biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rosalía


Vídeo-presentación do libro-disco Rosalía pequeniña de Uxía, na colección Sonárbore da editorial Galaxia.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-02-2014 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Rosalía
Todo listo para celebrar o Día de Rosalía: flores e versos escollidos e decorados por vós para agasallar e lembrar a Rosalía.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-02-2014 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos mandóns
Uxía, Paula e Gloria contáronnos unha historia que, nalgunhas cousas, por desgraza, non nos resulta de todo descoñecida e que pese a que non comeza moi ben, ten un final co que tod@s estivemos de acordo. O país dos mandóns de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, publicado por Embora Edicións dentro da colección A igualdade conta, é un conto que nos convida a reflexionar sobre a igualdade e os dereitos de homes e mulleres.
Un bo conto para calquera momento do ano, pero especialmente acaído para traballar nas aulas dentro de pouco, na celebración do Día da Muller, o 8 de marzo.




Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-02-2014 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Origami

O xoves 27 de febreiro Mª Luz Díaz López estará na nosa biblioteca para levar a cabo un obradoiro de origami. Grandes e pequenos/as, en horario de tarde, poderemos aprender a facer figuras dobrando papel. O luns 24 remata o prazo para inscribirse.Buscade un adulto/a que vos acompañe e animádevos a vir.
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 23-02-2014 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro dos clubs

Biscoito, carpetas, libros... Nova xuntanza dos clubs de lectura para falar sobre A Encontadora e Palabras de Caramelo. E falamos,moito. Os Gardiáns falaron dos libros sobre os nosos maiores, sobre a nosa relación cos avós e avoas, sobre as súas enfermidades, sobre o Alzeimer... No Pozo dos libros falaron sobre as historias fermosas, sobre animais, sobre o Sáhara...
Unha vez máis a lectura levounos a falar de nós mesm@s e tamén doutras realidades.
Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 17-02-2014 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de casas!

Chegaron e logo marcharon, ás casas de Julia, Paula, Breogán, Brais, Jorge, Gloria e Lía. Pasádeo ben...lendo!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-02-2014 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Andrés cabeza abaixo
Rocío e Ruth puxéronos cabeza abaixo na biblio, pero só mentres nos contaban as andanzas de Andrés. Andrés cabeza abaixo é unha historia moi divertida de Pablo Albo, ilustrada magnificamente por Roger Olmos. Un a un van aparecendo todos os "malos" dos contos tradicionais pero vistos desde dentro, grazas a Andrés, que foi engulido primeiro por un ogro, despois ... Mellor vides ver o conto á biblio, incluso se llo escoitastes a Ruth e Rocío, porque está cheo de detalles, no texto e na ilustración que vos farán sorrir.



Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-02-2014 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Noelia, Pedro e María
Este venres tivemos un contaconto con tres contadore@s: Pedro, María e a súa nai, Noelia. Foi especial, como todos os contos contados en familia, pero ademais neste caso, porque María debutaba como contadora e o fixo de medo, como unha experta. Escolleron Macario, dromedario, de Rachel Chaundler e Bernardo Carvalho, un conto que lle regalaron a Pedro e que lles gusta moito, como a nós.


Grazas Pedro, María e Noelia !

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-02-2014 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
E leva aos nenos que non comen, non
Xa sabemos que na escola temos algúns nenos e nenas pouco comedores, dos que só comen ben cando hai o seu prato favorito, pero nenos ou nenas que manteñan correspondencia co Coco? Iso só o protagonista de E leva aos nenos que non comen, non de Geertje Gort.
Aitana, Ainara, Sandra, Laura e Uxía escolleron este divertido conto para os nosos recreos lectores e así coñecemos os trucos do Coco para facer que Santi probara pratos que nunca imaxinou probar. Imos ter que pensar en empezar a cartearnos nós tamén con algún monstro porque o Coco érache ben riquiño.
Grazas pola idea e polo ben que contastes o conto, contadoras!





As contadoras

Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-02-2014 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao
Estamos traballando sobre a vida e a obra de Castelao para preparar a charla que Miguel Anxo Seixas, membro da Fundación Castelao, dará na nosa escola. Enlazamos nesta entrada diversas páxinas que nos axudarán a afondar na vida e obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.


Persoeiros no Museo de Pontevedra. Castelao

Catálogo da obra de Castelao no Museo de Pontevedra.

Castelao na Biblioteca Virtual Galega.

Castelao na Biblioteca Virtual Brea Segade.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-02-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas