biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O último canto
Alicia, María Fernández e María Fernández Insua leron para nós O último canto, unha preciosa historia escrita por Pablo Albo, ilustrada por Miguel Anguel Díez e editada por OQO. Gústanos a sensibilidade e naturalidade coa que fala dun tema tan pouco habitual nos contos infantís como é a morte. E gustounos especialmente como o leron para nós estás tres "supercontadoras".





Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 28-02-2011 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Maxia tamén na BBS
Para os/as que aínda estamos coa boca aberta desde a actuación do mago Alán Golias na nosa escola o venres pasado, aquí vai unha escolma dalgúns dos libros sobre maxia que temos na biblioteca.
Abrapalabra e O Pazo máxico para @s que queirades seguir os pasos do mago rianxeiro e empezar a preparar o voso propio espectáculo. Os outros títulos para lembrar o ben que o pasamos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2011 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Sopa de nada
Desi e Irene convidáronos a Sopa de Nada e a verdade é que cando nos preguntaron se tiñamos abondo tivemos que dicir:
-Que se abonda? Madia leva
Porque este é un conto moi divertido, tanto polo texto de Darabuc como polas ilustracións de Rashin Kheiriyehe e, ao rematar, quedamos coa sensación de estar ben che@s de humor e de imaxinación. Abonda? Madia leva!







Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-02-2011 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Doces, cine e libros
Unha vez máis os clubs incumprindo as normas: Xantando na biblioteca!
Desta volta non poidemos facelo na horta, porque deu en chover xusto ao final da mañá, pero a nosa biblioteca é acolledora incluso para xantar, en boa compaña, claro.
Imposible non falar das galletas de Nuria e do brazo de xitano de Marcos que xa teñen un grupiño de "adictos/as" dentro dos clubs. Fixéstela boa, xa non imaxinamos un xantar dos clubs sen eles!
A película gustounos moito, a algúns máis que o libro, incluso os cambios nalgúns personaxes nos pareceron ben.




E continuamos lendo e compartindo:


Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 11-02-2011 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar e película
Mañá os clubs da BBS temos unha das nosas citas especiais: xantar xunt@s e película de sobremesa.
Nesta ocasión veremos Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar. Seguro que nos vai gustar case tanto coma o libro.

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-02-2011 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
O abrigo misterioso
"Todas as mañás, o señor Abellón saía da súa casa cun abrigo enorme. Levaba algo agachado, pero non dabamos visto o que era porque, en canto saía
pola porta, liscaba rúa abaixo a toda présa.
Polas tardes, cando volvía á casa, o abrigo seguía
tan avultado como pola mañá..."








Manuela, Alba, Iria e Laura resolveron para nós o terrible misterio do señor Abellón. Este é un deses libros que non nos cansamos de ler e de recomendar:
O abrigo misterioso de Jeannette Jenning en Faktoría K de Libros.




Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-02-2011 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Guernica
Ao longo da última semana de xaneiro cada clase imaxinou o seu "anaco" de Guernica, o seu anaco de mundo diferente. A cor simbolizando a paz, a non violencia, a posibilidade dun mundo mellor, a posibilidade de construir entre tod@s unha historia da que non nos sentir avergoñad@s.
Aquí temos en imaxes a lectura que fixo Sintayehu do manifesto escrito pol@s de 6º e a construción do noso particular Guernica, que preside a entrada do centro e da biblioteca.
Tamén temos unha boa lección práctica dos usos non violentos dunha "pistola". Graciñas Tino!


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2011 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Investigando sobre Picasso
A nosa proposta de investigación sobre Picasso e o Guernica deu lugar, ao longo de máis dunha semana, a moitas imaxes que nos gustaría ter recollido. Aquí temos só unha pequena mostra d@s de terceiro "en acción" e de parte das súas producións.

Comentarios (3) - Categoría: Educación documental - Publicado o 05-02-2011 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nadarín
Na semana da Paz Aida e Alba trouxeron aos nosos recreos lectores un conto que fala da importancia da colaboración e da unión para conseguir algo que nos parece xusto. Nadarín de Leo Lionni é unha historia publicada por Kalandraka, que nos leva ao fondo dos océanos con fermosas ilustracións e un final sorprendente.





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-02-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas