biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"Poetízate" nos clubs de lectura

En marzo leremos poesía nos clubs. O xoves pasado realizamos o reparto "ás cegas" dos libros de poesía entre unha escolma de títulos realizada polo equipo de biblioteca. Os Cen libros tolos xa eran "un pouco tol@s" antes de comezar a "poetizarse" pero agora e, visto o visto, non sabemos que será deles despois de tres semanas de lectura de poesía. Non temos probas gráficas dos efectos nos membros de Libroman, pero parece ser que sudedeu algo similar. A poesía engancha!








Cen Libros Tolos en xuntanza!










Escollendo "a cegas"




A poetizarse!




Poetizado?

Comentarios (4) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 28-02-2015 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
En que casa están?
Esta semana as Mochilas marcharon para as casas de: Breogán, Laura, Carla, Iago, Miguel, Patri e Pedro.

Son todas vosas! Aproveitádeas ben!






Axudantes en acción! Preparando as mochilas que saíron hoxe.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-02-2015 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
Aiko
Ainara, Noelia, Ruth e Sandra contáronnos hoxe unha historia moi fermosa e un pouco triste: Aiko de Ánxeles Ferrer. É fermoso o texto e, como non, as ilustracións, porque Ánxeles Ferrer é unha das máis destacas ilustradoras galegas da actualidade.
Falar das ausencias, da emigración e da morte nun conto infantil non é doado nin moi habitual, pero Ánxeles Ferrer soubo facelo en Aiko.

Graciñas, contadoras! Gustounos moito!





Anunciando







Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-02-2015 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro: Día de Rosalía

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 24-02-2015 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Nautilus

Hoxe botamos o noso Nautilus rumbo ao Salón do Libro Infantil de Pontevedra. Despois de semanas de traballo nas aulas de 2º, 4º, 5º e 6º, coordinadas pola BBS, rematamos a maqueta e os libros cos que participaremos no Salón, que se inaugura o vindeiro venres 27.



Escollemos a Jules Verne e a súa obra 20.000 leguas de viaxe submarino como fío condutor da maqueta e os cinco libros que a acompañan. Traballamos moito e estamos moi content@s co resultado e tamén con ben que o pasamos e con todo o que aprendemos durante estas semanas. Agora temos moitas ganas de visitar o Salón e participar nas súas actividades. Xa queda menos!
Hoxe, ao deixar o Nautilus, xa vimos a Orbil perfectamente integrado no tema deste ano: Da ciencia á ficción
. Están traballando duro na montaxe do Salón,que seguro será espectacular, coma todos os anos.






Pincha AQUÍ para ver o programa.

Para ir coñecendo detalles da nosa maqueta e os libros e saber máis sobre o que vai pasando no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra seguide atent@s ao blogue da biblio.
Comentarios (1) - Categoría: Educación documental - Publicado o 23-02-2015 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Da ciencia á ficción

No Brea Segade andamos atarefados coa ciencia e a ficción. Estamos "a tope" preparando a nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra do 2015. Si, este ano volvemos ser centro convidado e volvemos estar moi ilusionad@s coa experiencia. Xa vos iremos contando...
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-02-2015 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Hay un chico en el baño de las chicas
Os Cen libros Tolos son os primeiros en ler un novo libro dos Clubs de Lectura da BBS. Hay un chico en el baño de las chicas de Louis Sachar.
Na clase, a ninguén lle gusta sentarse ao lado de Bradley porque sempre se porta mal e saca malas notas. Ata que a chegada de Jeff, un chico novo que quere ser o seu amigo, fai que as cousas empecen a cambiar. Unha novela para rir e para reflexionar sobre o que nos fai mellores persoas.

Entrade na súa páxina oficial de Louis Sachar para saber máis sobre este escritor estadounidense de literatura infantil e xuvenil.

Comentarios (7) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-02-2015 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mosquito
Pese ao frío que pasamos esta semana, un mosquito colouse na BBS. As "culpables" de que entrara na biblio foron Aitana, Laura, Uxía e Marta. Ao escoitalas contar o conto entendemos que o mosquito sentira caloriña e se animara a entrar na BBS en febreiro, en plena semana de frío siberiano.
Mosquito de Margarita del Mazo e Roger Olmos é unha divertida historia na que un mosquito axuda a un ancián a descubrir cal é a carne máis saborosa. Trátase dunha adaptación dun conto tradicional chinés contada con moito humor e ilustrada con orixinalidade. Non volo perdades!






Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-02-2015 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
No mundo dos seres estraños
Na celebración do Día da Paz representamos o conto No mundo dos seres estraños de Ana María Shua, que é un dos relatos que forma parte do libros Os dereitos da Infancia. Neste conto fálase sobre o dereito a un nome e á nacionalidade. Fora a aportación da BBS ao acto de presentación do tríptico de lecturas de Nadal das bibliotecas de Rianxo. Decidimos representalo de novo porque pensamos que falar de dereitos é falar de Paz e ademais non tod@s puideran ir á presentación do tríptico no Auditorio de Rianxo.
Graciñas a todos os actores e actrices que vos prestastes a colaborar de novo coa BBS para dar a coñecer un libro que pensamos tod@s deberiamos ler.














Comentarios (2) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 02-02-2015 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Marchou a Maleta Matemática

Chegou o día en que tivemos que despedir á maleta matemática e deixar que seguira rulando pola bibliotecas escolares galegas. Soubonos a pouco, porque nos gustou tela e porque aproveitamos ben o que traía. Agora teremos que seguir facendo presentes as Matemáticas na BBS.
Mirade algunha das cousas que pasaron no cole mentres tivemos a maleta con nós.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-02-2015 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando

Desta vez as mochilas marcharon para as casas de: Carlos, Alexander, Joaquín, Ruth, Aitana, César e Lorenzo. Boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-02-2015 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas