que se está a facer nas bibliotecas escolares galegas. Grazas, Duncan!


http://lermos.gal/2016/02/18/biblioteca-cep-brea-segade/
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 19-02-2016 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Mobiliza Rosalía

Comezamos a mobilizarnos para ter todo listo o 24 de febreiro, Día de Rosalía.
Seguiremos informando...

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-02-2016 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
1,2,3 saíndo

As Mochilas Viaxeiras continúan viaxe; xa son sete en cada curso as casas visitadas. Estamos no Ecuador do camiño, queda moito por ler e gozar.
Lara, Sabela, Laura, Nereida, Aitana, Rocío e Rubén, que vos presten!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-02-2016 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Nadarín
Noelia, Ruth e Sandra trouxeron aos nosos recreos lectores un clasico dos que nun pasa de moda e que sempre nos deixa un sorriso na cara ao rematar de ler ou de escoitar. Nadarín de Leo Lionni fálanos de como a unión fai a forza, do poder do pequeno e do diferente, da superación dos medos e da riqueza da diversidade. Fermoso texto e fermosas ilustracións para un libro imprescindible para medrar.
Grazas contadoras, pola escolla e por facelo tan ben!

























Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-02-2016 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas